ando de memoria, moi de mañanciña
arrastrada pola liña de seda do teu engado (11)
……………………………………………………
nin as areas das praias negrísimas, cuspidas
polo furor dos volcáns,
se tornan tan ardentes baixo o sol (13)
……………………………………………………
se os teus brazos non fosen alba porta do templo da luxuria
se non fosen columnas marmóreas impecables (15)
…………………………………………………………
que vai ombreiros abaixo e xa se precipita
a lencería (18)
…………………………………………………….
somos un exército descontrolado
demasiado excitado
animalario extenso para cama de matrimonio (19)
…………………………………………………….
tomando só o bocado xusto, o máis gorentoso
dese modo, nos amamos (21)
……………………………………………………
as túas palabras róldanme
son gatos entremetidos, enredantes (22)
…………………………………………………….
es bo mariñeiro, ulises
non temes a resaca nin o temporal
sabes que se son nave
é para ir bater contra ti (26)
………………………………………………….
amor, son só os ruídos da madrugada,
non fagas caso,
as campás do día soan lonxe. (27)
………………………………………………..
despois a calma
a calor do sol no lombo
a pedra nos xeonllos (30)
………………………………………………
e eu devezo
por levar o teu arrecendo nas costuras (31)
……………………………………………….
“nesta rúa, o ardor
cercounos e tiveron que darse sen resistencia” (33, salientado orixinal)
…………………………………………………….
podía ser. o mellor era amarrarse un ao outro,
con cabos que aguantasen todas as enchentes,
que nos protexesen de todos os perigos (35)
…………………………………………………..
vén para darme
bicos
e mordedelas
para conquistarme como un territorio (37)