crítica de ZOOM, de Ramón D. Veiga, en Xerais.

Porxmeyre

09/08/2022

DOCE RELATOS E UNHA HUMANIDADE

Título: Zoom

Autor: Ramón D. Veiga

Editorial: Xerais

Dise que os relatos son unha lectura moi acaída para o verán, abonda con ver como nos xornais enchen páxinas centrais, aínda que a calidade ás veces fase de rogar, porén seica iso no importa moito pois o principal é que sexan lecturas levadeiras. Dise. Dinse tantas cousas! Particularmente descremos absolutamente de que o verán sexa tempo para lecturas descomprometidas, sinxelamente porque pensamos que ese tipo de lecturas son válidas para calquera estación do ano. Porén, esta é unha forma de indicarlles que estamos diante dun libro de relatos. Se queren, aínda máis: estamos diante dunha ducia de relatos que poden ser cualificados como lecturas levadeiras, desas que din que son acaídas para este tempo inclementemente solleiro. Mais déixenme que @s advirta non se trata de lecturas banais. Evidentemente, vostedes poden proxectar o tipo de lectura que prefiran, poden, sob risco de ficar na tona e perder a verdadeira mensaxe que nos transmite este Zoom, que constitúe a estrea do autor para un público adulto.

Para ir abrindo boca, apetécelles ler un relato protagonizado por Amancia Ortega? Pois élles o primeiro que aquí temos, e tamén co mundo da roupa como escenario. Non lles escape que o xogo de palabras (Amancio/Amancia) é un indicativo que convida a unha lectura participativa, a unha lectura que non fique na tona, que diciamos antes. E así vai seguir sendo, xa o propio título nos indica para unha abertura de cámara que nos acerque o obxectivo. Cal é o obxectivo? O obxectivo é o humanitarismo que está detrás ou no fondo de cada relato. Vivir non é sinxelo. Moito menos cando xa se vai sendo persoa idosa, tema que aquí se repite en enredos distintos. A idade parece como se nos fora deixando á marxe, mais non é así, simplemente ofrece unha perspectiva distinta sobre o conflito que constitúe a vida.

Fíxense que no título refírome a “unha humanidade”. Porque, en realidade, o humanitarismo sempre é un. Si, a vida ten moitas facianas, é prisma interminábel, e aquí preséntansenos doce casos, porén, desde a forma que sexa, desde o enredo que sexa, o humanitarismo só é un, é único. Certamente, trátase de relatos que a primeira vista teñen lectura desenfadada, mais no fondo, a pouco que se caletre ou reflexione sobre o lido, sempre aniña esa preocupación humanitarista, aínda que polo medio haxa malentendidos, como en “Chloe”, por sinal e porque foi un dos que máis nos compraceu e por dicir un, porque a calidade técnica, e mesmo a variedade técnica, son constantes. Trátese dun relato con base no diálogo ou outros máis convencionais. Trátese de relatos moi curtos ou doutros máis demorados. Os dous do remate ben poden exemplificalo.

Porén, dentro do humanitarismo sempre presente, existe un aspecto seu que se trata con relativa frecuencia en enredos ben diferentes. Contrástese “Definitely Maybe”, o penúltimo, con calquera dos que inclúen personaxes idosas. O paso do tempo nunca nos deixa indemnes, pode que nos confunda, e rematará por condicionar a nosa vida (de aí, concluímos, toda a preocupación do autor con este aspecto temático) porén tamén abre fiestras para unha contemplación da vida diferente.

No relativo á lingua, algún coloquialismo castelanizante hai (“non hai Dios que te entenda”) e tamén palabras como “coada”,  aínda que admitida pola RAG, non deixa de ser calco do castelán mentres temos outros termos para ese significado. En realidade deica que a RAG admitiu ese uso, Eladio Rodríguez e Franco Grande tíñana como unha forma de aclarar a roupa branca.

Polo demais, agardamos novas entregas máis ambiciosas do autor, que, neste título, demostra que sabe compoñer relatos que axiña interesen a quen os le.

ASDO.: Xosé M. Eyré

(Membro da Asociación Galega da Crítica)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content