Quen é Paulina Chiziane? Mínima aproximación á Premio Camões 2021.

Porxmeyre

03/11/2021

Si. Se pregunto: Quen é Paulina Chiziane? A resposta moi maioritaria vai ser o silencio, como sempre que preguntamos pola galegolusofonía. Ese silencio vergoñento.. Porque se chego a preguntar, por sinal, quen é Almudena Grandes, toda a xente tería pouco ou moito que dicir. Pasa isto por vivirmos máis atentos á cultura colonizadora castelá, que á que se expresa en linguas “irmás” (aceptemos esta convención) e que loitou e venceu os colonizadores. Loitou e venceu, aceptémolo así, non deixa de ser unha razón moi poderosa..

E xa les digo unha cousa, Almudena Grandes (1960) nin en soños se pode comparar a Paulina Chiziane (1955) medindo o valor da súa obra. Así de simple e categórico.

Como isto é unha mínima aproximación á figura de Paulina Chiziane, descúlpenme ás présas.

Primeiramente, eviarlle os parabéns tamén desde a Galiza, desde esta humilde bitácora que ten como epicentro o mundo da literatura. Non é pouco ser a primeira muller africana en recibir o Premio Camões de literatura, xusto nun momento no cal ela parecía ter renunciado a seguir escribindo (2016), cansa de ter que dar tantas explicacións, de xustificarse asi mesma como muller negra, a súa postura política de esquerda nacionalista, anticolonialista e feminista…cansa de que lle demandaran que escribria “literatura bonita”, é dicir literatura non conflitiva…cando a súa vida (e a nosa, non se esquenza) é puro conflito. Tamén porque escribindo sobre o que A rodea, sobre o día día, sobre a realidade vivida non lle queda máis remedio se non quere mentir. É o que teño dito tantas veces: as escritoras negras non son libres á hora de escribir, desde que senten a necesidade de loitar contra a inxutiza.

Teñen máis información, aquí.

Paulina Chiziane á primeira escritora negra do Mozambique. E a primeira romancista romancista negra mozambicana tamén. O seu primeiro romance é de 1990, Balada de amor ao vento e o último é de 2017, O canto dos escravizados. Entre os nomes que influíron na súa escrita cabe citar os de Glória de Sant Anna e tamén o de Carolina María de Jesús, ademais das mozambicanas Lilia Momplé. e Noémia de Souza.

Con todo, ela renega de que ser considera a primeira romancista negra mozambicana sexa un mérito, que o é, porén tamén é unha maneira de silenciar ou ocultar as loitas vitais que impreganan a súa obra…o cal é que realmente ten valor e debe ser posto en destaque.

Sobre o feminismo negro de Paulina Chiziane, déixo esta ligazón onde Adelto Gonçalves o analiza a través da súa obra..

Tamén recomendo a lectura deste artigo (Wérlem M dos Santos) que xunta e analiza o pensamento a Paulina Chiziane, Simone de Baeuvoir e Cecília Meireles..

A cerca súa poesía-resistencia, este artigo de Débora Nascimento

Paulina Chizianane, que eu saiba, foi traducida ao alemán, castelán, italiano, inglés e mesmo serbio.

Máis información sobre a súa traxectoria literaria, aquí.

E, na Galiza. Nada de nada. Vergoñento.

Finalmente, localicei dous poemas seus:, Van despois, antes quero recomendar seguir o seu Facebook

ESCRAVATURA ABOLIDA

Escravatura abolida. Gritos de euforia

Letras mortas nas cartas de alforria

Fim do assalto ao continente africano

Morte da dor e ressurreição dos fantasmas

 

Quem vai cultivar as plantações de cana-de-açúcar?

Quem vai lavar a loiça (sic) depois da pantagruélica refeição?

Quem pagará o salário ao batalhão de escravos libertos?

Quem? O antigo patrão ou as suas ociosas senhoras?

 

Morreu a escravatura ostensiva, oficial, legal

Os traficantes de gente organizam-se novamente

E a escravatura ressurge silenciosa, sutil, invisível

Nos cantos mais sombrios do mundo

 

Agora é a escravatura sexual que atormenta as mulheres

Escravatura do vício, do crime organizado, dizimando jovens

Esposas e filhas escravizadas na cozinha da casa

E todo o planeta terra escravizado nas malhas da globalização

 

Escravatura abolida?

Escravatura antiga com nova face

Vestido novo em corpo velho!

………………………………………..

Sou

Sou o canto dos ventos, o canto dos pássaros

O canto das ondas de todos os oceanos

Embalando a dor dos cativos a caminho da escravatura

Suavizando o desespero dos negros no fundo do porão

Sou o grito de revolta pela dor do chicote

Sobre os corpos nus empilhados no escuro

Choro pelos negros que morrem

Diante da tirania impiedosa dos homens do mar

Sou o canto de esperança no ciclo das estações

Derramando lágrimas de fome, de dor e de medo

Vencendo o frio tenebroso das trevas de hoje

Para viver momentos luminosos na próxima geração

Fui escravizado pela força das armas

Trabalhei a vida inteira como uma besta

Para receber do meu dono uma mão de feno

E um púcaro de água turva

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content