anda, filla, sae e vai buscar os sobres e os selos, non me decataba, ao principio, de por que me dicía dous, sabes?, dous sobres e cinco selos de cinco máis dous dunha cadanseu (17)
………………………………………..
o rótulo azul, Restaurant, Exit, escaleiras, abaixo, escaleiras mecánicas, Credit Card, as cintas douradas, prateadas, verde esmeralda, traían ás rúas aquela calidez do frío, era contra as oito, máis ou menos (21)
………………………………………..
dende o seu futuro, en cada foto, o futuro é ese papel, esa metáfora do tempo que xa non é o noso (23)
……………………………………….
aferrámonos ás paisaxes vividas coma o neno á súa saba, o ancián aos seus recordos ou os corpos ás súas almas (24)
………………………………………
mira, filla, ti, tes que saír, non quedar na casa, saberte defender, tes que estudar, sen se decatar de que o seu consello xa contiña ese contrasentido (33)
………………………………………
primeiro foron os barcos, iso non me parecía verdadeiramente unha separación, era máis unha cousa de paxaros (37)
……………………………………….
había un misterio de paisaxe encerrada, unha cousa de gaiola, un misterio de flor por esfollar, de rito, de chuspia (39)
………………………………………
os selos ensinaban a esperar (39)
………………………………………
O Maderas de Oriente tiña un recendo longo, cálido e inconfundible, que ligaba ben co papel de barba e con aquel caravanismo de vagóns correo de Renfe (47)
……………………………………..
hai un brillo de vertixes, unha violencia da luz, no chan dos aeroportos, mesmo o oposto do fume (51)
………………………………………..
a tarde tiña cartóns de sol, cantos de madeira, anda, vai xogar, e eu, en troques, recendía os xoguetes porque aínda conservaban o cheiro da man anterior (56)
…………………………………..
a saudade era como a mosca que camiñaba sobre as flores do hule (63)
………………………………..
porque o retorno, a algunhas, quitáranos algo, fóranos como colocando na desorde das cousas (65)
………………………………..
hai cousas que son porque teñen que ser (68)
…………………………………..
isto é todo o que fuches, esta caixa (73)
………………………………..
a iso axudaba tamén a nosa letra, ovada, inclinada, ampla, con rabiños curtos, e liñas ondulantes, é letra dos soñadores, filla, coma ti (77)
……………………………….
a Noiteboa traía e levaba os seus recendos, follado, bacallau con coliflor e pastel de coco, igual que os sábados os seu olor a Flanín (82)
……………………………….
o candelabro vermello, esvelto, coma un faro da mesa (91)
……………………………….
aquel cuarto dende o que se escoitaba o frío ou a calor das praias(92)
………………………………
explico a Platón, a Kierkegaard, a Freud e a Spinoza a unha clase de segundo de bacharelato á que miro mentres penso que eles non poden ver todo iso de min (93)
………………………………
rompendo os silencios ou algunhas daquelas palabras, pronto, tanto, quero, espero, sempre, que xermolaban entre as frases coma unha froita amarga da túa ausencia (105)
……………………………..
na Noiteboa, adoitaban poñer algunha canción de Peret, non lle daría maior importancia se non fose pola brusquidade con que tamén volveu enterrala no fondo da caixa, debaixo de todos os sobres e follas (115)
…………………………….
unha masturbación da soidade, un refuxio dos erros ou un berce da noite (116)
……………………………..
a felicidade é empurrar con teimosía a pedra do engano (121)