GUIA PEDAGÓXICA DE “OU AS DÚAS ESTAREDES MORTAS”

GUÍA PEDAGÓXICA DE   OU AS DÚAS ESTAREDES MORTAS

por Xosé M. Eyré


Empezando. Teoría mínima dos minicontos

 

Un miniconto non é un conto en miniatura, non é un conto moi-moi pequeno.

Os minicontos, en moi poucas palabras ou moi pouco espazo, contan historias que quen le ten que rematar pola súa propia conta, botándolle imaxinación..

Canto espazo? Cantas palabras? Na literatura galega tomamos como modelo as Cousas de Castelao  para establecer a cantidade. Polo tanto oscilan entre a páxina (300 palabras de media) e a páxina e media (450-500, palabras como moito) mais, de feito hainos ben menores.

A seguir propoñemos unha serie de cuestións para levar á aula. Pódense empregar desde 3º ou 4º ESO, nalguns casos, e moi especialmente em Bacharelato.

A PRIMEIRA FUCIONALIDADE ESPECÍFICA do miniconto é, ao tratarse de algo novo e inagardado, que desmecaniza a rutina diaria d@s alumn@s cando comezamos aulas coa lectura dun deles. En si, iso xa é moito, pois esa desmecanización axúdalles a asimilar as explicacións propias da materia con ollos novos e expectante atención.  Para máis, a súa lectura ocupa pouco tempo e pódese efectuar en calquera disciplina, o que resultará de moita axuda se o Plan Lector do Centro especifica comezar cada sesión cunha lectura. De non existir esa recomendación sempre resulta moi aconsellábel, ocupa puco tempo, racha a rutina de sucesión e comezo de aulas habitual, axuda a integrar os coñecementos que serán impartidos na aula con curiosidade e apertura de mente, o que xa é algo ben grande.

TAMÉN RESULTA DE MOITA UTILIDADE rematar a aula coa lectura dun miniconto, pois a súa natureza inquietante obra que difícilmente esquezan o lido. Debido a isto, encomendarlles que pensen e escriban sobre o lido, é unha estratexia efectiva para alongar o tempo que @s alumn@s pensen en galego.

Os minIcontos tenden a PRESENTARNOS A REALIDADE VISTA DESDE UNHA PERSPECTIVA DIFERENTE E ANOVADORA. Xa só por isto estaría indicando o seu uso na aula, pois axuda á autonomía de pensamento (e crítico, tamén) de quen le.

Porén, estes minicontos tamén poden ser empregados para, a partir deles tratar temas de FONÉTICA GRAMÁTICA, LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO, SINTAXE E ESTRATEXIAS NARRATIVAS, a literatura non debe ser explicada como coñecemento estanco senón como fonte desde a cal mellorar a expresividade. Evidentemente, lingua e literatura son materias indisociábeis. Por exemplo,  3º de ESO é un curso moi indicado para comezar a traballar a expresividade d@s alum@s, aínda que os seus coñecemento literarios son cativos chégase á literatura desde a lingua. Unha estratexia pedagóxica moi necesaria para mellorar a expresividade consiste en facer exercicios onde empreguen a síntese e a análise. Os minicontos son unha excusa perfecta para tarballar a análise, pedíndolles que reconten o lido nunha extensión máis grande. Para iso serve calquera miniconto, porén os máis breves dan máis xogo. Quen imparta aulas debe valorar até que punto @s alumn@ a esa idade están en condicóns de entendelos, sempre desde o convencemento de que a rapazada ten moita imaxinación e é desde aí desde onde mellor se exercita a análise. Entre os minicontos 7,8,9,10, 16,25,44,55,60, 68, 86, 87 e 90 seguro que, senón todos, hai algúns que veñen moi ao conto para isto. Aliás, o número 72 foi expresamente concebido para esta práctica, quero que se saiba que non estamos escribindo sobre posibilidades teóricas abstractas, non, nós mesmos os temos empregado con éxito.

Obviamente non podemos pedirlles que sinteticen máis os minicontos. Se cadra é posíbel. Mais a nosa proposta é outra. Consiste en chegar a escribir minicontos. No libro empréganse diferentes estratexias para escribir minicontos. Unha que temos usado con moito éxito é a dos manuais, pedirlles que escriban un manual instrutivo sobre claquera acto cotián e sinxelo que efectuamos mecánicamente, sen penar. Os primeiros resultados van ser seguramente moi breves e pediráselles que empreguen máis espazo, traballamos a análise. Para a síntese escollemos un texto calquera  e pedímoslles que o re-conten na metade de espazo. Como dicimos, estas estratexias témolas empregado en 3º ESO, mais debe ser quen imparta aulas quen xulgue en que curso comezar.

Tamén temos que dicir que moitos destes minicontos, un número considerábel, foron creados para que @s alumn@s de 2º BUP e exerciten a identificación do tema (por iso hai que traballar antes a síntese, entre outras cousas) e a partir de aí elaboren escritos comentando texto. Non se esquenza que estas son esixencias das probas que terán que realizar para entrar na Universidade.

A seguir expoñemos eses bloques, suxerindo minicontos que serven como fonte.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  1. As palabras coutadas.

Tíñaas dentro desde había tempo. De primeiras facíanlle cóxegas, desfrutaba moito con elas, era privilexiada, diferente, dábanlle unha personalidade. Pouco a pouco fóronse estendendo. E medrando. Mal  non lle facían, fóra do incomodo propio dunha presenza que obrigaba a ver as cousas doutra maneira, qué remedio quedaba. Certamente, ás veces, a xente mirábaa coma a un bicho raro. Non entendía que as tiña por todo o corpo, que lle saían desde o máis dentro e que eran ela. Se cadra por iso mesmo, porque ela era elas. Esa incomprensión si que doía. Fixo dietas, mudou domicilio, iniciou unha nova vida, tratou especialistas e consultou numerosos estudos, moitos. Non houbo maneira.

Empezou a encontrarse mellor un xoves calquera, despois do xantar. Sentara mirando as fotografías que trae, no capítulo do medio, un curioso libro de Manuel O’Rivas, A man dos paíños. Despois dun cativador relato e antes do do remate, está “O álbum futivo”, no que as páxinas impares conteñen fotos e as pares o pé e silencio. Ou cavilando ou ensoñando, adormeceu e o libro verteu sobre ela aquel oceano branco. Limpouna. Cando espertou, non sabía por qué era o sábado pasado mais decatouse de que se escribiran unhas historias nas páxinas que ficaran riba dela. Entón comprendeu, soubo os motivos inclementes da tal fervura: tiñan que saír. Ergueu tranquila, cerimoniosa, e agarrou un mangado de folios no que couberan, tiñan que saír. Tiñan que saír, xa se sabe: a represión enxendra monstros dentro de nós, as palabras coutadas.

 

A necesidade imperiosa de expresarse. Nas rúas das cidades, en calquera parede abandonada é doado ver graffitis que responden a iso. Por exemplo, porque hai moitos máis. A propaganda, do tipo que sexa, tamén entra aí, fíxate que nese caso a única posíbel resposta de quen le é mercar ou non, é a única alternativa comunicacional por parte de quen le. Facebook, Telegram, Watsapp… fan negocio con esa necesidade comunicativa.

E ti, como te expresas? Que forma ou estratexia narrativa utilizas? Que imaxe pretendes dar de ti? Que ou cales formas as estratexias comunicativas coñeces? Ata que punto as coñeces para usalas? Non teñen porque ser exclusivamente con palabras.

Para debate na aula. Tamén como tema en exercicios de redacción.

A autorepresión á hora expresarse, tamén outro tema moi importante.

GRAMÁTICA:

-Procura alternativas expresivas para: de primeiras. Traballamos o adverbio e as frases preposionais.

-Procura alternativas expressivas para empezou a encontrarse mellor. Traballamos as perífrases verbais.

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO:

Dábanlle unha personalidade. A partir de aí traballaremos o artigo, o seu valor recto e os seus usos especiais. Como axuda, que @s alumn@s reescriban esta oración doutra forma

Paíño é o nome dun paxaro. Cantos nomes de paxaros coñeces? Saberías describilos?

SINTAXE:

-Pouco a pouco fóronse estendendo e medrando. “Pouco a pouco”, que función sintáctica desepeña

ESTRATEXIAS NARRATIVAS:

-Para lembrar: a expresión correcta é desde había tempo. Aí nunca se debe usar o verbo facer. Ademais na seguinte oración ( “De primeiras facíanlle cóxegas”) repetiríamos o verbo facer e as repeticións de palabras léxicas, cando se quere contar algo, son moi perigosas porque dan idea de inmobilismo e a narración debe conter unha liña temporal em proceso (sexa progresiva, intermitente, ou regresiva, tanto ten).

Estes son alguns exemplos. Quen imparta aulas pode atopar outros que lle conveñan mais

FONÉTICA

– Procura ler o texto com se pertencer a diferentes situacións comunicacionais. Por exemplo, imaxina que é um conto que lle estás contando a unha amizade, leo como tal. Imaxina que é um sacerdote quen o está lendo na homilía, le así. Imaxina que o texto pertence a um telexornal, le así. Imaxina que é um segredo que lle estás a contar a alguén, fai coma se fosse así. Sö son exemplos, que @s alumn@s propoñan máis

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

  1. -“A Historia nunca é como nola contan” presenta o diluvio universal desde outra perspectiva.Que casos coñeces ti onde hai unha “versión oficial” coa que conviven outras que explican o mesmo fenómeno doutra maneira? Pensa que ser rebelde contra a “versión oficial”, procurar e atopar argumentos congruentes, diversos e diferentes, é unha forma de facer avanzar o mundo, a civilización.

GRAMÁTICA

-Procurar os adxectivos ou expresións verbais equivalentes, que haxa no texto. Distinguir entre adxectivos valorativos de non valorativos

-Procura as perífrases verbais que haxa no texto. Distingue os seus significados

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO:

-Forza maior, causas de forza maior. Que significa a expresión? Que outras posíbeis solucións léxicas podes achegar?

-Alicornio é um animal mitolóxico, que outros  coñeces?

SINTAXE

-Análise de Xa levaban así varios días.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este miniconto é un perfecto exemplo de como contar as cousas desde outra perspectiva pode axudar a entendelas mellor, e incluso acharlles novo(s) sentido (s) . Aquí reescríbense os mitos do “diluvio universal” e a “arca de Noé”. Diferencia entre o significado habitual deseS mitos e o que se achega no texto. Proporcióneselles unha noticia, se breve moito mellor, aconséllase da sección “sucesos” ou “deportes”, e pídaselles que a reescriban desde outro punto de vista.

FONÉTICA

-Procura no texto sons que teñan diferente representación gráfica

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

3.-

GRAMÁTICA

-Neste miniconto úsanse moitos demonstrativos, o texto pode ilustrar alguns valores desta classe de palabras. Por exemplo: “daquela” aparece usado con valores distintos. Porcúrense e póñase outra expresión sinónima no seu lugar (Nota. Non se pode empregar o comodín “entón”, porque como comodín que é valería para calquera cousa)

E tamén do poseisvo “das súas”

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Fachendeaba”. Dicir o seu significado e achegar sinónimos.

-Di todos os hipônimos que coñezas de “cartos”

SINTAXE

-Análise de: “Esta é a triste conciencia dos nosos días para os que somos pobres”, “cal é o suxeito?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

– O miniconto non tem título: procúrese um para el.

-Moitas veces a narrativa é definida como a arte de contar unha historia mentres se van desenvolvendo elementos que conforman outra, coa que se sorprenderá no remate. A finalidade é sorprender cun remate inagardado mais lóxico. Seguindo esta premisa, escríbase um texto dunha extensión menor a um folio, seguindo os princípios argumentativos do texto.

FONÉTICA

-Os sons, hai circuntancias na palabra fonética em que se neutralizan e dan lugar a arquifonemas. Por sinal  R e RR observan unha distribución complementaria, mais son o mesmo son escritas dunha maneira ou doutra. Procura exemplos no texto.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

4.-

GRAMÁTICA

-Neste miniconto úsase o reflexivo “se” correctamente. Dicimos correctamente porque coloquialmente moitas veces úsase mal. Explíquese a reflexividade e procúrense exemplos onde o reflexivo se use incorrectamente.

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Home de mundo”. Dígase o seu significado e procúrense expresións sinónimas.

-Por que o miniconto  remata coa palabra “naturalmente”?. Explícao

SINTAXE

-“Que te pide todo”. Explíquense as diferenzas sintácticas (e semánticas) entre o uso de CHE e de TE. Pronomes persoais de obxecto directo e indirecto.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

´-Antes vimos como moitas veces se empregan duas historias paralelas á hora de contar ou relatar algo. Este miniconto demostra que tamén se pode relatar unha soa historia, mais nesse caso hai que saber sorprender cun remate inagardado. Desde Edgar Allan Poe, o conto defínese como “unidade de intención”. É dicir, o remate debe remitir sempre ao inicio. Úsese esta estratexia para escribir um texto.

FONÉTICA

-Existen son sonoros e otros xordos. Distíngueos


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

5.-

GRAMÁTICA E LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Medio vasiño de branco”. Explíquense, a partir deste exemplo a metonimia e a sinécdoque. Escríbanse outros exemplos de ambas

SINTAXE

-Que función sintáctica cumpre “unha voz grave” en “Sobre o silencio sen importancia do sábado descansaba unha voz grave”?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Neste miniconto úsase moito a sonoridade das palabras. Explíquese como se define e utiliza este recurso literário que se basea na repetición de sons. “Sobre o silencio sen importancia do  sábado descansaba”, é um bo exemplo. Hai mais e non todos teñen porque ser tan longos.

-O texto tamén resulta acaído para reflexionar sobre dous fenómenos sociais moi dos nossos días: “a integración da inmigración” e “a soidade na vellez”. Velaí dous temas sobre os que redactar.

FONÉTICA

-Procura as vogais abertas e as fechadas

 


XMEYRE. MAIO 2024


6.-

GRAMÁTICA

-As comparativas. Sinala no texto as oracións comparativas que atopes.

-O superlativo: “polo que non valían” é unha forma de superlativo. A língua galega é moi rica en formas de crear superlativos: cantas coñeces? Escribe exemplos. Procura no texto outros exemplos de superlativos.

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Facer de corpo” é um eufemismo, os eufemismos son expresións que usamos cando, por cortesía social, non queremos utilizar outras consideradas “de mal gusto” ou “groseiras”. Dicir mais exemplos.

-O disfemismo é o fenómeno contrario, cando utilizamos a propósito palabras que sabemos son ofensivas ou mal soantes. Procurar exemplos.

-Odón Mir Ades, é un nome que nace de descompoñer “O don mirades”. Inventa outros exemplos polo estilo.

-“Prócer” é um cultismo. Di mais exemplos que coñezas.

SINTAXE

-Procura no texto oracións bipolares condicionais.

FONÉTICA

-Procura as vogais tónicas, distingue as abertas das pechadas

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

11.-

GRAMÁTICA

-Vira e Carmucha son dous hipocorísticos. Os hipocorísticos son eses nomes que, familiarmente ou en confinaza, lles dámos á xente que coñecemos. En galego existe unha rica variedade de fórmulas á hora de crear hipocorísticos. Ás veces son doadas de ver, por exemplo engadindo un sufixo, como no texto: Carme: Carmucha, Carmela, Carmiña. E outras veces suprimindo a parte inicial do nome, como em (El)Vira, no texto, ou, para mais, (A)Fonso, (Fer)Nando, ou (Xo)Sefa, em casos de aférese. Tamén se podem dar por apócope: Remedios, Esperanza ou Fran(cisco). Non confundir con apelativos. Os hipocorísticos transmiten cariño, os apelativos poden representar todo o contrario.

Procura outros exemplos de hipocorísticos, mira se atopas algún hipocorístico despectivo, que tamén se poden crear.

-Procura exemplos de apelativos

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Fïxate na diferenza entre “facer algo por cojones” e “polo carallo vou facer iso”. O castelán cojones remite ao que en galego chamamos collóns, son dúas partes anatómicas diferentes porque o carallo é outra cousa, como opostos son os significados das frases peposicionais en que entran.

SINTAXE

-Seguimos coas condicionais. Fíxate que a partícula condicional en galego é SE, “si” só se aplica nas oracións afirmativas. Procura oracións condicionais no texto

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este minirrelato presenta o monólogo como estratexia narrativa. Todo se conta desde os ollos da vendededora. Cando o monólogo transmite tamén pensamentos doutras personaxes, entón estamos diante da “corrente de conciencia”. Saberías escribir dous textos, con cadansúa destas características?

PARA DEBATE

-Cal é a lingua “imposta”?

FONÉTICA

-Distingue entre ditongos crecentes e decrecentes a partir de exemplos do texto

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

12.-

GRAMÁTICA

-Os números. Aquí aparecen varios números cardinais. Completa a secuencia de números entre 0 e 40, atención a  aqueles que poden formar palabra composta única e aqueles que conservan a independencia das palabras.

SINTAXE:

-Hai unha oración interrogativa no texto, sinálaa. Distingue entre interrogativas directas e indirectas

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO:

-Os apelidos. Reparemos nun deles: Fernández. Un apelido moi galego. Forma parte dos apelidos derivados de nomes propios. Dise que é un apelido moi galego, porén en galego  a súa forma debería ser Fernandes, e aínda escribindo Fernández débese ler Fernandes, igual que cando se escribe Feijó se debe ler Feixó, porque as letras “z” “j” son representacións medievais para os sons “s” e “x”

-“Fernández” deriva de “Fernando mediante o sufixo xenitivo “ez”. Sabes outros exemplos?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS:

-Esta é unha forma de microteatro. Ou de como contar unha historia sen utilizar narrador. Realiza dous exercicios. Primeiro reescribe o texto do miniconto utilizando outro narrador. Compara e decide cal das dúas formas che prace máis; razoa a resposta. Despois trata de escribir ti outra historia sen narrador.

PARA DEBATE:

-“Non se pode aprender unha lingua se non se practica, nin un mundo sen a súa lingua”  Reflexiona sobre estas dúas afirmacións. A primeira é sinxela, a xente ten que practicar para aprender as linguas que estuda. A segunda, que quere dicir realmente a segunda?

FONÉTICA

-Distingue as consoantes sonoras que haxa no texto, dous primeiros parágrafos

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

 

13.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO:

-Explica o significado de “cadrís”, “pinou” e “reuma”

GRAMÁTICA

-Fíxate que o verbo mirar é transitivo, leva obxecto directo, de tal xeito expresións como “mirar ao ceo” son incorrectas. Procurar outros verbos aos que lles suceda o mesmo

SINTAXE

-Cal é a categoría sintáctica de “ Si, Señor”

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Escribe un texto onde só no remate se coñeza quen o protagoniza.

-“ eles pesan un peso que só se pousa unha vez”. Brincando coa lingua, como se chama repetición de sons próximos?

FONÉTICA

-Procuras consoantes oclusivas do texto. Diferencias sonoras das xordas

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

14.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-A palabra “capa” ten dous significados diferentes. Saberías diferenciar entre sinonimia e polisemia?

-A palabra “capital” tamén ten dous significados diferentes. Trátase de sinonimia ou homonimia?

-“Cravuñar” é un verbo que case xa non se utiliza, o mesmo que o substantivo “gadaña”, procúralles significado

-No texto úsase unha linguaxe coloquial, saberías identificar os procedementos usados?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Cada vez vén sendo máis habitual o uso de comiñas para sinalar un diálogo, como no texto. A razón é que potencian a rapidez da narración ademais de que economizan espazo. Escribe un texto usando comiñas nos diálogos e despois reescríbeo con guións, compáraos.

-FONÉTICA

-Distingue as consoantes fricativas do texto.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

15.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Sinala todos os termos que pertenzan ao estilo coloquial.

SINTAXE

-Explicas diferencias semánticas entre “pareces un pesadelo” e “es un pesadelo”. Cres que “pesadelo” debe cumprir a mesma función sintáctica?

GRAMÁTICA

-Escribe o futuro do verbo “querer”

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Neste monólogo prodúcese un desdobramento do protagonista, desa forma informa do que sente como se se estivera observando desde fóra. Procura escribir un texto argumentativo, onde expreses a túa opinión sobre o miniconto, con esa estratexia.

FONÉTICA

-Procura exemplos de consoante africada no texto

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

17.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Irto”, sabes o seu significado? Escribe exemplos onde se manifeste.

-Cal é a mensaxe do texto do miniconto?

GRAMÁTICA

-“Comigo” é un pronome persoal contracto coa preposición “como”. Coñeces outros casos onde o pronome persoal contrae?

SINTAXE

-Procura no texto tres casos de O.D.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-A derradeira palabra non está completa. Xustifícao nun texto onde os argumentos se expoñan de menor a maior importancia.

PARA DEBATE

-Moral e ética cívicas, que sentido teñen no texto

FONÉTICA

-Nos dous primieros parágrafos, procura as consoantes nasais

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

18.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Hai ocasións onde o galego se distancia do castelán porque este ditonga cando nós non o facemos. “Crenza” é un bo exemplo. Procura outros máis.

GRAMÁTICA

-“Unanimemente” é un adverbio creado sobre un adxectivo: “unánime”. Pon máis exemplos.

SINTAXE

-“Pérfido novembro de 1976”. Atopas diferencia sintáctica con “Novembro pérfido de 1976”?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Na lectura decataríaste de que o verbo “distraía” non vai acompañado do reflexivo “se”, porén enténdese de igual maneira o significado. Lembra que cando se escribe é tan importante tachar como escribir. A economía lingüística di que se podes dicir algo con 5 palabras non  o digas con máis. Escribe un texto expositivo sobre  calquera tema, da extensión dun folio, e despois elimina todo o que non sexa imprescindíbel.

FONÉTICA

-“Pólo” e “polo” teñen diferente significado porque o “o” tónico ten distinto son. Sabes máis exemplos?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

20.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Matar o tempo” é unha expresión curiosa porque é el quen nos mata a nós mentres pasa. Procura expresións que teñan o mesmo significado

GRAMÁTICA

-O adxectivo anteposto ao substantivo tamén recibe o nome de epíteto ou explicativo, gramaticalmente tenden a indicar unha calidade propia ao substantivo a que anteceden. Aquí temos o caso de “escura” ou “excesiva”. Porén fíxate en que “propia morte” esa é a posición máis habitual. Procura casos onde o mesmo adxectivo signifique cousas diferentes segundo vaia antes ou despois do substantivo.

SINTAXE

-“Os poros da súa  pel”, cal é a función sintáctica desta frase?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Volvemos ao caso dos epítetos posicionais. Dixemos que indican unha calidade propia do substantivo a que anteceden. Mais pode suceder que, como neste caso “escura”, anuncie unha calidade que non ten porque ser obrigatoriamente inherente ao substantivo, como podería ser en “branca neve”. Cando así sucede o uso literario salienta moito. Porén, á hora de escribir hai que ter moito coidado co uso do adxectivo, que pode ser supérfluo. Escribe unha narración usando cantos máis adxectivos poidas, despois vainos suprimindo deica chegar aos esenciais

-Hai nada suprimíase no texto o reflexivo “se”, e nesta ocasión aparece en lugar do pronome “lle”. Que efecto produce?

-Cales son as consoantes laterais que hai no texto?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

21.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Convencións sociais” son prácticas que  constitúen modos de actuar tipificados socialmente como comúns. Atopa exemplos delas ordenándoas segundo grao de puritanismo que manifestan, a ver quen consegue o campo semántico máis grande

GRAMÁTICA

-“Usaren” é un infinitivo persoal ou conxugado, moi característico da galego e que non existe en castelán. Indica cando se debe usar e cando non se pode facer

SINTAXE

-“Porén” é unha conxunción tamén moi galega, que impide que teñamos que botar man de calcos semánticos do castelán. Indica algúns exemplos.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-No texto fálase da “escritura automática”. A escritura automática caracterízase por escribir con rapidez, sen meditación previa. Fai a proba, ás veces saen cousas interesantes.

FONÉTICA

-Cales son as consoantes vibrantes do texto? Neutralízanse nalgunha ocasión?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

22.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Barallar” é algo que se fai cos naipes, mais neste caso ten significado un tanto diferente. Explica as diferenzas.

GRAMÁTICA

-Procura todos os adverbios que hai no texto e clasifícaos.

-Observa que “quen” non ten plural en galego.

SINTAXE-GRAMÁTCA

-“Aborrecíao e por iso o abandonou”. Xustifica a posición do pronome persoal átono “o” nos dous casos.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este é un caso de manual instrutivo. É moi frecuente que teñamos tan automatizados determinados actos que non reparamos na súa complexidade. Escribe un instrutivo para “comer unha mazá”.

FONÉTICA

-Deica agora fixámonos nas consoantes segundo o modo de articulación. Reúne exemplos e pronúnciaos en voz alta

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

23.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“frescuras da mocidade”. Explica o significado de “frescuras” nesta frase.

GRAMÁTICA

-“ofrécense un breve saúdo”. Este é un caso de reciprocidade. Distingue entre reflexividade e reciprocidade. Atopas máis exemplos de reciprocidade no texto?

SINTAXE

-“home e muller atópanse”. Cal é función sintáctica de “se”

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Xa sabes o que é un narrador omnisciente. Mais a omnisciencia tamén pode ser parcial, nuns casos maniféstase esa omnisciencia e noutros desaparece. Serás capaz de escribir un texto así?

FONÉTICA

-Agora toca diferenciar as consoantes segundo o punto de articulación. Saberías dicir cales son?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

24.-

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este é un caso onde no relato non hai narrador ou narradora, só diálogo, e diálogos que formalmente non se axustan ao proceder habitual. Tamén se lle podería chamar teatro. Escribe un texto así

-“fe, ca, dar, xm, ori, mm, af, nav, qc, xpdc, rop, cas, flor, for, elb, rco, mir, rcc”, seguro que te preguntas que significan, direiche que nuns casos son iniciais dun nome completo (xpdc, rcc), outras veces só o comezo dun nome (ori) ou apelido (fe), iniciais dun nome (mm) etc, busca axuda para tentar saber os significados todos.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

26.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO E GARMÁTICA

-“Ultraconservadoras” é unha palabra composta, explica cales son os seus compoñentes formais. Existen moitas formas de crear palabras novas xuntando máis dunha base léxica. Pon exemplos.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-O miniconto consiste na descrición dunha escena teatral. Imaxina unha escena teatral, escríbea, e despois reescríbea describíndoa.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

27.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Define as palabras: noite, alleo e almofada

GRAMÁTICA

-“Almofada” é unha palabra que chegou a nós como empréstimo do árabe. En galego non pasa tantas veces como en castelán, mais hai casos, procúraos

SINTAXE

-Seguramente chamouche a atención o uso de “te” en “te teño sede”. Saberías explicar a diferenza entre usar te ou che nese contexto..

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Ouso de te antes mentado tamén ten unha explicación estilística, reforza a sonoridade mediante a repetición. “te te(ño)”. Non é único caso de sonoridade deste tipo, atopa outros

FONÉTICA

-Procura as consoantes bilabiais do texto

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

28.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“con indicación da capacidade de cada un e o volume que poden albergar”. Pode parecer que “capacidade” e “volume” significan o mesmo. Porén non é así. Indicas as diferenzas.

GRAMÁTICA

-En galego dispoñemos das solucións -ábel/ ábeis, e -able/ables. A primeira é común ao resto de países que conforman a lusofonía. A segunda é común ao castelán. Nós utilizamos sempre -ábel/-ábeis. PARA DEBATE: cal das dúas posibilidades escollerías ti?

SINTAXE

-Serías capaz de facer a análise sintáctica de “relación comarcalizada de enterradores”

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Non só se poden relatar accións e cousas similares. Tamén é posíbel relatar estados de ánimo, e incluso ideoloxías sociais políticas. Neste caso unha relación contábel di como é unha situación social determinada. Podes escribir ti un relato convencional que a ilustre?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

29.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Debruzado”. Sabes o seu significado? Es capaz de traducilo ao castelán de maneira que o significado sexa exactamente o mesmo?

GRAMÁTICA

-Se te fixaches, neste relato úsase linguaxe inclusiva. Na linguaxe ordinaria o masculino como forma “non marcada” que inclúe tamén o feminino. Porén non parece xusto e si discriminatorio que persoas do sexo feminino teñan que verse reflectidas no xénero masculino. Coñeces outro tipo de solucións para resolver esta situación en igualdade para os dous xéneros? Practicas algunha? Razoa a resposta..

SINTAXE

-“Xa non lembraba”, “Matinou en deterse”. Explica razoadamente o uso e non uso da reflexividade.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS E DEBATE

-Neste miniconto relátase como un habitante dunha aldea fica como única persoa nela. Como se foi despoboando a aldea? Como se explica ese despoboameno? Lembrando a estratexia narrativa do minconto anterior, escribide un texto utilizando unha relación de causas que levan ao despoboamento.

FONÉTICA

-Procura as consoantes dentais ou lingudentais.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

30.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Que lle foron pedir ao médico? Sábelo aínda que non se diga?

-Sabes os nomes dos dedos en galego?

-Distingue “dedos” de “dedas”

-“Iradas e brancas barbas”, a quen identifica esa definición?

-Podes poñerlle título ao miniconto

GRAMÁTICA

-“No día seguinte”. Fíxate que en galego usamos a preposición “en” en lugar da preposición “a” que utiliza o castelán. Cantas preposicións coñeces?

SINTAXE

-Procura as frases preposicionais que hai no texto

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Aquí cóntase todo en forma de diálogo. Reescribe o texto de forma argumentativa, comezando polo final, así empregarás unha estrutura dedutiva

PARA DEBATE

-Que debe prevalecer: os dereitos dos non nacidos ou os dereitos dos vivos?

FONÉTICA

-Só existe unha consoante labiodental, saberías identificala no texto?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

31.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Soidade” e “saudade” parécense moito. Sabes o seu significado de cada palabra?

-Saberías poñerlle título ao miniconto?

GRAMÁTICA

-“Quéroos moito”. Fíxate que aquí  úsase o pronome de obxecto directo e non o de obxecto indirecto. Saberías explicar a diferenza ?

SINTAXE

-Procura as expresións comparativas do texto.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Fíxate en que no miniconto se empregan dous tipos de texto, o narrativo e argumentativo, e aínda así compleméntanse. Escribe ti outro texto seguindo esa estrutura, o tema escólleo ti.

FONÉTICA

-Procura consoantes interdentais ou linguadentais no texto. Ollo, poden ter diferente representación escrita.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

32

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO-ORTOGRAFÍA

-Sorpréndete que en galego usemos “avogado” e non “abogado”? Comproba como se di en italiano, en francés ou en inglés.

-Ponlle tres títulos miniconto. Podes usar títulos epónimos (se neles figura o nome do personaxe principal), emblemáticos (se fan relación ao tema) ou simbólicos ( a través dunha metáfora ou símbolo desde o cal se entenda o texto)

GRAMÁTICA

-Relacións de parentesco. Fillos, sobriñ@s, son nomes que indican relacións de parentesco. Di todos os que saibas e indica cales deben levar artigo sempre.

SINTAXE

-“Nas ocasións especiais”. Di que función cumpre na oración

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Reescribe o texto, mais sen utilizar artigos. Compara e comproba as diferenzas.

FONÉTICA

-É a quenda das alveolares ou linguoalveolares. Procúraas no texto.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

33.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Borbollóns”, sabes o seu significado? Fíxate, a base léxica borb-burb (tanto ten a forma escrita) está presente en moitas linguas de xinea latina, sendo unha palabra de orixe pre-romana, pois Borb era o deus augas caldas, esa augas que ferven e botan burbullas.

GRAMÁTICA

-“Golpazo” é un aumentativo, escribe exemplos onde se utilicen diversos procedementos.

-“Mirando” é un xerundio, un tempo verbal curioso porque non se conxuga, o mesmo que o participio: saberías distinguir o significado dos dous? Porque non é o mesmo estar durmindo que estar dormido…

SINTAXE

-“Borbollóns de auga quente”, que función cumpre na oración?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Só o diálogo do remate dá sentido e permite entender cabalmente o a parágrafo anterior. Iso acontece moito na mellor literatura. Mais agora quero que te fixes na descrición evolutiva anterior manifesta sobre todo no primeiro parágrafo. Normalmente tense a descrición como algo estático, mais aquí sucede todo o contrario. Queres probar a escribir unha?

-Reescribe o texto utilizando sempre a primeira persoa cando no texto se usa a terceira. E usando a terceira cando no texto se usa a primeira. Compara o efecto producido.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

34

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“María da Vaca” é un alcume. A xente sempre foi dada a poñer alcumes aos demais, hoxe tamén sucede, sobre todo en Internet, onde tantas veces é necesario inventar algún alcume (nick name) que nos represente. Cales coñeces? Cal ou cales son os teus?

GRAMÁTICA

-Procura os usos especiais dos demostrativos e posesivos.

SINTAXE

-“A vaca nin rousaba, nin ciaba nin entraba no prado” é unha oración composta. Que tipos de oracións compostas existen?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-No texto hai un diálogo que non leva guión nin vai entre comiñas; intégrase directamente no texto. Escribe un texto con esas tres posibilidades.

FONÉTICA

-“Abaixo “presenta unha consoante palatal ou linguopalatal moi típica do galego e que á xente de fóra lle custa pronunciar ben. Non saben dicir “Xunta”, mais si “Shakira”. Podes explicalo?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

35.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Sabes o significado de “coxas”?. Describe o corpo humano a través das palabras para nomear as súas partes.

GRAMÁTICA

-“máis alta ca outra “ Cando se utiliza a partícula comparativa CA, e cando QUE?

SINTAXE

-“aínda que sei que ese non é o seu nome verdadeiro”, cal é a súa función sintáctica?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Nun texto argumentativo diferencia entre enredo ou argumento e tema.

FONÉTICA

-Velares ou linguovelares, procura exemplos no texto

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

36.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “esgazar”, “mol”,  “estratexia e “telegrama”

GRAMÁTICA

-“primeira” é un numeral. Distingue entre numerais ordinais e cardinais, escríbeos

SINTAXE

“que eu che axudara”, que tipo de función sintáctica cumpre?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Narrador homodiexético dise cando quen narra forma parte do narrado, como aquí. Cal imaxinas que é “o seu problema”

-O texto do miniconto comeza cunha oración da que non se sabe o inicio. Esta é unha estratexia que permite comezar un texto “in media re” (co enredo xa iniciado, sen que exista presentación ou pospoñendo esta). Olla a resposta que deches antes, procura que sexa o máis ampla posíbel.

FONÉTICA

-Volvamos coas vogais. Usando palabras do texto saberías diferenciar os osns segundo o grao de abertura?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

37.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“De mans dadas” seguro que sabes o seu significado. Sabes por que o  autor non utiliza “collidos das mans”?

GRAMÁTICA

-“calquera” é un adxectivo. Que tipos de adxectivos coñeces?

-“excelente” é un superlativo. Elabora un cadro con adxectivos en grao positivo, comparativo e superlativo. Tipo: bo, mellor, excelente

SINTAXE

-Procura as oracións coordenadas do texto

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Distingue no texto a presentación, o desenvolvemento e o desenlace ou conclusión

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

38.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Fantasía. Qué é unha fantasía? Tes fantasías? Podes dicir algunhas?

-Ponlle título ao miniconto

GRAMÁTICA

-“Había que ensinar” é unha perífrase verbal. Distingues as perífrases verbais dos simples encontros verbais

SINTAXE

-“Facer unha raíz cadrada”, que función sintáctica cumpre?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Iso. Escribide un manual para conquistar ollos..

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

39.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Procura as palabras cultas do texto e diferencias das patrimoniais

-Ponlle título ao texto

GRAMÁTICA

.“Miña” é un posesivo. Os posesivos poden funcionar como adxectivos ou pronomes. Di exemplos.

SINTAXE

-“Nin o máis ínfimo miligramo de amargura” Non ten verbo, mais é unha oración, vai elidido, así como o suxeito. Explica cales serían o suxeito e o verbo. Di a función sintáctica da frase sinalada.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Escribe un texto elidindo, prescindindo, de toda información que poida ser coñecida ou imaxinada por quen le. Escolle ti o tema, que sexa un texto argumentativo

39.- BIS

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o campo semántico de “amargura”

-Di o significado de “noctámbulos”, “exotismo”, “sensualidade”, ”loiro”

GRAMÁTICA

-O verbo “esquecer” para moita xente resulta problemático, en galego e tendo en conta o concepto de reflexividade que usamos (en castelán permite moitas excepcións) hai quen di ou escribe “esquecinme de dicirche…”. Se suprimes aí o pronome varía o significado? Procura outros exemplos.

SINTAXE.-

“-Nin o máis ínfimo miligramo de amargura”, que categoría sintáctica lle asignas, explica a resposta.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-“Inacabábel noite sen soños” é unha metáfora, o seu termo irreal. Cal é o real? Procura outras metáforas co mesmo significado.

FONÉTICA. Segmentar foneticamente as palabras “diagnóstico” e “asasinato”

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

40.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Apalabrados”, “apoltornados”, “rexemento” e “peneques”, di o seu significado

-Ponlle título, coidando que este non adiante o final do miniconto.

GRAMÁTICA

-Procura todos os adverbios ou locucións adverbiais e clasifícaos

SINTAXE

-“Habíaos que viñan porque eran amigos dos fillos”. Cal é o Obxecto Directo?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Esta é descrición dun enterramento. Nas descricións úsanse moito os adxectivos, porque os adxectivos din como son as cousas. Escribe unha descrición longa sen usar ningún adxectivo. Pódese.

FONÉTICA

-Voltemos brincar coa lectura. Imaxina que es xuiza ou xuíz, le o tetxto como se fora a sentenza. Imaxina que o texto é unha confidencia a alguén amigo, le o tetxto así. Podes usar elementos non verbais(acenos, xestos coas mans ou outras partes do corpo) que realcen a situación comunicativa.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

41.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Féretro”, “chimpou, “súpeto”. Di os seus signifcados e , se podes, algún sinónimo

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Reescribe o texto usando a forma convencional de indicar os diálogos. Cal che gusta máis?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

42.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Trasacordar”, “calcar”, “desatrancar”, “romántica” di o seu significado

-Elabora unha listaxe dos verbos empregados, na orde en que estes aparecen. Pódense considerar elementos de cohesión?

GRAMÁTICA

-Procura os indefinidos que hai no texto. Cando poden contraer e con que preposicións?

SINTAXE

-“ a nosa é unha porta normal”. Di que tipos de oracións coordenadas existen.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Por suposto, vouche pedir que escribas un manual instructivo, neste aso para comer.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

43.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO-PARA DEBATE

-Este é un mircoconto moi duro. Fala da morte. A morte non só se produce cando deixamos de respirar, tamén é morte cando se nos silencia (chámase morte social) ou se deturpa a obra e mensaxe de xente falecida hai tempo. Debátase sobre isto na aula porque, conta o que poida parecer, acontece todos os días.

GRAMÁTICA

-Unha cousa moi importante é saber comezar unha conversa con cortesía. Procura fórmulas para iniciar e finalizar unha conversa con cortesmente.

SINTAXE

-Volvemos cos adverbios. Neste caso de tempo, que poden ser de tempo preciso, de tempo impreciso e comodíns (que no teñen un significado fixo). Pon exemplos. Indica súa función no texto.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

44.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Cando se pode usar a palabra “ambos”?

–Debátase na aula sobre o contido do miniconto. Despois que cadaquén avalíe se deu dito todo o que pensaba, se non o fixo e as súas causas. Neste derradeiro caso paréceche xusto?

GRAMÁTICA

-Distingue os usos de LLE e LLES. Fio o propio con CHE e TE

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este miniconto combina reflexión e narración. O remate fai que a reflexión anterior vire narrativa, á vez que a parte narrativa constitúe reflexión. Sería un bonito exercicio pedirche que escribiras un texto así. Mais ímonos conformar, por se che parece moi difícil, con que identifiques a parte reflexiva e narrativa.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

45.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Sarampelástenos”, sabes que é o sarampelo

-“Seiturar”, que significa?

GRAMÁTICA-ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Seguimos co mesmo verbo de antes. Trátase dunha palabra creada a partir so substantivo sarampelo. Crea novos verbos a partir de substantivos

ESTRATEXIAS NARRATIVAS-COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Agás as dúas finais oracións, o resto consiste nunha enumeración (pretendidamente progresiva no tempo, ou polo menos iso suxire) de causas e efectos. Invirte esa secuencia, reescribe o texto poñendo primeiro as consecuencias e despois as causas.

-Fíxate na contraposición entre nós e vós, escribe as calidades que se lles asignan (directamente, no texto ou suxeridas a partir del.)

-Explica o remate do miniconto, nun escrito argumentativo

SINTAXE

-Distingue os usos de LLE e LLES

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

46.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Quedouse coma un paxariño” é un efemismo, xa sabes, esa expresión ou palabras que usamos en lugar doutras que poden parecer socialmente máis agresivas. Di exemplos de eufemismos.

-Sabes cal é o contrario dos eufemismos?

GRAMÁTICA

-Procura todas as preposición que haxa no texto. Escribe tamén as que falten.

SINTAXE

-Procura todas as oracións coordenadas que haxa no texto. Fai o mesmo coas xustapostas.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

“os fillos diciámoslle que o sofá lle era moito máis cómodo”. Este é un exemplo de estilo indirecto. Escribe un texto empregando o estilo indirecto para os diálogos, por exemplo sobre o mesmo tema deste miniconto, sobre o mundo do sobrenatural.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

47.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Sabes quen eran Manuel María, Celso Emilio Ferreiro ou Carlos Marx? Sabes quen é Yolanda Castaño? Manuel María e Celso Emilio Ferreiro aparecen tamén noutro miniconto deste libro, sabes cal?

-Pon título ao texto.

GRAMÁTICA

-México é un  país cuxo nome non leva artigo diante, como en A Arxentina. Di máis paises cuxo nome leve artigo.

-“Tanto” úsase unhas veces e outras “tan”, saberías explicar cando?

SINTAXE

-Procura unha oración disxuntiva casual no texto

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Neste caso imos repetir o exercicio anterior, Reescribe o texto empregando o estilo indirecto e o estilo indirecto libre (non cómpre verbo de “dicir” nin conxunción introdutoria, simplemente inserir o diálogo)

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

48.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Saberías dicir o significado de “imaxinar”? Saberías dicir un sinónimo de publicade?

GRAMÁTICA

-“Inmensurábel”, é unha palabra composta do prefixo negativo “in” e o adverbio mensurábel ( á vez composto de mensura -medida- e o sufixo -bel). Di todos os prefixos negativos que coñezas

SINTAXE

-“o caso do anuncio dun automóbil alemán”. Imos coller a palabra alemán e situala despois de anuncio. Podes explicar as diferenzas sintácticas e semánticas?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Considera poñerlle título ao texto. Atopas algún que o explique ben? Como queda mellor, con título ou sen título?

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

49.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di un sinónimo de “acreditar”? Atopas algún no texto?

GRAMÁTICA

“-Xa” é un adverbio de tempo, porén aquí ten outro uso, poderías dicir en que consiste?

SINTAXE

-Que tipo de oración introduce “con todo”?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Escribe un miniconto onde todo suceda entre dúas persoas que falan por teléfono

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

50.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “devecer”, “delicadeza”, “engruñar”

GRAMÁTICA

-“Instante” e “Eternidade” funcionan como antónimos. Saberías dicir que tipos de antónimos existen?

SINTAXE

-“Boh” é unha interxección. Cantas máis saberías dicir?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Pola súa extensión este non é un miniconto, mais pola cantidade de palabras usadas si.

-Non sei se cres nos sucesos paranormais, trata de explicarte mediante un escrito onde argumentes no seu favor ou na súa contra.

FONÉTICA

-Procura as consoantes sonoras

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

51.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-As “xacias”, sabes que son? Que outras criaturas mitolóxicas coñeces?

GRAMÁTICA

-“Aquelas” é un demostrativo. Os demostrativos poden ser pronomes ou adxectivos, escribe exemplos

SINTAXE

-O texto presenta unha sintaxe complexa. Sinala as oracións subordinadas ou dependentes.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-No texto, que trazos estilísticos salientarías? Conta unha anécdota sen atender a orde normal de aparición dos elementos oracionais: suxeito, verbo, complemento directo, complemento indirecto, complementos crircunstancial… Iso chámase hipérbato.

-Escribe un texto argumentativo sobre o tema dos animais mitolóxicos usando hipérbatos

FONÉTICA

-Procura as palabras agudas e esdrúxulas

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

52.-.

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Non lles surte efecto”. Sabes que significa o verbo “surtir”? Di o significado de “afanarse”

GRAMÁTICA

-“Quixer”, sabes que tempo verbal é? Non é infinitivo conxugado, aínda que se pareza

SINTAXE

-“En por si”, que función sintáctica cumpre

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-O texto reproduce o posíbel prospecto dunha medicina. Aquí o tema é a vida. Escribe outro texto argumentativo onse afirme ou negue esa tese.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

 

53.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Avogada”, “ornear”, “beata”, “carísimo”. Di o seu significado.

GRAMÁTICA

-“Carísimo” é un superlativo. Hai máis no texto?

-“Verá, pode vostede ser carniceiro, ferreiro (ben, hoxe case non pode selo), dependenta, avogada, farmacéutico, ama  de casa, beata, ateo, político, esmoleiro (este e o anterior son sinónimos, perdón), chofer, prostituta, parado, cesante, reconvertido, xubilado incentivado, xubilada forzosa, xubilado voluntario,  xubilada a secas (sempre)” Fíxate no uso do xénero, reflexiona ata que punto iso reflicte unha realidade social onde a muller, o sexo feminino, é secundarizada económica e socialmente. Paréceche xusto?

SINTAXE

-Distingue no texto os pronomes persoais tónicos dos átonos. Di a súa función sintáctica

-Explica os valores de “se”

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Primeira. O texto está elaborado como unha conversa do narrador con quen le. Escribe ti outro desa maneira.

-Segunda. No texto hai unha enumeración que ten moita importancia. Escribe un texto narrativo coa enumeración máis grande de que sexas capaz

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

54.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “ilusión”, “fortuna”, “beira”

-Ponlle título ao texto e di o seu tema.

GRAMÁTICA

-No texto, distingue o “se” reflexivo do “se” condicional”

SINTAXE

-Di a función sintáctica de “moi guap@s”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Reescribe este texto narrándoo sen diálogos.

FONÉTICA

-Que pasa se á palabra bEn, lle remudamos o E aberto por outro pechado? Poderías poñer máis exemplos, tamén vale con “o”.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

56-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado no texto de “extinción”, “refrito”, “orixinalidade”.

-Distingue entre significado denotativo e connotativo. Hai algún connotativo no texto?

GRAMÁTICA

-Imos facer un xogo, en lugar de “cobres” (verbo cobrar, verbo regular), imos imaxinar que di “cobres” do verbo irregular cubrir. Escribe o presente de indicativo do verbo “cubrir” , que irregularidades atopas? Repítense noutros tempos verbais?

SINTAXE

-Cal é a función sintáctica de “para escribir contos”?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-No texto coméntase o uso de dous minicontos que, combinados, forman un terceiro que é o que les. Escribe un texto narrativo que comece “Petan na porta pola noite” e que sexades vós quen o protagoniza.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

57.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “argallada”, “contrarrestar”, “invariante”

GRAMÁTICA

-Distingue no texto os verbos transitivos dos intransitivos

SINTAXE

-“depois de expresarche o meu eterno agradecemento” Cal é o suxeito?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este non é o primeiro miniconto onde se demanda a participación activa de quen le. Serías quen de escribir un miniconto con esta técnica? Se non dás, ou se queres escribir outro, faino de xeito que o enredo se resolva nunha ou varias notas a pé de páxina

NOTA: miniconto e micro-relato son dúas cousas diferentes, o primeiro ten enredo, conta un sucedido, e final epifánico (remata na mente lectora); pola súa banda o micro-relato non ten enredo aínda que si remate epifánico..

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

58.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado no texto de “afecto”.

-Di un sinónimo de “primeirizo”.

-Di un antónimo de “experiente” (sen empregar o prefixo negativo -in).

GRAMÁTICA

-“Soíño” é un diminutivo con significado afectivo positivo. Serías capaz de dicir algún diminutivo con significado afectivo negativo ou pexorativo?

SINTAXE

-“á compañía aseguradora”, cal é a súa función sintáctica.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Propóñoche un xogo. Proba poñer o parágrafo inicial no remate, o efecto é o mesmo? Pensa que pasaches dunha estrutura dedutiva, a do texto, a unha indutiva, a que ti usaches. Son dúas formas de presentar a información

FONÉTICA

-Procura os sons sonoros.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

 

59.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“As cousas parece que se compuxeron un pouco” Reescribe a oración utilizando algunha expresión similar á sinalada.

-Título e tema do texto.

GRAMÁTICA

-“chorado” é un participio regular, mais tamén os hai irregulares, cantos saberías dicir?

SINTAXE

-“cando o atropelou o carteiro”. Que función cumpre “o carteiro”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Reescribe o texto de xeito que sexa unha enumeración consecutiva: 1, 2, 3, 4……

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

61.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“fenda”, “machada”, “arreguizo”, “parapeto”. Di o seu significado.

-Poderías poñerlle título ao miniconto?

GRAMÁTICA

-Escribe o copretérito (pretérito imperfecto) do verbo CRER  e o presente de indicativo de OBEDECER.

SINTAXE

-“ pola imperiosa urxencia de ampliar a casa”. Di que función sintáctica cumpre. Es capaz de usar outro nexo diferente?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Neste miniconto cóntase un enredo que desafía a credibilidade. Por iso adoptouse unha estratexia que confirme a súa verosimilitude. Escribe un texto con enredo fantástico ou sobrenatural e trata de convencer da súa fiabilidade.

-Tamén é unha estrutura onde o primeiro parágrafo e o do remate están en contacto, é o que se chama unha estrutura circular. Escribe un texto usándoa.

FONÉTICA

– Di como é o vocalismo tónico de “momento”, “arreguizo”, “lombo”, “morte”, “cerebro”.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

62.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO.

-Di o significado de: “teso”, “preñe”, “gaiola”, “cortello”

-Di cal é o tema do texto.

GRAMÁTICA

-Preñe é un participio irregular ou truncado. Xa falamos deles e fixemos exercicio. Agora debes dicir a que conxugación pertence o verbo e cal a súa vogal temática.

SINTAXE

-“Sen recompensa de nada” Indica a función sintáctica de de nada.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Observarías que neste mniconto hai un uso do artigo especial, ás veces non está presente, desaparece. Valora o efecto estilístico. Escribe un texto seguindo esta estratexias.

-No texto mestúranse dous tempos. O presente de quen está contando o enredo. O pasado ao que pertence o contado. Escribe un texto con esta estratexia, o conto dentro do conto, neste caso mini.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

63.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “colo”, “sabañóns”, “pilosidades”, “clemencia”.

-Poderías poñerlle título ao texto.

GRAMÁTICA

-“leva aí dous días sentado” Leva sentado é unha perífrase, saberías dicir que significado teñen as perífrases co verbo levar?

SINTAXE

-“Un bocata de luras quente”, saberías dicir a diferenza sintáctica con “un bocata de luras quentes” .

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Neste miniconto é moi importsante a descrición. Imos facer o seguinte exercicio: onde haxa un substantivo que non leve adxectivo, ponllo ti. Ademais fai que o enredo se desenvolva no futuro.

FONÉTICA

A noite sucedeu o día e con el nubes suxas deron nun mesto pingar que obrigaba os desprevidos a alancar na procura de abeiros. Non pararía de chover en todo o día, á xente, debaixo ou  non de paraugas, non lle importaba, a el tampouco, a auga escorríalle, escorríanlle moitas cousas”. Xustifica a presenza ou ausencia de til gráfico.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

64.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado no texto de: “recipiente”, “atoran”, “ávidas”, “gorxa”, “nirvana”.

-Notarías que no texto existe dúas ideas principais e moitas secundarias, sinálaas..

GRAMÁTICA

-O texto está cheo de expresións exclamativas que non levan marca, sinálaas.

SINTAXE

-Cal é o suxeito do verbo “enmarcan”?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Escribe a opinión que che merece este miniconto, o que queiras sempre que parta do texto deste miniconto. Iso si, debes empregar unha estrutura narrativa indutiva: é dicir, vai expoñendo os motivos para rematar coa conclusión.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

65.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Que é unha “choiva ácida”.

-Ponlle título ao texto.

GRAMÁTICA

-Pensouse, se manifestou. Xustifica a colocación do pronome “se” nestas secuencias do miniconto.

SINTAXE

-Procura no texto unha oración causal

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Cando na liña temporal expositiva se produce un salto cara adiante, ese fenómeno denomínase prolepse. Cando, como aquí, sucede o contrario, cando o salto é cara atrás chámase analepse. Escribe dous textos onde se manifesten.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

66.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di antónimos de “sincera”, “firme”,” brillante”, e explica a que categoría pertencen.

GRAMÁTICA

-Procura os verbos transitivos e intransitivos.

SINTAXE

-Cal é función sintáctica de alegrando o corazón en “estame alegrando ocorazón.”

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-A descrición ten moitísima presenza neste miniconto. Reescríbeo usando descricións antónimas das empregadas.

FONÉTICA

-Procura os sons oclusivos xordos.

.


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

67.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “frangulla” ,“bandazos” e “beirarrúa” e “alancar”.

-Ponlle título ao texto.

GRAMÁTICA

-Di o pretérito de indicativo do verbo “traer”.

-“Ridor” é un substantivo creado a partir do verbo rir. Fai o mesmo con outros verbo.s

SINTAXE

-Cal é o suxeito en “, e outra tinxida de castaño que lle rifaba a unha mocosa enlarafuzada.”

-Distingue os usos de “o” como artigo e como pronome.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-O miniconto conxuga a narración co monólogo interior e mesmo co estilo indirecto libre. Es capaz de sinalar no texto cada unha desas estratexias?

-Notarías que tamén combina a narración en primeira persoa e en terceira persoa. Reescribe cada parte mudando a persoa narrativa.

FONÉTICA

-Que sons xordos atopas?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

69.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “escarnio”, “prexuízo”, “mesquiño” e “parasitos”.

-Cal é o tema do texto?

GRAMÁTICA

-Explica a colocación do pronome persoal átono mo texto.

SINTAXE

-Cal é función sintáctica de “corazón puro”?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este microconto está escrito sobre unha estrutura de enumeración gradativa argumentativa. Enumeración porque se van expoñendo motivos un despois de outro. Gradativa porque cada un é máis grave que o anterior. Propóñoche que escribas un texto reflexivo onde deas a túa opinión sobre o miniconto (tamén serve calquera outro tema), utilizando unha enumeración gradativa.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

70.-

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

“maldita mañá mollada” é unha secuencia   onde a sonoridade vai marcada pola repetición do fonema /m/. A sonoridade sempre é agradábel, e, ademais conduce a que inconscientemente nos fixemos especialmente nesa secuencia de palabras. Aquí hai unha explicación lóxica para que a sonoridade se concentre aí. Saberías dicir cal é?. Procura efectos sonoros.

FONÉTICA

-Secuencia silabicamente o texto

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

71.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “sofá” e “chan”.

-Di un antónimo de “negra”, especificando se é gradual ou complementario ou privativo.

GRAMÁTICA

-“En col de” é unha locución prepositiva de lugar, aquí está correctamente utilizada, saberías explicar cando se usa mal?

SINTAXE

-“As paredes que me encerran”. Cal é función sintáctica de “me”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este miniconto case se podería pintar sen que perdera significado, de non ser polo remate “veranme a min eles?” Describe un cadro, calquera, ou unha fotografía. Podes empezar por un canto ou polo medio, como ti queiras; despois sorprende emitindo a túa opinión sobre o escrito de forma sintética.

-Que opinión che merece a mensaxe deste minconto? Argumenta.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

72.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Mirar polo rabo do ollo” Que significa? Saberías dicir sinónimos?

GRAMÁTICA

-“Gacha” é un participio truncado. No texto hai moitos verbos, atopas algún que tamén teña participio irregular?

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Se te fixas, no texto hai unha primeira parte puramente descritiva. Despois vén outra onde a descrición é gradativa e expón unha acción, mais só entenderemos esa acción lendo a conclusión. Sinala as tres partes, que elemento LÉXICO e de COMPRENSIÓN DO TEXTO as distingue?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

73.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o antónimo de “temperá”, especifica que tipo de antónimo é.

GRAMÁTICA

-Explica cales son os morfemas constitutivos de “concentraba”.

SINTAXE

-Sinala as oracións coordenadas copulativas e disxuntivas..

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Comenta a impresión que che produciu esta lectura. Faino empegando unha estrutura circular, empezando e rematando coas mesmas. Coida que a exposición das causas sexa evolutiva ou encadee a secuencia: causa-consecuencia.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

74.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO:

-Di o significado de “abillar”, “escintileos”, “gástrica” e “danza”.

-Ponlle título ao texto.

GRAMÁTICA

-“Trío” é un numeral multiplicativo, saberías dicir os correspondentes a ese número, o anterior e o posterior, mais que sexan numerais partitivos.

-O verbo “haber” en presente de indicativo é un verbo defectivo. En que consisten os verbos defectivos. Di máis exemplos.

SINTAXE

-Diferenzas sintácticas entre “un home necesariamente político” e “un home politicamente necesario”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este miniconto podería narrarse con menos palabras. Porén optouse por unha narración en estilo elevado, culto, elegante. Poderías sinalar en que se nota ese estilo elevado?

FONÉTICA

-Describe o vocalismo do primeiro parágrafo.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

75.-

LEXICO

-Di o significado de “cavidade”, “racista”,  verborrea”, “dúbida”.

Serías capaz de facer o campo semántico de “cavidade”.

GRAMÁTICA

-Con que outras clases de palabras contrae a preposición “con”.

SINTAXE

-Di a función sintáctica de “da prestancia física”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Neste texto, a descrición ten un papel moi importante. Sinala as metáforas empregadas.

-Di a túa opinión sobre o contido do texto. Procura non repetir palabras (dan idea de que non evoluciona o contido) e que no remate se expoña a conclusión

FONÉTICA

– “físico enche o ollo”. Que acontece se a “Enche” lle mudamos o vocalismo tónico polo contrario?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

76.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Poderías poñerlle título ao texto?

-“Tarde”, di o seu hiperónimo.

GRAMÁTICA

-Segmentar morfoloxicamente: “impertinentes”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

Cal dirías que é o tema deste miniconto? Nel enuméranse as necesidades vitais dunha do protagonista. Fai unha listaxe coas túas.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

78.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “atoallar”, “fazulas”, “décadas”, “exércitos”.

GRAMÁTICA

-O verbo “gozar” é transitivo ou intransitivo no texto.

SINTAXE

-“Gozarme en que aproveites a túa vida”. Fai a análise sintáctica.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Sinala as tres partes de que consta o texto.

FONÉTICA

-No parágrafo final muda o vovalismmo aberto/pechado polo seu contrario.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

79.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di os antónimos de “fragmentación”, “humildade”, “habilidade”, “conto”. Especifica que tipo de antonimia gardan.

-Cal é o tema do texto?

GRAMÁTICA

-Tres é un numeral cardinal, indica unha cantidade exacta. Di cantos máis numerais colectivos poidas, estes indican cantidade inexacta.

SINTAXE

-Di a función de “de algo moito máis humilde”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Sinala as ideas fortes ou básicas desde as que se constrúe o texto.

-Xustifica ou  nega a conclusión a que se chega no texto.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

80.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “certidume”, “abastar”, “estúpida”, descenso. Indica os seus antónimos.

-Pon título ao texto.

GRAMÁTICA

-“Fai virar” / “vas renunciar”. Só un deses encontros verbais é perífrase verbal. Di cal e razoa a respostas. Despois indica o significado des perífrase.

-“Chos entrega Xustifica a posición do pronome persoal átono.

SINTAXE

-Fai a análise sintáctica de “nunha estúpida ou distraída tropezadela”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Seguramente xa te decataches de que todo o texto só hai un punto a parte. Porén está composto por varias unidades sintácticas oracionais, sinálaas. Reescribe o texto puntuando doutro xeito.

-Este texto está escrito en estilo elevado (culto, grandilocuente). Escribe ti un texto argumentativo que confirme ou negue ou expoña dúbidas sobre o tema do miniconto. Desta vez imos utilizar o formato da “carta á dirección dun xornal”.

FONÉTICA

-O texto adopta un ton solemne. Leo en voz alta

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

81.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Diferencia entre “deconstrución” e “reconstrución”.

-Ponlle título ao texto.

-“Guatemalteco é un xentilicio, indica de onde é nativa unha persoa. Di os correspondentes a Marrocos, Iran, Alemaña, China, Exipto, O Canadá, Nicaragua, O Brasil, Escocia, Bretaña.

GRAMÁTICA

-“A súa”. Indica os casos en que o posesivo pode non levar artigo diante.

SINTAXE

-Que función sintáctica cumpre “bastante máis problemático e inseguro”.

ESTRATERXIAS NARRATIVAS

-“Desde cativo grande…” Velaí dous antónimos que constitúen unha antítese. Procura máis antíteses, podes utilizar frases..

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

82.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“Varices”, ·”Codelas”, “Masaxe”, “Carrusel”. Di o seu significado.

-Pon título ao texto.

-Di o hiperónimo de “varices”..

GRAMÁTICA

-Segmenta morfoloxicamente: “quedaremos”.

SINTAXE

-Fai  a análise sintáctica de “sempre lle pasa cando está concentrado nalgo”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

Observa como no texto alternan a forma dialogada co monólogo interior. Os diálogos non están marcados, como se chama este estilo? Das dúas formas sabemos o que pensan as personaxes.

Reescribe o texto comezando polo final e rematando polo inicio. Que efecto che produce? Contrástao co do texto.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

83.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o hiperónimo de “camión”.

-Di un sinónimo de “A el tiráballe ser cantante”.

GRAMÁTICA

-Traduce para o castelán: “En África a xente morre coma moscas e aquí as moscas non dan morrido”. Explica a razón de que non se poida ofrecer unha tradución exacta, cal é o motivo?

SINTAXE

-Fai a análise sintáctica de “seguirá sen haber leite en África”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Este miniconto é un monólogo interior no que contrastan as realidades sociais de Galiza e África até que conflúen. Sinala ese momento.

-Cal é a intención comunicativa do texto?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

84.-

ESTRATEXIAS COMUNICATIVAS

-Sinala todas as características do texto que pertenzan á oralidade.

-Sinala os cultismos que atopes no texto.

-Escribe un monólogo interior explicando o que che pasou no día.

PARA DEBATE

-Sabes que é a deslocalización? Iso é bo ou é malo?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

85.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “galano” e “fineza”. Di tamén sinónimos das dúas palabras.

-Tarde é unha das partes do día, cales son as outras?.

GRAMÁTICA

-“ir bailar” é unha perífrase? Explica os motivos

SINTAXE

-Fai a análise sintáctica de “gustábame verte chegar”

ESTRATEXIAS COMUNICATIVAS

-Escribe un texto argumentativo que xustifique o remate: “o único que importa na vida é o que acompaña”. Pon moita atención na coherencia argumentativa e deixa o motivo máis importante para o final.

-Tamén podes escribir demostrando o contrario, que “o que menos imposta na vida é o que acompaña”

FONÉTICA

-Este texto presenta un ton confidencial. Leo en voz alta, despois troca o ton confidencial por outro autoritario, militar.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

88.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di os antónimos de “grande” e “mandar”, especificando que tipo de antonimia é.

-“Contario” é unha creación léxica nova, un neoloxismo, di a partir de que dúas palabras foi creado.

GRAMÁTICA

-Di cantas máis frases preposicionais con demostrativo poidas. No texto tes unha: “por iso,”

SINTAXE

-Procura todas as oracións coordenadas do texto,

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Aquí utilízase unha estratexia narrativa medieval, que consiste na sobreutilización das oracións coordenadas copulativas como se facías nas cantigas e Santa María. Refai os textos usando as menos copulativas que poidas.

-Á súa vez nesta estratexia narrativa tamén se emprega outra procedente do mundo administrativo, saberías dicir cal?

PARA DEBATE

-Cuestiónese a ética tanto dos enunciados do texto como a do que dan a entender.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

89

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-O texto carece de título, búscallee un axeitado.

-Por certo, quen é ese can? Sabes porque lle chamaban así?

GRAMÁTICA

-“Decidirmos” é un infinitivo conxugado ou persoal, conxuga o resto de persoas e xustifica a súa presenza na oración.

SINTAXE

-No texto hai unha oración incompleta. Explica porque non é necesaria a súa continuación. Por certo, iso chámase epifanía ou referencia en anáfora.

-O texto mestura dous tipos de estilo, o solemne ou elevado e o coloquial, sinala no texto as súas partes. Saberías dicir que significado ten esta mestura?

PARA DEBATER

-Cal é pobo prohibido? Por que é prohibido?

ESTRTEXIAS NARRATIVAS.

Hai unha metáfora sen a cal non se entende o texto, cal?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

90.-

PARA DEBATE

-Cal é significado do texto? Fíxate en que o contraste ten un importancia moi grande.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

91.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Procura catro palabras cultas e di o seu significado.

-Procura catro palabras patrimoniais e di o seu significado.

-Pon título ao texto.

-Explica o significado de : “con esa delicadeza que teñen algunhas mulleres que parece que non se queixan senón que se preocupan por ti”.

GRAMÁTICA

-Procura as perífrases verbais do texto.

SINTAXE

-Cal é a función sintáctica “para prepararlle o almorzo” na súa oración.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-No texto  non se utilizan nomes propios. Argumenta a túa opinión sobre iso.

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

92.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-O texto non ten título, búscalle un.

-“Durmir dun tirón”, “pegar ollo”, explica o seu significado.

-Di o significado de “adormecer” e “inadiábel”.

GRAMÁTICA

-Trasantonte, antonte, onte…son adverbios de tempo preciso, que efecto producen cando están situados antes dun pronome persoal átono? Serías capaz se completara serie de adverbios de tempo  preciso?

-“estame” e “rindome” levan o pronome persoal “me”, mais cumpren funcións distintas, saberías identificalas?

-Identifica os compoñentes morfolóxicos de “infertilidade” e “emocional”

SINTAXE

-Análise sintáctica de “Con todo son incapaz de durmir en semellantes condicións”

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

Escribe un relato argumentativo a partir de “Se os teus ollos me miran”

-Que efecto che produciu a lectura do miniconto?

FONÉTICA

-Segmenta foneticamente o seguinte: “Si, hoxe fago exactamente as mesmas cousas que hai dez anos.”

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

93.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “segou”, “gume” e “gorxa”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-En realidade esta é unha forma de poesía chamada caligrama, na cal o texto adopta a forma dun obxecto. Serías capaz de escribir algún caligrama?

-Reconta o texto, mais agora utilizando a prosa. Ponlle título.

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

94.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-“repercutir”, “metamórfica”, “pezoñas” e “estratexias” di o seu significado.

-Cal é o tema do texto?

GRAMÁTICA

-Identifica e di a función dos pronomes persoais átonos e tamén dos demostrativos.

SINTAXE

-Xustifica o uso da linguaxe inclusiva e explica por que non se usa sempre.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-“evolutivos e impresionábeis” son as dúas categorías en que o texto distribúe o tipo de personalidade, porén rematan confundíndose. Explica a razón

-Que historia se agacha detrás do que se conta no miniconto?

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

96.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Explica o significado de “non lle prendían ben as vagancias”.

GRAMÁTICA

-Explica a ausencia de artigo diante do posesivo en “seus amigos, súa compaña”.

SINTAXE

-Análise sintáctica de “ os ollos verdes rebulíanlle excitados”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Argumenta os aspectos que se critican no texto.

-Kelvinator etc…son procesos de humanización, de deshumanización ou as dúas cousas á vez? Argumenta a resposta.

-Cal é o tema do texto?

 

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

97.-

LÉXICO E COMPRENSIÓN DO TEXTO

-Di o significado de “envisa”, “paciencia”, “vespertino”, “sorten”.

-Serías capaz de dicir tamén os seus antónimos a  que clase pertencen?

-“Pan cortado” é como se debe dicir en galego o que en castelán. é……………………………………..?

GRAMÁTICA

-Conxuga o presente de indicativo do verbo “surtir”.

-“Aquela unha lavadora”, cal é valor do demostrativo?

SINTAXE

-Que función sintáctica cumpre “espertos” en “outros soños recén espertos”.

ESTRATEXIAS NARRATIVAS

-Decatácheste da peculiar forma de indicar pausa sen usar comas ou vírgulas no remate do texto? Ten en conta que esta estratexia narrativa só se pode usar en escritos de creación literaria.

-O miniconto está escrito en base á exposición da realidade e os soños. Escribe ti outro con esa estratexia.

-Cantos anagramas es capaz de construir desde a palabra “lavadora”?

-Finalmente, é un miniconto de amor, desamor ou as dúas cousas á vez. Argumenta resposta.

PARA DEBATE

-Ata que punto o miniconto reflicte unha situación real? É xusta ou inxusta?

 


XMEYRE. MAIO 2024


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Skip to content