Pouco despois de ver a Francesco Amendolia no extremo da súa rúa romana, recibín un papel con letra torta e desigual: TI E O XUÍZ TEDES OS DÍAS CONTADOS (10).
……………………………………………
A morte aparecía como un segredo máis previsible que o amor. A morte era como un poldro ao galope, á busca dun xinete (20).
…………………………………………..
Case todo o mundo mira na vila para outro lado. Ninguén quere problemas. D. Bieito dá traballo e trae prosperidade, escoitas en calquera curruncho (30).
………………………………………….
Máis dunha vez sentira unha náusea intolerable e fixera uso da violencia, convencido de que as súas vítimas merecían un castigo exemplar (40).
…………………………………………..
Eu, pola miña parte, comprobei que o resentimento é un vento que se che mete polos oídos e non rematas de escoitalo ata que un acto turbio te devolve a un estadio anterior á dor da ofensa (43).
…………………………………………..
Sentou a carón da fiestra. Os barcos de pesca, empurados por un vento frío, mergullábanse no horizonte. Saboreou un viño doce. Abriu unha carpeta na que gardaba recortes de periódicos da súa vida futbolística (61).
……………………………………………
-Verás -dixo un chisco anoxado polos ollos pequerrechos do avogado e polos seus dentes amarelos, que lle parecían de rata-, verás, como dicirche? Trátase de saber se é doado cobrar o seguro dunha casa cando hai un incendio (82).
…………………………………………….
Pouco antes de chegar ao cuartel da fronteira, parou nun resturante que había a carón do camposanto. Pedíu un menú obreiro e tratou de falar co dono, pero este, co pretexto de atender as mesas, non lle fixo caso (100).
…………………………………………….
Pensei en mamá e en Federica Calabresi. Sentín que me necesitaban. Non dixen nada; durante semanas permanecín mudo (112).
…………………………………………………
Por que lles conto esta historia? Esta mañá chamaron á Comisaría. Varios veciños da estrada provincial viran un home no xardín dunha casa mallando nunha moza (124).
…………………………………………….
Eu quería que Rubén fose feliz, comentou Carla nalgunha ocasión, pero el quería ser desgraciado (125).
…………………………………………….
Benquerida Roselyn: o teu mozo está connosco. Primeiro aviso: se non queres que lle troncemos as pernas, xa sabes… O segundo aviso fará que reflexiones toda a vida sobre os motivos estúpidos polos que non cumpriches o primeiro requerimento. Non haberá terceiro aviso (134, salientado orixinal).
………………………………………….
-Verás -dixo Leopoldo Neto- na universidade o importante é o control dos resultados, non a presenza. Mentres que no voso, o decisivo é o control dos procesos. De todos os xeitos, vou coller o avión, e esta tarde mesmo estarei na facultade investigando coma de costume (143).
………………………………………….
-Pois responda dunha vez. O devandito Julio Palacios de la Mora cumpriu os obxectivos ou non os cumpriu?
-Póñalle un seis, don Luís. Visto así é mellor cambiar a acta. -Non se pase, don Demetrio; un cinco é suficiente. No meu colexio non tolero tratos de favor (154