crítica de PEREZ. HISTORIA DUN TRIUNFO, de LLerena Perozo Porteiro, en Galaxia

Porxmeyre

16/12/2021

QUE NON SEXA SÓ XUSTIZA POÉTICA

Título: Pérez. Historia dun triunfo

Autora. Llerena Perozo Porteiro

Editorial: Galaxia

Para a súa estrea como romancista, Llerena Perozo escolleu un enredo reivindicativo e denunciador á vez. Denuncia os malos tratos recibidos polas mulleres, tanta físcos como psíquicos. Malos tratos? Esa é a etiqueta social que se aplica con máis frecuencia. Para min trátase de brutalidade, e aínda esa palabra me queda pequena. E reivindica o valor das persoas que enfrontan estas situcacións e axudan as vítimas. No romance, a inmensa maioría son mulleres mais tamén hai algún home.

                     O romance presenta dúas partes ben definidas, aínda que o deseño editorial é compacto. Nunha primeira parte cóntasenos com o Pérez chegou a ser home de prestixio laboral e social e como ese Pérez se convertiu nun sádico e violador. Non quero desvelarlle moito do enredo. Simplemente direi que se criou con dous irmáns que teñen as mesmas vivencias que ten el, mais non se convertiron en sádicos e violadores. Simplemente direi que estuda Medicina de maneira meteórica. Que casa moi novo e ten até seis fillos sendo aínda moi novo. Nesta primeira parte, repito, relátase o seu ascenso social e proefesional á vez que é un sádico e violador, mesmo coa propia esposa, e cando iso non lle abonda sempre atopa selectos clubs de prostitución nos que pode satisfacer os seus desexos sen que a ninguén lle importe o lamentábel estado en que quedan as súas vítmimas. Nesta primeira parte, no perfil psicolóxico da súa esposa, Manuela, pouco se avanza. Mentres se le pode bótarse de menos. Porén ten unha explicación lóxica, faráse na segunda parte do romance. Lóxica e ben administrada, porque sorprende.

                     Esa segunda parte do romance cóntanos como, cando el menos o sospeitaba e está chegando ao máximo explendor social e profesional, e quen menos sospeitaba, van facer xustiza sacando á luz pública as súas perversas “afeccións”. Aquí denúnciase o tráfico de mulleres, aí a historia de Hosa e a sú airmá, ocupan lugar central. Non é nada que non saibamos, España é un dos países onde máis tráfico de mulleres hai a nivel mundial. Non é nada que non saibamos, si é algo no que, aínda conscientes da gravidade, a sociedade parece como se fixera oídos  xordos, porque a resposta social segue a ser proporcionalmente moi baixa. Porén esta segunda parte tamén conta a historia da primeira secretaria, de Manuela e outras mulleres (non só Hosa) que deciden tomar a xustiza pola man, como fixera Rosalía. E, nisto, tomar a xustiza pola man non hai nada de vinganza, ou, mellor dito, as mulleres non actúan por vontade vingativa senón xusticieira. Non é un “ollo por ollo”. Trátase de algo máis sofistificado e fectivo.

                     O mellor do romance, tecnicamente falando, é o encaixe desas dúas partes. E que a segunda eleva o nivel climático do enredo, efecto que sempre deixa a quen le cunha opinión favorábel sobre o lido. Aïnda que a historia de Pérez (o apelido tan común é propositado e,a meu ver, acertado) nos sexa ben coñecida, había que, hai que escribila, esta e moitas máis veces até que ningún Pérez exista xa. Eis un romance valente e necesario.

                     Alén diso, nótase que estamos diante dunha narradora debutante. Ás veces o uso do adxectivo é supérfluo, abúsase del, e bótase man de fraseoloxía calcada desde o castelán (por sinal “viva a virxe”, “da outra aceira”), aliás e tamén o uso do pronome persoal átono ten deficiencias. Para alén destes tropezos formais, a estrutura está ben traballada e as configuracións psicolóxicas das personaxes, sobre todo algunhas femininas (caso de Manuela ou Xulia), só no remate se conseguen, porén esta é unha obdiencia á estrutura ideada, na cal se procura o remate climático onde chegará a “xustiza poéticas” de mans dunhas mulleres que nos sorprenden pola súa afouteza.

                     Cantos romances, ou libros, como este haberá que escribir aínda para que xa non haxa que falar de “xustiza poética” ou “xustiza pola man”? Mentres non sexa así haberá que seguir na loita Decididamente.

                     Lean. Crean. Non se espanten da sádica e inhumana actitude de Pérez, nin do seu machismo. Sucede. Coas súas vurtudes e so seus defectos Llerena reflicte un acontecer tan real como antigo.

                     Lena. Crean. E actúen. Xa.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content