Escribir foi asemade un xeito de evitar un tránsito desaforado ao longo de insás metamorfoses (9).
…………………………………..
Pensei seriamente se o destino de toda escrita, como tamén o entenderan os celtas, non sería volver ao silencio do que parte a voz humana (13).
…………………………………..
Ficción ou non, será o soño de quen busca saber acerca de si e do mundo (19).
…………………………………….
(…) cal é a distancia que existe entre a vida e a literatura? (22).
……………………………………
-(…) Eu, Orfeo, son ese nada, o nada previo ao universo (…) (40).
………………………………………
Esquezo a advertencia dos pais. Bótome á lama, a un lugar onde a veiga se mestura coa roda do carro (46).
……………………………………
(…) crebo a continuidade do relato que me forma (49).
……………………………………
Dise: <Has mirar a lúa con ollos de psicagogo> (50, salientado orixinal).
………………………………………
E esta maneira de abordar o tema é natural que nos sitúe en ámbitos complexos, en territorios fóra das habitais rutas (54-55).
…………………………………..
(…) o político está vinculado co sufrimento (57).
…………………………………..
<Hai que analizar minuciosamente todo o que chega, todo o que se me presenta> (63, salientado orixinal).
…………………………………..
Ariadna, a cretense señora do labirinto, non significaría outra cousa senón o abandono necesario para deixar facer (65).
…………………………………..
Que é, a fin de contas, un labirinto? Non é ese o símbolo do descenso por antonomasia? (68).
…………………………………..
Na musa convive o beatífico co terrible, co feroz. Esa ferocidade da musa fai que sobre o por ela posuído se erga unha maldición, un estigma (73).
…………………………………….
Así pois, finalmente aconteceu, eu, cantor, atravesei a porta prateada do inferno (87).
…………………………………….
(…) aínda non querendo recoñecelo, eu nacía na palabra, único lume que me quecía na inquebrantable noite de desconcerto e loucura (96).
……………………………………
Dende neno sinto unha afinidade cos relatos que falan dos ámbitos infernais (107).
…………………………………..
A escrita que manou naqueles días era vibrátil, altamente amorosa, forte, pero ao mesmo tempo declamativa, profética, case divinizadora (115).
………………………………….
Os ritos son parte da nosa vida e non debemos abandonalos con lixeireza (124).
………………………………….
A individuación é unha lutuosa emanación de psíquicas augas exóticas (128).
……………………………………..
Quen nace no mundo de Orfeo esquécese de quen foi (133).
…………………………………….
Mentres andaba comecei a pensar nos diversos modos en que o humano se achegara, co paso do tempo, ao coñecemento da realidade (143).
………………………………….
(…) por un lado o pracer do luminoso feito da existencia, polo outro a soberanía vertical e empoderante que nos rodea cando o saber se fai cargo dun (153).
…………………………………..
Cando aceptei o feito de que os relatos liberaban, volvín sondar, en primeiro lugar, as literaturas clásicas (158).
…………………………………..
Pero no instante en que a perda da fala se comeza a dar, a percepcióm empezaría a xirar drasticamente, séndolle posible unicamente atender os sons do relato contado, pero non así os seus contidos (177).
…………………………………..
Sen a natureza humana sería só unha potencialidade inaticulada (185).
…………………………………..
Todo estaba na bóveda celeste, pero todo estaba, ao mesmo tempo, no seu interior (194).
……………………………………
Foi así cando comezou a se sentir coma un poseso, un ser alienado, dominado polo exterior, polo non-el, polo Outro (197).
…………………………………….
(…) na que estivemos falando sobre un tópico para min daquela moi prezado: a literatura contemporánea desenvolvida á marxe dos núcleos culturais en voga (219).
……………………………………..
(…)tamén a necesidade do narrador de explorar un reino do espírito: o sufismo (224).
……………………………………..
<Esquécete da orixe, nunca inicies o percorrido do temporal> (237, salientado orixinal).
……………………………………..
(…) hai que diseminar a vida, baleirarse de contido, ser neutro, sen atributos, etc (237).
……………………………………..
(…)non hai núcleos soberanos, non hai eixes finais, as atávicas configuracións do primordial son sempre residuais (238).
……………………………………..
De repente tivo a intuición de que todo estaba repetido: todo se repetía cíclicamente (245).
…………………………………………
No intelecto está presente a completude das escritas, dos tecidos do aprehensible, da alfabética progresión do articulado (251-252).