subliñados de FÁLAME DO SILENCIO (Pablo L. Orosa, Xerais)

Porxmeyre

13/09/2018

 

Achegámonos á punta máis setentrional do cantil. Dende alí pódese ver a fin do mundo. Non houbo lágrimas. Tampouco gabanzas. Só as túas cinzas bailando sobre o ar (13).

…………………………………………..

Os domingas saben a herba mollada. Ou a tabaco. Pola miña experiencia, as cousas importantes da vida sempre ocorren os domingos (17).

………………………………………….

Eran pouco máis das oito da mañá cando o ruído do Ford Fiesta rosmou ao apagarse. Un vapor entumecido esfumábase polo capó (41).

……………………………………………

É curioso como morren ante nós algunhas historias (53).

……………………………………………

Só o tremor do reloxo do comedor desfacía o tempo cada cuarto de hora(60).

…………………………………………….

Aquel home non tiña idade. Ou quizá tiña todas as idades (69).

……………………………………………..

-(…) O tempo, rapaz, non é máis que unha gaiola para atrapar os soños (70)

……………………………………………..

Sempre me deu por desconfiar das máquinas que o saben todo (88).

……………………………………………..

Non sabía como borrar os meus fracasos. Estaba perdido. E só. Na fin do mundo (91).

………………………………………………

O peor de envellecer é darse conta de que xa non somos o que soñamos ser (106).

………………………………………………

A rapaza volveu sorrir. Era un sorriso que invitaba a ser feliz. Un sorriso no que apetecía entrar, quitar a roupa e ficar por sempre. Un sorriso no que aprender a soñar (118).

…………………………………………………..

Carolina parecía quen de derreter o tempo. E iso facíaa invencible (129).

………………………………………………

-Porque a xente se afana en preguntarlle a un como está, cando nós non estamos. Nós somos. O estar é unha herdanza temporal, un intre que desaparece no mesmo momento de ser formulado. Non hai xeito de estar para sempre. Non hai para sempres na vida. Só unha persecución infinda entre o que foi e o que será. Por iso, deberiamos preguntarnos quen somos. Que é o que queda de nós cando non queda nada. Iso é o que realmente somos. O nada que nunca deixa de ser parte de nós (146).

……………………………………………….

Nas derrotas, o primeiro que esquecemos son as voces (158).

……………………………………………….

E as cousas malas só se poden derrotar seguindo de pé. E en silencio (190).

……………………………………………….

-Como o imos levar ao hospital? Que lle dicimos, que caeu mentres ía buscar un paquete de libros prohibidos? Hostia, Daniel, isto non é un xogo. Non queremos preguntas nin xente fisgando, entendes? -continuou Charly G. nun ton que aínda semellaba alto para o matón de Daspenas (204-205)

……………………………………………..

-O pasado non é unha lectura fácil. Abrir os ollos doe máis que mantelos pechados (214).

……………………………………………..

O Teo tiña esa bondade de deixar o outro imaxinar a fin fas palabras (234).

…………………………………………….

O Fendido tiña unha voz rouca, desgastada de tanto fumar e de tanto beber. De tanto odiar as madrugadas (263).

…………………………………………….

Apoiados sobre a balsustrada, coa mirada perdida nun horizonte que descoloría, cada un de nós falaba co silencio (277).

…………………………………………….

As noites que vin a Daniel en Londres os soños ulían a whisky (304).

……………………………………………

O silencio é o último que queda das cousas que queremos (312).

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content