crítica de TIA GORDA E TIA MAGRINHA NA GUERRA DO PARAGUAI, de José Eduardo Degrazia, en Bestiário

Porxmeyre

27/12/2022

 CONTOS DO HUMANITARISMO PROBLEMÁTICO

Título: Tía Gorda e Tia Magrinha na guerra do Paraguai

Autor: José Eduardo Degrazia

Editorial: Bestiário

O conto é a fórmula narrativa máis antiga que existe; antes de que o vello Homero nolos puxese en escrito na Ilíada e a Odisea, é de supoñer con todos os vidos de certeza que a humanidade xa practicaba a arte do conto oral inclusive nos afastados tempos das cavernas, A súa presenza na Antigüidade Clásica Grega foi continuada en latín durante o imperio e mesmo despois. A Idade media tamén recolleu contos orais na escrita e tamén cotinuou a exercitar a fabulación de ficcións que, con máis ou menos convencemento, foron tirando do fío dunha tradición que sempre se mantivo por detrás da poesía e o teatro como expresión literaria. E así foron pasando as cousas, neste apertado resumo, até que a eclosión da contística en lingua inglesa (con E. A. Poe na cabeza) pareceu rescatalo para o primeiro plano do prestixio literario. Pareceu, pois aínda que se trate da estratexia narrativa máis complicada e que ofrece máis calidade, a narrativa breve segue vivindo á sombra do romance. Evidentemente, todo isto noutras linguas non europeas ou románicas, ten oura historia.

Porén, as liñas iniciais xustifícanse desde a praxe que José Eduardo Degrazia leva a cabo neste libro de contos, cuxo título enteiro é Tía Gorda e Tia Magrinha na guerra do Paraguai e outros contos de guerra, sonho, amores, onde o realismo presenta evocacións do conto contado, sobre todo na primeira parte das dúas con que conta o volume, do conto oral. O cal se percibe xa desde o mesmo título (os títulos, na obra de J.E. Degrazia sempre deben ser examinados non moita atención), que nos remite a dúas tipoloxías populares, a muller gorda e a muller magra, aquí familairizada mediante o diminutivo da segunda, o cal significa unha tentativa de aproximación ás personaxes, o cal tamén é indicio de cercanía co realismo, pois nada hai máis real que o que convive na mente de quen escribe, en forma de abstracción máis iso non merma a condición de que derivará en ficción direitamente emparentada co mundo real, é máis, diremos que está ao seu servizo. E así que hai veces en que o autor recorre ao conto contado, relatando contos que as personaxes contan entre elas, mais non sempre, noutros non sucede, non sucede mais ten a impresión de que estan falando para si como se lle estiveran contando algo a unha personaxe. Literariamente este é un dos grandes acertos, un dos grandes éxitos do  libro, pois quen le séntese intimamente acompañado mentres o narrador dá conta do duro vivir na fronteira, da vida fronteiriza que ten o río Uruguai como elemento de separación da Arxentina mais que tamén é camiño para trans-iteración de un lugar a outro e escenario de unha forma de vida particular que ten no contrabando miúdo  o seu motor, miúdo ou non tan miúdo, porén practicamente principal método de subsistencia nunha xeografía física que aínda sendo exuberante non deixa de ser dura, inclemente, hostil.

A xeografía (física, política, social e humana) é un dos aspectos a considerar neste volume de contos. Porén non imos afondar moito no tema posto que no parágrafo anterior xa esbozamos o suficiente como para ter unha unha idea. Si acrecentamos, por se  non foramos de todo precisos arriba, que esta se nos parece moito á dunha xente e dun lugar asimilábeis ao cabo do mundo, un fin do mundo que pode estar en calquera lugar, e  que aquí presenta unhas personaxes en continuo acto de resistencia vital, en continua loita pola vida fronte ao elementos e entre eses elementos non só está o factor da xeografía exhuberante mais hostil, tamén o comportamento humano, a interacción humana ten un rol importente, decisivo.

Porque onde queremos centrar estas liñas, como xa adiviñarán polo título que as antecede, é no humanitarismo problematizado, xa que aí atopamos algo “anovador” moitas veces para quen le, e que consiste xa non na presenza dos chamados anti-heroes no xénero noir ou pesquisador, non, o que aquí temos é a neutralización entre heroe e vilán, pois en todo ser humano, e nestes moi concretamente, conviven  e se manifestan tanto ocasións de “heroicidade” como de vilanía. Así de complexa é a humanidade e tampouco é tan frecuente que a literatura dea conta diso pois case sempre prefire personalizar a heroicidade nunha(s) personaxe(s) e a vilanía noutra(s), ese contraste é unha forma de presentar a problemática humana de xeito ben visíbel para quen le e está presente na literatura desde sempre, desde o mesmo arriba citado Homero. Tamén é certo que este humanitarismo problematizado, esta neutralización da que falamos, goza de antecedentes ben prestixiosos postos na pluma de Shakespeare (“ser ou on ser”), de Cervantes (quixotización de Sancho e sanchización do Quixote)ou os stevensionianos Jeckyl e Hyde, mais non é precisamente o máis habitual esta hibridación, por iso quixemos salientalo e convertelo no vértice das nosas palabras. E hai que dicir que José Eduardo Degrazia modaliza esta opción converténdoa en literatura que se eleva súa máis alta expresión. Un dos segredos fundamentais para isto é a configuración de personaxes dalgunha maneira familiarizados coa voz narradora (xa no mesmo título se observa), desta maneira aínda que os enredos sexan doutro tempo o volume que os contén mantense como algo do século XXI e non de finais do XIX ou principios do XX. O cal é outro mérito engadido para o autor, e non dos pequenos.

Até agora, as palabras deste comentário libresco foran dirixidas à primeira parte do volume. Porque hai outra, a segunda, mais curta, em que se podia percibir unha certa mudanza temática nos enredos. Mas, a nosso ver, destacan dous aspectos que teñen máis a ver coa forma do que co contido. A primeira é a adopción convicta da narrativa en terceira pessoa, o que non ocorreu na primeira, máis variada nas súas modalizacións. E a segunda é que, a pesar diso, quen le continúa a sentir, herdada, a familiaridade anterior, feito que fala con moita elocuencia da pericia demonstrada polo autor autor na narrativa de curtas distancias

Adquírano na casa editora (https://bestiario.com.br) e desfruten a lectura.

ASDO: Xosé M. Eyré (membro da Asociación Galega da Crítica)

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content