Pola morte do Antonio. Curmán político. Xente do melloriño. Non lembro falar con el e que non me arrincara un sorriso por moi soturno que eu andara. Desde os dous anos levo perdendo xente polo camiño da vida, entón foi o meu avó paterno, e antes ca el, antes de eu nacer, o avó materno na puta guerra incivil…
Só agardo, Antonio que ao ceo onde irás a miña avoa Xesusa che teña quente un prato do seu caldo que a ti tanto che gorentaba…
O resto son lágrimas.
Lamentámolo moito. Só queda pedir que a terra lle sexa leve. Unha fonda aperta.
Beizón, Helena