crítica de CÓNTAMO OUTRA VEZ, RICK, de J. A. Xesteira, en Galaxia

Porxmeyre

02/06/2021

CONTOS E CONTISTAS REUNIDOS

Título:Cóntamo outra vez, Rick

Autor: J.A. Xesteira

Editorial: Galaxia

A fórmula do conto contado é vella, e o autor lembra algúns títulos que testemuñan a súa efectividade. Concretamente mentres nos introduce no contexto en que van ser contados os contos (un grupo de xornalistas, aos que as condicións atmosféricas reclúe nun hotel, deciden contarse contos uns aos outros para así pasar a noite con algo de amenidade. O resultado é o libro.) e o mesmo narrador ten palabras de lembranza para Os contos de Canterbury (Geofrey de Chaucer) e O Decameron (G. Boccacccio, nel se inspirou Chaucer) e poderían ser máis, evidentemente a todos nos veñen á memoria, desde Calila e Dimma a As mil e unha noites. Porén, non son esas ausencias as que nos estrañan. A que nos estraña, e moito, é Á lus do candil, de Ánxel Fole, pois o libro de J.A. Xesteira ten moito máis que ver, presenta máis similitudes co de Fole ca con calquera, comezando porque este grupo de xornalistas tamén se ven na obriga de botar man de substitutos da corrente eléctrica e mesmo hai conto sobre caza, dito sexa por sinal. Esta ausencia pode estar motivada por un afán de verismo denunciador do pouco coñecemento que temos da nosa propia historia literaria. Pode, porén contribúe máis ao esquecemento que á denuncia.

                     Para o conxunto de contos contados, o autor creou unha atmosfera que os abrangue a todos, cada un coa súa especificidade temática e contextual. Este é un efecto agardado neste tipo de contos reunidos, que ademais lle dá un ar de novela ao conxunto do libro. Tal e como os contistas  representan distintos tipos de traballadores do xornalismo, cada conto contado é diferente dos anteriores, ás veces mesmo hai conto contado dentro do conto contado. E lense os contos desde un clima de desenfado que os sobrevoa a todos. Trátase de crear un clima lector que anime, a quen ten libro entre as mans, a continuar a lectura, asistindo desde o voyerismo natural en quen le, ás confidencias que os contadores se fan entre si. Deste xeito, estamos a falar dun linro de contos que aposta pola elaboración. É unha reunión de contos elaborada, non unha sucesión deles amoreados con máis ou menos intención e fortuna. Iso debe serlle recoñecido ao autor, porque lle serve para lograr a finalidsde pretendida, que leamos os contos (algún é máis ben relato, mais non paremos nisto), que como lector+s valoremos a calidade indiscutíbel dos contos, aínda que,como é lóxico pensar, esta calidade que se pretende igual no conxunto…finalmente resulta que non todos teñen a mesma calidade, non hai tampouco tanta diferenza cualitativa entre eles.

                      E aquí temos que facer un alto, porque hai un efecto harmonizador pouco ou nada xustificábel. Referímonos á tendencia amosada a usar diminutivos en -ito, -íta cos nomes propios, castelanización moi propia das clases medio-altas de hai décadas, certo, mais non é un recurso precisamente literario por falta doutro similar en galego, este hiperrrealismo que despois se verá incrementado co uso de nomes casteláns, caso de Maruja.

                     Do resto, cadaquen optará por escoller os seus preferidos entre os 10 (en realidade 12) contos contados. Nös queremos salientar en primeiro lugar a influencia cinematográfica, nón so no que dá título ao libro, que remite ao film Casablanca (1942), toodo un clásico do cinema que aquí é materia literaria e dá unha visión alternativa do traballo de Michel Curtiz. E non é a única vez que isto se manifesta; para alén da influencia na estratexia narrativa do autor, este demostra fondos coñecementos tanto de cinema como de literatura ( e aquí non esquezamos o esquezo de Ä lus do candil) cando revela que o argumento de A dilixencia (Jonh Ford, 1939) está tirado dun conto esrito por Ernest Haycox que á súa vez traslada a Novo México a trama que Maupassant urdira para a a súa viaxe durante a guerra franco-prusiana de 1870.

                     Agás polas salvedades relativas á lingua e o esquezo de Ánxle Fole, do resto é un libro de contos de lectura moi amena, que seguramente será un dos títulos protagonistas do verán que logo nos vén enriba,

ASDO.: Xosé M. Eyré

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content