subliñados de NOITES DE SAFARI (Marleen MaLone, Xerais)

Porxmeyre

12/04/2018

 

(…) noites arduas onde femias en celo rastrexan as pegadas e os bramidos dos machos dominantes sexualmente activos co fin de aparearse. Si, Félix Rodríguez de la Fuente modulárame desde sempre a linguaxe (10).

………………………………………

Nin resucitando a Steve Jobs podería programarse os homes para que cedesen o rol dominante ás mulleres (25).

………………………………………

Con todo, xúrovos que  amiña entreperna era unha contorna fluvial e forestal tan natural como a fervenza do Ézaro, e reivindicaba para ela o selo de <Galicia Calidade>, pois non era menos que os viños, crustáceos e paisaxes que saían naqueles spots da Xunta (31, salientado orixinal).

………………………………………

Dúas veces. Dúas malditas, desatinadas e miserables veces consentín as artimañas sucias de dous homes casados (33).

………………………………………

Pero tamén é certo que pode ser < home e muller que se aman>. Ambos e dous conceptos dominábaos Corín Tellado (41, salientado orixinal).

……………………………………….

A día de hoxe, cun pé nos corenta, recibo idéntico trato: adoito ser confidente necesaria, poucas veces o obxecto de desexo de carnes suculentas que ansían devorar (48).

………………………………………..

Introducín dous dedos na miña vulva sen dificultade. Estaba moi húmida. Polo momento non sentía dor (62).

…………………………………………

Comezaron a palpitarme as sens e, nun punto do meu cerebro equidistante de ambas, iniciouse a cocción da mala hostia, a lume rápido (79).

………………………………………….

A conversa non vola vou transcribir, pois dilataría moito o relato -e este xa excede da media: ao redor das tres mil palabras-(85).

…………………………………………..

Teño que recoñecer que isto de ir de pretty woman mola moito. Grazas, promiscuidade! (92, salientado orixinal).

…………………………………………..

Axeonlleime para loala. Permanecín uns segundos prostrada, cunha actitude teresiana, ante tamaño despregamento de virilidade (106).

……………………………………………

Menos mal que son acuario e suponse que, por nacemento, estou en obrigada sintonía con esta era. Vamos, que o cosmos está do meu lado, axudándome a sosegar o meu carácter insufrible (117).

……………………………………………

Apertáchelo demasiado forte, dándolle a coñecer o lote de carencias afectivas que preceden a este momento (130).

…………………………………………….

Prostitúome en todas as ocupacións. Agás fodendo (136).

…………………………………………….

Só atraio perfectos balas perdidas. Bandidos da noite, vamos (141).

…………………………………………….

Mirade, a vida flúe veloz como o diñeiro negro cara a un paraíso fiscal (146).

……………………………………………..

A soidade é moi puta e refrégase contra canto refugallo de carnaza con cheiro a testosterona atopa (160).

……………………………………………..

De acordo, non lle enviara alta literatura, pero conviremos en que a erudición escrita estorba á hora de tentar desadurmiñar a ferralla (169).

……………………………………………..

Desde entón manteño unha actitude defensiva fronte aos narigóns. Aquilinos inseguros, aguzados idiotas, recachados inútiles, por favor, afastádevos do meu aséptico cogomelo! (175).

…………………………………………….

A miña entreperna, cal cráter enfornando, erupciona en lava fronte a un sismo testosterónico (193).

………………………………………………

Que facía eu alí? O invariable: gañar a vida a base de perder o tempo (212).

………………………………………………

As dúas primeiras citas con Seareiro foron comigo, fronte a un televisor. Acariñabámonos no tempo de tregua que un penalti nos concedía antes do gol (227).

……………………………………………….

Enriba da mesa do salón, dúas cabichas, no bordo do cinceiro, valoran o suicidio. Un cheiro mesto, agre, penetrante,, inunda a estancia (230).

……………………………………………….

Chamas porque xa tes unha idade, porque coleccionas derrotas e fe, e chamas, sobre todo, porque tes tarifa plana (240).

………………………………………………

Perdín máis tempo recluída en retretes alleos que no meu propio afectada de diarrea (246).

……………………………………………….

Non por atesourar certo atractivo, unha pode ter un flirt con quen lle dea a gana. Mesmo podendo, a realidade sempre desbarata calquera expectativa (269).

……………………………………………….

A miña inapetencia para cociñar -que non para comer; devoro canta ambrosía ou bazofia alcanza o meu nariz- escorrenta os homes (277).

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content