SOBRE MIN

Seica nacín un 16/06/1960 (As Lamelas, Laxe, Chantada). Eu estaba alí, mais non o lembro. Dígoo ben clriño porque hai quen non o dá entendido

Permítanme agora pasar por riba calquera outro dato até 1986. Comprendan, lembrar o que se fixo tamén equivale e lembrar o que non se puido facer polos motivos que foran, téñano en conta, fáganme esa fineza.

No 1986 tiveron lugar dous acontecementos moi importantes para min. Xa licenciado en Filoloxía, sección Galego-Portuguesa, comecei a impartir docencia. Despois fun nomeado catedrático, mais non lembro a data. E no mesmo ano viu a luz o número 0 da revista Ólisbos. Como pretendía ser a revista onde @s alumn@s da Facultade de Filoloxía se manifestaran, foi unha revista plurilingüe onde, desde o galego como lingua prioritaria puideran manifestarse calquera das disciplinas impartidas na Facultade, aínda que en realidade chegaron a utilizarse máis idiomas. Ólisbos foi unha precisoa e exitosa inicitaiva na cal colaborei, sendo tamén membro fundador.

No ano 1988 comecei a publicar crítica literaria nas páxinas de A Nosa Terra.

Duante a década dos 90 dediqueime a dinamización cultural na bisbarra de Chantada, partcipando nas revista AChantada e Alem-Parte (colaborador e co-promotor), e organizando e colaborando (tamén colaboraron Olga Varela e Xosé M. Vélez) no libro Avelino Gómez Ledo no seu centenario, editado pola Deputación de Lugo en 1996. Tamén participei na Historia da Literatura Galega promovida este ano por A Nosa Terra e a AS-PG ocupándome do fascículo corresondente a narrativa actual, así como de dous libros divulgadores desa narrativa como mostra de xéneros e tendencias actuais. Xa no 1999, e no ronsel da dinamización cultural chantadesa, fun un dos creadores do Primeiro Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, o primeiro premio de narrativa hiperbreve nado na Galiza. Fascinado pola narrativa hiperbreve, posteriormente verían a luz dous libros: Nin che conto (onde ofrezo un estudo introductorio a esta nova forma escritural, unha antoloxía do miniconto internacional e outra do miniconto galego) e, previamente, no 2005, Constelación de Ío, minicontos relatados desde a perspectiva dun cativo que comeza a coñecer o mundo.

No  ano 2007 participei na creación da Sección da Crítica da AELG, sendo membro da dirección Comisión Xestora que adirixiu. Nesa primeira  Comisión Xestora estabamos Olivia Pérez Tudela, Chus Nogueira e mais un servidor,  que, co tempo se iría renovando, permanecendo eu como nexo de unión das novas persoas que entraban na dirección coas saíntes. Permítaseme aquí a licenza de non nomear as seguintes persoas que comigo a formaron, seguramente habería esquezos imperdoábeis que a miña fraca memoria non é quen de atallar. Así até que no 2015 a escindimos dando nacemento á actual Asociación de Crítica Literaria, da cal sigo sendo membro.

Tamén no 2007 creei a Ferradura en Tránsito, a orixinal e dal cal nacería a versión II que agora acabamos de renovar.

Participei no libro de homenaxe a Manuel Luiro Rey, coordinado por Ramón Nicolás, baixo o título Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida publicado por Xerais en 2013.

Xa no ano 2020, vendo que a poesía (e a literatura en xeral) brasileira era moi pouco coñecida na Galiza comecei a divulgar poetas brasileiras para botar un remendo nesa carencia. Poetas brasileira negras, moi especialmente, porque son as que máis difícil acceso teñen tanto á lectura como á publicación. A súa ben se pode definir como unha poesía ocultada (polo poder político) ben parecida á situación que vivimos na Galiza. A iniciativa divulgadora consistía en publicar semanalmente un artigo crítico sobre unha poeta, seguido dunha mostra da súa poesía. Para sorpresa miña tivo moito eco no Brasil e esa foi a miña porta de entrada no mundo da lusofonía, e tamén me puxo en contacto con poetas portuguesas. Unha experiencia moi enriquecedora a nivel persoal, terriblemente enriquecedora, que me levou a colaborar na Escrita Criativa de Marcelo Spalding e no Correio do Povo de Porto Alegre (caderno dos sábados).

A miña última contribución á narrativa é  Ou as dúas estaredes mortas, saída do prelo neste 2023

Skip to content