subliñados de APROPIACIÓN INDEBIDA. UNHA HISTORIA DE AMOR (Lena Andersson, Huguin e Munin)

Porxmeyre

18/04/2019

O subxectivo era o obxectivo, e o obxectivo, o subxectivo. Sexa como for, esta era  ambición de Ester Nilsson (9).

……………………………………..

Este relato aborda o terrible desaxuste existente entre o pensamento e a palabra, entre a vontade e a súa expresión, entre a realidad e a irrealidade, ademais daquilo que medra na fenda entre os espazos (10).

………………………………….

<<Un artista que non atende á sociedade nin contempla a vulnerabilidade do ser humano ante a crueldade da existencia, non é digno de chamarse artista>> (12, salientado orixinal).

………………………………….

Todo canto ambos debatían era de carácter universal e eterno. As cousas miúdas e cotiás non eran do seu interese (18).

………………………………….

Quen non quere ser abandonado deberá deixar que aquel que quere marchar sexa o que formule os termos da mudanza (29).

…………………………………..

Atendendo a tales postulados, o ser humano non se concibía se non era a partir dun varón, branco, europeo e burgués (32).

…………………………………..

-Son artista -dixo Hugo-. Tamén na estética hai unha moral.

-Amplía iso.

Hugo respondeu:

-A estética é un acto moral.

Ela dixo:

-Que queres dicir?

-Quero dicir que a estética, a arte en si, leva dentro unha forza revolucionaria.

Ela dixo:

-Con independencia do seu contido?

-Se non o ten non é arte (35).

…………………………………………………..

A leria insubstancial derreábaa (43).

………………………………………..

A mentira é unha coiraza (45).

…………………………………………

Cando se ama e se é correspondido, o corpo tórnase livián (62).

…………………………………………

O baleiro nun lugar que o amante acaba de abandonar é o máis grande dos baleiros. Nese intre estaba a sentilo (85).

………………………………………….

Para Ester, escribir nunca fora unha maneira de fuxir senón de resistir, e a resistencia nada ten que ver coa fuxida (93).

………………………………………….

Non existe peor sufrimento ca non entender (94)

……………………………………………..

O paradoxo dos físicos:

Que non lembramos o que aínda non aconteceu.

O paradoxo dos filósofos:

Que lembramos algo só porque aconteceu.

O paradoxo dos psicólogos:

Que lembramos o que nos convén.

O paradoxo dos políticos:

Que o ser humano ten memoria.

O paradoxo dos médicos:

Que a memoria falla.

O paradoxo dos amantes desgraciados:

Que a memoria dos acontecementos non cambia (94-95).

………………………………………….

A súa obra trataba sobre o comportamento das persoas unhas coas outras, sobre a maldade implícita no deleixo, sobre o exercicio do poder e da impotencia (97).

………………………………………….

No momento no que realizou a chamada a man non lle tremeu; non tiña por que facelo. El dixéralle que falarían á súa volta de París: ehortáraa a chamalo. E como xa regresara, chamou (129)

…………………………………………

A única arma do que ama é deixar de amar (134).

…………………………………………..

Debía aprender que ninguén pode revelar completamente o seu interior: tal confianza non existe (146).

…………………………………………..

A persoa que ama non ten necesidade de adorar, pero a que adora ten que manter a integridade do seu obxecto de culto para non abaterse ao reparar nas súas imperfecccións. Pola contra, a persoa que ama pode expresar con liberdade o seu parecer (155).

…………………………………………..

A cultura do honor tiña un obxecto ben distinto. Creárase coma unha defensa contra a apropiación indebida entre as persoas (170).

………………………………………………..

-Como é que únicamente Occidente ante as súas accións e ideas e todos os demais non? -preguntou-. Ti , e moitos coma ti, dividides o mundo en categorías fixas e inmutables: os responsables e os inocentes, os afoutos e os indefensos. Como podedes aturarvos a vós mesmos, como aturades esa condescendencia brutal cara aos que non considerades da vosa caste? (181).

……………………………………………

(…) o que abandona non necesita falar porque para el non hai nada que decir (187).

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido