Volve Manuel Rivas aos trinques das librarías coa novela Tras do ceo.
Pronto hei escribir a crítica. Polo momento aí van estes subliñados para que vaiades facendo a boca auga.
-“Se as cousas se reviraban, era un problema das cousas”, (15)
-“Para eles, o mundo ía estupendamente mal”, (16)
-“Procura que non te vexan os animais. Pero, sobre todo, que non te vexan os outros cazadores”, ( 33)
– “Ter non teño un peso, díxome, pero se me levas vouche contando contos”, (45)
– “-Non creo. El ía regalando. Un día chegou a Chorima cunha galiña debaixo do brazo. Fixera o troco por un exemplar da Enciclopedia. Mamai case chora. A min o último que me aprendeu foi que unha bala do meu Winchester penetraba até a páxina 365 do tomo. Disparei e así foi”, (48)
-… O Lepisma saccharina, vugo peixiño de prata. O único ser que se alimenta de palabras. (49)
-Mesmo a néboa, no arredor, parecía retirarse, resentida. (53)
– -“Pois eu penso que hai que pensar o que non se di” (61)
– …”En Medicina, tiven un moi bo profesor, Rof Carballo, e sempre nos dicía que o complexo máis estendido entre os galegos é o complexo de Polícrates. Que desconfías de que as cousas vaian ben” (66)
– “Unha cousa é ser pobres e outra pobriños” (72)
–Ben. Pois eu o que quero é desatrasar a fame. (91)
-“Coma quen descobre a verdade no pecado” (95)
-“-Os produtores! -murmurou o meu pai, pola súa banda, espigando sílabas no chan (95)”
– “As vacas sabían que en Chorima viviamos a perdas” (96)
-“As máquinas da granxa teñen ese aire rancoroso que se lles pon cando levan moito tempo paradas” (98)
-“”Imos ver o Oficial Maior. Imos poñerlles o rabo ás cereixas!” (100)
-“O contente que se pon cando ten o medo a favor” (104)
– …”as guerras comezan cando se bota pólvora ás palabras” (105)
– “Eu agora sabía o que nunca esquecería. Que aquel día Stella e ela decidiron non aceptar o destino. Desobedeceron. Elixiron” (134)
-…”Deus é omnipotente, padre!”. E sabes que fixo? Pois deu outro xiro garboso e dixo: “Si, muller, está en todas partes. Mesmo no bacilo de Koch!” (136)
– “-Era pola educación do saber” (136)
-“Era un cabalo que melloraba a quen o montaba. Fermoso. Pensativo. Daba gana de abrazalo” (140)
– “Bruno tiña tres ou catro caras. A que me mirou agora falaba con silenciador” (144)
-“Os animais e as árbores tamén son xente, á súa maneira, ou non lle parece?” (151)
-…”Se me matas, serás o culpábel do meu último chiste” (157)
– “- Veu un ourizo novo! Mira. Chámase Poeta!
Nin caso.
-Moi ben. Dálle de comer letras!” (160)
– “-É o malo que ten o campo-dixo Amadeo, con anoxo irónico-, que é moi rural” (162)
-“Isto da apocalipse está moi mal organizado!” (192)
– “-Por ese prezo, falarán e todo.
-Non. Por ese prezo calan” (193)