crítica de ABRIL, de Luz Darriba, en Belagua

Porxmeyre

11/05/2021

MEMORIA DO HORROR FASCISTA

                     Título: Abril

                     Autora: Luz Darriba

                     Editorial: Belagua

Hai novelas que sangran. Hai novelas que non está escritas con tinta negra sobre o branco papel. Porque hai novelas que están escritas con sangue, e, como sabemos, o tempo vira escura a cor do sangue. E esta é unha desas novelas. A primeira que Luz Darriba escribe en galego. Luz Darriba, artista multidiciplinar uruguaia e tamén galega, desde 1990 vive na Galiza. Artista da diáspora, saudamos, pois, unha nova autora para  anosa narrativa, pois antes escribira en castelán, e non esuquezamos que é autora da diáspora. En pleno século XXI, a diáspora galega segue presente, segue existindo, non é “cousa doutros tempos pasados, superados” (como hai quen quere que creamos), e seguirá existindo porque tant@s galeg@s seguen tendo que marchar fóra da Galiza para atopar con que vivir.

                     Esa é unha primeira esgazadura. A da diáspora, o periplo que a leva desde Urugaui a Arxentina e, por fin de volta, a trae á Galiza, Galiza, a orixe galego-asturiana familiar.

                     Mais, vaiamos ao que importa, a novela, Abril. Abril é unha novela de voces femininas, de voces de muller, e Abril é unha delas, o elo final dunha cadea de voces de muller que foxen do horror, do horror fascista e tamén do horror machista. É unha novela de voces de muller, e iso non quita que existan personaxes masculinas, mesmo unha delas, o cana, policía, resulta unha personaxes absolutamente complexa, pertence a un dos corpos represivos, mais é quen vai “salvar” a Abril. Dicimos “salvar”, porque é certo que a salva, mais non imos dicir o prezo que terá que pagar Abril para ser “salavda”, non queremos desvelar o enredo.

                     Diremos, si, que Abril non recibe ese nome por casualidade, Abril chámase así porque é nome que lembra República (14 de abril)  e así figura no texto – ao que engadimos nós que tamén lembra o 25 de abril portugués, a revolución “dos “cravos” ou caraveis, esa lección para o mundo.

                     Mais, deica chegar a Abril, a novela percorre a memoria dos fascismos. A memoria do fascismo franquista e a memoria do fascismo arxentino do Proceso de Reorganización Nacional, unha ditadura cívico-militar (moi militar) que espertou unha enxurrrada de ignominia, de crueldade, de barbarie, de atrocidades e saña entre 1976 e 1983. Precisamente, o enredo novelístico está trufado de extractos de noticias (xornalísticas ou ensaísticas) que dan fe da arrepiante vontade asasina do fascismo, for do fascismo franquista (que se vive na novela como memoria) ou ben do fascismo arxentino, especialmente cruel, como todos os fascismos, con tod@s os que non foran “afectos significativamente” á causa. Son “pedazos de realidade”, dunha indisimulada crueldade que arrepía.

                     E non se persegue unicamente por motivos políticos. Ou, mellor dito, dentro deses motivos “políticos” tamén se inclúe a diversidade de xénero. De xeito que tamén é unha novela feminina, feminista e reivindicadora da sororidade, aspecto este que non debe quedar no esquezo, pois é un dos motivos que, cremos, levan á escrita desta novela. O outro, claro está, é a denuncia dos fascismos. O que é vivido na novela como memoria, o franquista, e o que é vivido como experiencia polas personaxes.

                     En definitiva, é unha memoria de “grises”, esa cromatoloxía entre o negro e branco, suxestiva, delicada e tamén dura. Dicimos cromatoloxía polo que ten de icónico tamén desde a faciana lingüística, que xa leva incorprada a cromatografía, a arte da cor, que tanta impotancia ten na novela, sobre todo no remate. A arte, véxase, coma arma, coma instrumento denunciador e loitador contra todos os fascismos e os seus “excesos” ( e perdón polo eufemismo, mais é moi difícil non repetir conceptos como crueldade ou atrocidade ou barbarie etc.).

                     Para remate digamos que a novela ben mercería unha revisón final que evitara algunhas “adaptacións” do castelelán como “solciño” ou “chaleciño”, onde tamén entran palabras como “varicela” (admitido pola RAG, porén non por iso deixa de ser castelanismo, porque en galego tamén temos “varíola) ou “chistera”.

                     Contra todos os fascismos, arte e palabra. Abril.

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido