crítica de NUS, Manuel Gago, en Xerais

Porxmeyre

11/08/2021

O COIRISMO E O ESPERTAR DA GALIZA POSFRANQUISTA

Título: Nus

Autor: Manuel Gago

Editorial: Xerais

Alá por principios dos anos 80, o profesor Miguel Cancio iniciou un movemento nudista que tiña como obxectivo derogar a vella lexislación franquista que baixo o epígrafe de “escándalo público” condenaba o nudismo como expresión de liberdade, de liberdade individual e tamén de liberdade social, pois o deito á “nudez” non debe ser para uns poucos senón para tod@s os que queiran practicalo sen impedimentos legais. Mais non só, o  movemento “Tetiñas free” tamén loitou contra as aberracións urbanísticas que comezaban a inzar de despropósitos e oportuismo feísta urbanístico as praias galegas.

                     O novo romance de Manuel Gago é moi fiel á historia da inicitiva coirista de Miguel Cancio, desprazando de Baroña a Calabarda o escenario da praia nudista, esta reivindicación do movemento coirista desde a ficción segue bastante de cerca o que foi e representou o coirismo de Miguel Cancio, inclusive no convite feito a Manuel Fraga para que os apoiase, ou na aparición televisiva no programa de García Tola. Porén, parecéndonos oportuna e plausíbel reivindicación que xa o título anuncia, o romance de Manuel Gago vai máis alá e presenta unha sociedade dominada na sombra polas “trescentas familias”. As “trescentas familias” igual na relaidade non eran tantas, mais de que  existiron e existen non hai dúbida ningunha. Familais con poder económico e ascendencia social que non se significaban na primeira liña da actividade política e que, desde o anonimato da segunda liña, desde a tecnocracia ou simplemente desde as oportunidades que a nivel legal ofertaba a entrada na CEE. Como ocorre neste enredo, no cal un tarambainas cínico, herdeiro de boa familia xunto co seu irmán xemelgo, irá vivindo, sempre desde unha segunda liña, o espertar e desenvolvemento do movemento coirista reivindicando o dereito á nudez. Porén, ese mesmo título ten tamén outra interpretación.

                     Porque nun romnce hai sempre máis enredos que o que sepropón com fío condutor. E, neste caso hai outros dous que merecen comento que os recate do silencio. Primeiro, que o título tamén reflicte o estado en que a mocidade dos primeiros oitenta se atopaba con respecto ao acontecer político. Nus ou case inermes dinate dun devir político do cal mal se adiviñaba ou enxergaba a tarscendencia que tiña e a onde nos levaría. Que o poder desde postos de privilexio fora acaparado por boa parte desas familias que vivían o acontecer social “desde a segunda liña” e sen significarse senón aproveitándose, non deixa de ser unha interpretación ben cabal, no noso xuízo, de como foron as cousas e, de resultas, de como son agora, onde atopamos xente cunha clara conciencia política, mais que son minoría fronte ao exército de “estómagos agradecidos” que só usan a política para o beneficio particular.

                     E non só. O enredo tamén é en boa parte un enredo de formación, relatando o espertar á vida social e ao sexo non só do protagonista central (e voz narrativa) senón tamén doutras mozas e mozos. Salientan tres nomes de muller. Encarna (tamén pertencente ás trescentas familias, mais que escolleu un camiño propio), como muller xa madura (35 anos) e tamén Rosalía (parente do protagonista) e Teresa. Estas dúas, Rosalía e Teresa representan dúas fisionomías e formas de entender a vida diferentes, mas que teñen, xunto a Encarna, unha incidencia ben clara na formación da personalidade do noso protagonista.Desde este punto de vista, o enredo está moi ben desenvolto e constitúe un dos motivos atraentes para quen le, mediante ese leixa-pren, ese tira e e afrouxa, en que se converten as súas relacións.

                     E non só, tamén se denuncia implicación de curas no contrabando de bens de interese histórico (escultura, pintura, etc…) con total impunidade, ademais de seren dos opositores máis repunantes á hora de aceptar a nudez como dereito das persoas. Non. Non foron poucos os curas implicados neste contrabando, seguro que tod@s coñecemos algúns (en plural).

                     E todo contado coa pericia narrativa a que nos ten habituados Manuel Gago. Un título que será especialmente importante para as xeracións que non coñeceron o desenvolvemento do movemento coirista, ou só teñen referencias vagas del, pois, como xa dixemos, Manuel Gago crea aquí unha ficción que o segue de preto e lle fai xustiza literaria.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content