crítica de A HISTORIA DE ESPAÑA BASEOUSE EN FALACIAS

DESFACENDO MITOS ESPAÑOLISTAS

Título: A historia de España baseouse en falacias

Autor: Francisco Calo Lourido

Editorial: Xerais

Un libro como este, ou similar, tiña moitas ganas de lelo porque as consignas do nacionalismo español máis casposo andan unha e outra vez polos medios de comunicación sen que os seus dicidores amosen ningún tipo de vergoña ou pudor. Habitualmente pertencen a Vox ou ao Partido Popular (que realmente veñen a ser a mesma cousa, aínda máis: segundo Vox o PP é dereita covarde, e segundo o PP Vox é a dereita “cabrona”. Porén este tipo de discursos non son propiedade exclusiva deles, tamén existe un PSOE xacobino que, sen pregoar tanto xurro dialéctico teñen medo de que España rache, e non reciben estas mensaxes con mala cara, porque no fondo, penso eu, coinciden cos ultranacionalistas dos partidos políticos da dereita. Cando menos non cuestionan publicamente as súas mensaxes de catecismo político españolista.

E o peor é que a xente de a pé, non versada en Historia, acólleos sen ningún tipo de exame racional. España é o reino máis antigo de Europa, por exemplo. Francisco Calo demostra que tal proclama, é unha mentira, unha falsidade fabricada coa intención de “engrandecer” o pasado nacional español. Por sinal. Daquela. Poñamos no tempo dos RRCC España só era unha maneira de nomear un territorio. Vimos de falar dos RRCC, tamén se di que foron os xestores que unificaron España, outra mentira como unha catedral. Estoulles poñendo algúns exemplos do contido do libro, mais tampouco quero dicir demasiado. Por iso só lles darei outro, e con iso paro. Neste caso é o “mal chamado Imperio Español”, pois nunca existiu como tal. Os territorios pertencían á Casa Real ou dinastía que tiña o poder nese momento, non existe documentación da época onde se mencione o “Imperio” senón os diferentes reinos que lles pertencían.

A Historia é un xénero literario,, sabíano ben Marcelino Menéndez Pelayo e Ramón Menéndez Pidal (por citar dous nomes) en elaborar un relato histórico que concordara do ideal político conservador. Ás veces (moitas) resultaba máis ficticio ca real, porén iso era o de menos. Ä xente gústalle o epopeico, porque os fai sentir importantes e identifícanse cun Estado que foi capaz de tan magnas “empresas”. Iso é o fundamental, e a partir de aí se foiconfeccionando o “catecismo político españolista”. Ese que, utilizando a fórmula literaria de pregunta-resposta, lles foi inculcado aos cidadáns tanto desde o ensino nas escolas, como desde o púlpito e eclesial (a Igrexa sempre foi compañeira do Imperio) ou mesmo polas forzas da orde pública. Un aínda lembra as multas “por falar alto á autoridade” en realidade eran multas por falar galego á autoridade. Estas noticias viñan en LVG na sección de hemeroteca.

Á ditadura franquista este ideario víñalle como mel nas filloas, Franco era un incondicional admirador dos RRCC. Esforzouse en difundilo en todos os ámbitos, desde os educativos (un aínda estudou FEN, Formación del Espíritu Nacional) ao paramilitar da OJE. O lema era “exercicio físico e nada de pensar”.

Mais volvamos ao libro de que tratamos hoxe. Francisco Calo elabora este documentadísimo traballo fiando o discurso desde moitísimas, moitísimas, citas. Pois é que Francisco Calo sobre todo cre nunha Historia”científica”, aínda quer sexa unha ciencia social.

Téñase en conta que esta quer esta é unha Historia das falacias e medias verdades 8que poden ser máis perigosas que as mentira) que conforman o ideario en que, en pleno século XXI, aínda se apoian os ultranacionalistas españois.

Unha Reconquista que dura oito séculos? Quen pode crer tal cousa, que se demostra algo é os pésimos guerreiros da cristiandade.

Léano, prestaralles. Porque achega un enorme inventario de razóns para combater as pallasadas ultranacionalistas españolas.

ASDO.: Xosé M. Eyré

(membro da Asociación Galega da Crítica)

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido