subliñados ex aequo: AS VOCES DA AUGA (Ánxela Gracián, Baía) & AUGA E LUME (Pere Tobaruela, Baía)

Porxmeyre

22/11/2018

 

AS VOCES DA AUGA (Ánxela Gracián, Baía)

Wei Su deixou sobre a cama de Li o quipao de seda vermella que lle encargara a Chi Meng, o mellor xastre da zona (13).

…………………………………………………………..

No teito do seu cuarto, suxeito con cordas de bambú, estaba pendurado un shou mu ou “ caixa da longa vida”, como a súa avoa Yushué prefería chamarlle (21, salientados orixinais).

……………………………………………………………

Para moitos, Rabiño non era máis ca un can descoidado, ao que un camión atropelara, rabenándolle o rabo, co seu pouco lustroso pelo marrón e as orellas grandes, pero para Li era o seu can (37).

…………………………………………………………..

Tal vez fose porque os dous se criaran sen o agarimo da figura materna, había algo neles que os facía sentir tan próximos que necesitaban verse a diario (43)

……………………………………………………………

-Se facemos iso, sucederá como o ano pasado! Cando os parrulos cheguen aos campos, será demasiado tarde! -sentenciou Wei Su (60).

……………………………………………………………..

-Que hai de malo no campo? Aquí está ben e, ademais, só aquí podo protexela! -queixouse o home (77).

……………………………………………………………..

-Nunca vos contei como foi o día do meu nacemento? -preguntou Wei Su, emocionado como había tempo que non se sentía (88).

……………………………………………………………..

Na auga, arrefriándose ou saciando a sede, bañábanse os bois da Comuna, aos que Thep daba ordes de vixiar en todo momento (107).

………………………………………………………………

Desde a embarcación, Li contemplaba as aldeas sumidas na calixe. Estas aparecían e desaparecían tras das viraxes do río que levaba, a aquela hora do día, por mor do vento e a amenaza da tormenta, un ton cor de oliva (125).

……………………………………………………………………..

-Exacto! A descrición que nos dás é moi escasa. Non merece os cartos que nos estás cobrando -asegundou Jiú Lián serio que viñera tamén onda eles-. Esixo que nos devolvas unha parte! (135).

………………………………………………………………

-Todo se fará como ti dis, pai, pero agora non penses niso e trata de descansar! -respondeu a moza, sabendo que era inútil interromper o seu delirio (147).

………………………………………………………………

-Sabes que si! É tan testán que non atendeu a razóns e non quixo reclamar nin sequera unha máscara para botar o pesticida no arrozal! Tragou tanto veleno que ata se lle envelenou a alma! -ironizou Thep (161).

 

AUGA E LUME (Pere Tobaruela, Baía)

 

Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiño facía referencia a uns feitos que daquela supostamente cambiaron o curso da historia do mundo (7).

……………………………………………………

Nun recunho da Gallaecia, preto da desembocadura do río Sar, un grupo de labregos vendima un campo de viñas. O solpor anuncia que falta pouco para que remate a súa xornada de labor (17).

…………………………………………………….

Deva colle unha bolsa chea de viandas que preparou a súa nai. Gaulo entra no cuarto onde o pequeno Marco está a durmir e dálle un bico. Finalmente, pai e filla despídense de Flavia (32).

……………………………………………………..

-Segundo a mitoloxía arduana, logo, a primoxénita da familia máis poderosa, ou sexa, a nosa, da cuarta época milenaria dos arduanos, ou sexa, os tempos que corren, será a Dama da Auga. Polo que eu sei, meu irmán, o Grande Oveto, tivo oito fillos, todos varóns. Ti es, pois, a primoxénita a que se refiren as fontes mitolóxicas (46).

…………………………………………………….

Empeza a Cerimonia da Liberación. O Grande Oveto está sentado nun trono esculpido na rocha, rodeado dos seus gardiáns (62).

……………………………………………………..

Paulo aluma coa lanterna e observa que diante hai un muro. Aquel pasadizo remataba alí.

O Fórmula E manipula un pecho e abre unha porta disimulada naquel muro.

-O meu cuartel xeral -di pasándolle a man por riba do ombreiro a Paulo (76).

……………………………………………………..

Pasaran dúa semanas desde a infrutuosa incursión ao Tobo dos Morcegos. Paulo está amolado. Chegou a crer que naquela cova atoparían outra ámboa (91).

………………………………………………………

-Non podes fuxir do teu destino. A Fonte da Vida agarda por ti. Confía no teu corazón! (100).

…………………………………………………….

–Non compliques máis as cousas, rapazolo! -di en voz alta o garda-. Sei onde andas. Metícheste na despensa. As túas pegadas delátante (111).

………………………………………………………

A súa encomenda era de vital importancia: tiña que encontrar as dúas ámboas nos lugares onde lle dixera o Grande Oveto, o líder espiritual e señor dos arduanos (124).

……………………………………………………….

-Venerada Dama da Auga! Señora dos arduanos! -dille-. A forza de Reo está contigo. Úsaa con xeito. E infúndenos ánimos coas túas palabras. Somos os teus súbditos! Somos os teus servidores! (136).

……………………………………………………….

Unhas grandes nubes grises cobren Lucus Augusti. Orballa e todo fai prever que en breve a choiva será intensa. Paulo e o Fórmula E tomaron un longo baño e agora visten cadansúa túnica de fío branco. Están no cuarto do aprendiz de arqueoloxía (149).

……………………………………………………….

-Coido que en máis dunha ocasión vos preguntastes como conseguistes salvar a vida cando os piratas vos tiraron pola borda. Iades atado de pés e mans. E navegabades lonxe da costa. En condicións normais, teriades que estar desde hai tempo no fondo do mar…(160).

……………………………………………………….

Hai catro días que os membros da comitiva da Fonte da Vida están instalados na pousada de Oria. Cataro aínda non deu sinais de vida. Polo que puido saber Einar, o pirata está de viaxe e seica volverá pronto (173).

………………………………………………………

Dolabella, Deva e Paulo presentáronse na cabina do capitán dos piratas. A mesa estaba preparada como se se tratase duns convidados importantes. Cataro estivo incluso especialmente amable (189).

………………………………………………………

A primeira hora da mañá, antes do almorzo, Hona, a feiticeira trasna, pasou polo cuarto e, despois de presentarse e explicarlles onde estaban, dixéralles a Paula e Deva que agardaba por eles ao medidía na Sala do Consello (195).

………………………………………………………

Paulo abre os ollos de vez, co corazón acelerado. Está na súa casa de Padrón, deitado na cama. O espertador marca as oito e cuarto da mañá. Mira cara a súa dereita. Ve a ámboa sobre a mesa de noite. Érguese dun chimpo e observa a peza con detemento.

-Non hai ningunha inscrición!-estráñase (205).

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido