crítica de O LIBRO CERO, de Jorge Emilio Bóveda

Porxmeyre

20/04/2021

PERIPLO (S)

Título: O libro cero

Autor: Jorge Emilio Bóveda

Editorial: Galaxia.

Tamén é casualidade, porque as casualidades existen ,que a semana pasada escribira sobre unha novela que só se parece a si mesma (por riba de calquera semmelanza que se poida atopar), e esta semana vou e leo e escribirei sobre outrra novela que tamén é unha rareza: O libro cero, de Jorge Emilio Bóveda. Se a novela de Suso Lista xogaba co surrealismo, co esperpento, mesmo coa distopía-real, esta de Jorge Emilio Bóveda, partindo de que remite a obras anteriores do autor (Pastor Páez é unha personaxe recuperada, un cadro de Tomás Bóveda tamén aparec en As sete mortes de Leopoldo Pardo.), que narra un periplo viaxeiro e que ten sempre un trasfondo metaliterario ou meta-vital, tamén é unha novela que cade cualificar como “rara avis” entre todas as novelas.

                     O enredo preséntanos a Pastor Páez como protagonista central (aínda que é unha novela bastante coral), un ex-policía (tipo depersonaxe moi do gusto do autor) que quere atopar o lugar onde todo comezou, e por iso viaxa a Madrid, a Londres e a Atenas, nun periplo viaxiero que só quen lea estará en disposición de dilucidar se pagou a pena ou non. Así que, de primeiras, todas as historias que narran periplos están de fondo, desde a homérica Odisea até títulos máis nosos como Arredor de si (Otero Pedrayo) ou Cara a Times Square (Camilo Gonsar). A de Otero porque o periplo de Pastor Páez é unha viaxe na procura de si mesmo e do seu lugar na vida; a de Camilo Gonsar porque o periplo de Pastor Páez é en boa parte un conxunto de viaxes das que el é máis obxecto que suxeito, digamos que vai onde o leva un destino do que el non é protagonista central senón personaxe condicionada.

                     (Fagamos un alto. Antes referiámonos a que o seu periplo está condicionado por outras personaxes. Mais outra condicionante en Pastor Páez que  non debe pasar por alto é a súa narcolepsia (que non catalepsia, como se indica na contracapa), pois esta dá entrda no discurso ao soños, e,precisamente, os soños teñen unha importancia capital no remate)

                     Deste xeito, a novela de Bóveda camiña por un estreito gume entre a novela realista ( é o marco en que moven as personaxes), a novela onírica (hai veces nas que custa diferenciar o  onírico do real), cun chisco de desenfado (personaxes como Ítalo Calviño, que leva apensar en Ítalo Calvino, Jackson Boges…) nada inocente porque sempre conleva convite á reflexión, a novela de formación (a fin de contas, atopar o punto cero é o momento para saber quen é Pastor e o que pode chegar a ser), a novela que se escribe a si mesma ( o xogo autorial é verdadeiramente ousado, Alma Vicuña-Nacho como autores dunha ficción onde o propio Bóveda, que asina o libro, e Pastor son personaxes) e, en definitiva, un discurso de marco realista onde Pastor camiña cos ollos embafados pola realidade onírica, pola realidade ficticia da sétima arte (Florence Marly, mais non só) que non se diferencia moito da realidade ficiticia literaria (mesmo con alusións á banda deseñada).

                     Desde este punto de vista, a novela constitúe un camiño introspectivo do propio autor, que procura o seu lugar na Historia-historia ( e aquí lembremos a Berta Dávila en Illa Decepción), un camiño polo gume xenérico narrativo-conceptual- ficiticio. Que ese periplo sexa do interese de quen le, xa non o podemos dicir nós, que nos limitamos a expoñer como, case con 100 anos de diferenza, o tema do  autor que procura o seu lugar na Historia e no discurso lémbranos que non deixa de ser un tema de actualidade hoxe mesmo.

                     Unha vez que comentamos o enredo temático, é momento para comentar o aspecto formal. De entrada, a numeración dos capítulos en orde descendente deica chegar o cero (libro cero), crea expectativas pola infrecuencia, aínda que a exposición dos feito sexa en liña progresiva. Porén é á hora da plasmación en palabras, da redacción de oración, frases, períodos, onde o autor debera andar con algo máis de coidado (por sinal, na caofonía que supón repetir  a preposión “para” na mesma oración), no uso de calcos semáticos do castelán (“altibaixos” está admitido no dicionario en liña da RAG, o que non quere dicir que mudemos de opinión, xa temos advertido que es dicionario  só é útil para cuestións ortográficas ou procuras semanticas menores, do resto, e aínda que foi actualizado, dá entrada a moitos castelanismos ou calcos semáticos), no uso do pronome persoal átono (uso de obxecto indirecto, lle, en lugar de obxecto directo, o. O mesmo que “camarilla”, que parece usada máis no sentido castelán que no galegeo) ou o uso inapropiado do xénero gramatical (“ cores” é feminino, non masculino)….Cousas todas que se terían evitado cunha revisón máis atenta antes da publicación.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content