subliñados de BESTA DO SEU SANGUE (Emma Pedreira, Xerais)

Porxmeyre

13/12/2018

 

As crenzas do lugar din que o sétimo ou noveno de sete ou nove irmáns será lobo e a sétima entre as nenas, peeira, que significa a que goberna na manda dos lobos (13).

…………………………………………………..

E adoitaba dicir que sempre soñaba en vermello e negro e sen ruídos (20).

………………………………………………………..

Manuel chamábase Nela e adoitaba un eu muller na intimidade, pero de pel para fóra era el e era este, ese ou aquel, segundo a distancia de quen falaba (28).

………………………………………………………..

Manuel non é home de taberna, nin de viño. Non é home de alcoles (33).

……………………………………………………

Pódese dicir que os dous, lobo e trapeiro, traman no engano para o seu proveito. E obteñen pracer no trato previo coas súas presas. Gozan no ir preparando o camiño. Comercian e gozan da carnaza (38).

……………………………………………………..

A xente dicía da fada que do sétimo dos fillos ou das fillas dunha parella. Se é neno: lobo. Se é nena: peeira, capitá dos lobetos. E iso de nacemento (45).

……………………………………………………..

O perigo son os que non son coma ti (53).

……………………………………………………………

Oxalá tivésemos os corpos reversibles para poder facer isto sempre, entregarnos desta maneira. Oxalá as tripas e a carne fosen o de fóra. Así non habería a diferenza (58).

……………………………………………………….

Son fera e encántame que fera e besta sirvan para os animais e as animalas (58).

………………………………………………………..

A lenda tamén ocupa o lugar que deixa a desmemoria, para completala (61).

………………………………………………………..

Cando te convertes en animal faste besta e como besta actúas, pero tamén comprendes que non son o mesmo acto comer e alimentarse (66).

………………………………………………………….

Antonia de Rebordechao, Antonia Vianesa, Antonia Bonita, Antonia desquerida, desbotada, ninguén te quere eu son quen te coida, quen te aloumiña (73).

………………………………………………………………..

Son todas mulleres ou lobas, señor?

Non todas. Algunhas son lobas, otras son só mulleres sen sorte (80).

……………………………………………………………….

-Miñas pobres almas, antes do trebón os seus ósos berran por tumba. Na noite dos sábados vense brillar unhas luces raras entre as árbores. Son chispazos que dan os ósos. Xa ninguén quere ir por ese camino (83).

……………………………………………………………….

Francisca bonita. Hoxe non hai lúa. De estarmos xuntos ti e mais eu aínda, hoxe iriamos ver as estrelas (85).

………………………………………………………….

A fame dos lobos é vella e eles mesmos viven tanto tempo como os humanos, desde que deixan a teta comen asasinando (86).

…………………………………………………………..

No íntimo da cama morde, insulta, ole a perfume bravo e a tabaco, baléirase en mala educación e conta chistes verderolos mentres se corre (94).

…………………………………………………………..

(…) o propio reo foi lobo durante eses doce anos de crimes confesados. A totalidade do seu relato ocúpaa o lobo (97).

……………………………………………………………

Instalouse en todos nós un silencio e unha anguria que coido que levaremos dentro para sempre. Só queda que podreza na cadea cos seus recordos, aínda que haxa quen o defenda (99).

…………………………………………………………….

A pasada noite, primeira desde o seu ingreso neste cárcere, o preso Manuel Blanco presentou indicios de febre e delirios, inquietude e o que poderían ser emorsos ou pesadelos (101).

…………………………………………………………….

Esta sede, esta fame que xa non é a de sempre. Esta fonte que vai ser tapiada por moitos anos. Que será da súa auga, ocultada a partir de agora e para sempre ? (106).

…………………………………………………………….

Sinto gana de ouvear pero calo (109).

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content