os meus agasallos literarios para estas festas

Porxmeyre

03/01/2020

Comezaremos pola novela, por iso de que o “xénero de masas”

-A primeira novela que vou agasallar é Matar o heroe, de Adolfo Caamaño que eu considero a mellor novela do ano pasado, e con diferenza.

-A quen queira ler novela pero de escrita feminina será Carrusel, de Berta Dávila. Como no anterior caso, hai moita literatura nas súas páxinas, e literatura da boa.

Da novela pasaremos ao teatro, porque é un dos meus xéneros predilectos e un agasallo que sorprende á xente pero co que sempre triunfas:

-Aquí tamén vou dicir dous títulos; Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala, co que sempre se botan unhas risas e A derradeira bala, de Fernando Castro Paredes. teñen recensión dos dous aquí

Para @s amantes da poesía, tamén dous títulos: a Herba de namorar, de María do Cebreiro, unha autoantoloxía de imprescindíbel lectura. E tamén, por iso de ser unha das novas voces máis prometedoras, Cotodamina, de Rafa Lobelle, apuren se non queren quedar sen el.

Para quen guste do ensaio, propóñolles o de Anxo Angueira a redor do Rexurdimento: Rexurdimento: a palabra e a idea. E se o que se quere é algo menos metaliterario e mais na actualidade dos días: Fariña, de Nacho Carretero. Xa sei é algo máis antigo, pero se queren relelo desde a banda deseñada, aí teñen a novela gráfica de Luís Bustos co mesmo título; Fariña, a novela gráfica

Para @s máis novos, tres títulos: Pelo de nube, de Dani Viéitez e Iria Iglesias; O ladrón de voces, de María Canosa e Noemí López; e Sementes viaxeiras, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás.

Se se trata de moz@s bos/boas lectores/lectoras: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, e Dragal V, de Elena Gallego Abad ( se non son xa dragalian@s, axiña se farán)

Se o que queren é ler filosofía, ou, aínda mellor dito, filosofía metaliteraria, non hai dúbida: A monstruosidade moderna, de Carlos Lema, un libro imprescindíbel, tanto para @s amantes do pensamento filosófico como para poñerse ao día no significado d@ artista (escritor/escritora) nos nosos días. E se queren autoría feminina voulles deixar un clásico: A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo.

Para @s amantes da música, dous títulos: Guadi Galego, pola beira da canción e o novo disco de Najla Shami: Ela sabe a sol, poucas voces tan potentes e melodiosas como a súa.

Para @s amantes da brevidade, velaí a Brevedume, de Xuxo Borrazás. E se queren brevidade pero literaria recomendareilles un autor novo que vai dar moito que falar: Os jeans de María, de Lois Alcayde Dans

Finalmente, se o que queren é obsequiar literatura, literatura da boa mais desa que non é doado clasificar (por moito que a encadren como poesía é outra cousa), a miña vehemente recomendación é 200 gramos de patacas tristes, de Juan Carlos Mestre, en Espiral Maior. Sen dúbida vai ser a estrela dos meus agasallos.

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content