Con agrado e sorpresa leo este artigo de Nös Diario. Agrado e sorpresa. Agrado porque a sociedade galega, mesmo a áis comprometida social e politcamente, está máis pendente do que ocorre en Madrid que o que pode pasar en Lisboa ou Rio de Janeiro, por sinal. É dicir, a preferenza polo Madrid colonizador, non se dicute; mentres, o que sucede en pobos que por cultura e lingua podemos cualificar de irmáns non semella ter absolutament enngún interese. Hai excepcións, puntuais e individuais das que hai que loar un traballo imprescindíbel neste páramo. Mais son excepcións.
Unha procura na rede de “Bolsonaro genocida”, axiña deita significativas informacións. Por sinal: esta emquisa, esta denuncia, outra máis ( que aliás fai pesente o interese USA), onde escoller non falta, nin moito menos, meso en forma de libro moi documentado….non @s vou cansar máis.
Indíxenas, negr@s e mulleres son oso seus obxectivos preferidos. Indíxenas creo que non chegan ao millón de persoas, @s negr@s son perseguid@s (dificúltase o seu acceso á cultura, póñense pexas ao desenvolvemento económico dunha xente que socialmente non é afortunada, etc). E mulleres, o machismo descarado de Bolsonaro é máis que coñecido..
Indíxenas, negr@s, mulleres. E se se combinan as tres posibilidades? Muller, negra, e indíxena?
En artigos anteriores, divulgando poesía de muller brasileira, teño denunciado como poetas foron violadas. E agora xorde a pregunta. Onde está o feminismo europeo? Particularmente o portugués e o galego? Non merece a causa da muller negra e indíxena sequera un chisco de atención? Por non falar de intervencións mediáticas que poñan de actualidade toda esta problemática.
Madrid non é o centro do mundo. E resulta curioso que nós, periferia, non nos inmutemos co que acontece en países irmáns. Hai aí unha sorte de estrabismo, ou de orelleiras, que distraen a nosa atención cara ao que interesa a Madrid ao nos deinteresar do que sucede en pobos cultural e linguisticamente máis afíns a nós. Ë dicir, viva o castelán (lingua imperial, literatura imperial) como espello no que mirarnos. E o peor é que non se albisca ningún sentimento de culpa nese embiguimo madrileñata. Que literariamente sexa unha opción non rexeitábel escribir para que entendan ben os castelafalantes. Que a lingua se nos estea converter nun castrapo dialectal e submiso.
Non o entendo.
E o feminismo europeo, como ideoloxía integradora o socialmente comprometida e rebelde, onde está?