Carolina Maria de Jesus, a poeta dos que non teñen a palabra…

Porxmeyre

21/03/2020

Tomo o título emprestado do traballo de Elfi Kürten Fenske ao cal remitirei máis abaixo, porque da súa autoría é un traballo rigoroso e moi ilustrativo do que significou a figura de Carolina María de Jesús na literatura e sociedade brasileira. E do que aínda segue significando esta poeta negra e rebelde.

Porén, antes permítanme comentar algo sobre a historia do feminismo no Brasil, unha historia que non se entendería sen Carolina María de Jesus. Neste caso será un comentario breve, mais substancioso, creo. Resulta lóxico comprobar como a evolución do feminismo ten moito que ver coa historia do páis ou comunidade de que se trate. E, desde o punto de vista galego, o que resulta sorprendente xa non é que a muller negra se teña que enfrontar ao racismo, a pobreza e mesmo a escasa alfabetización que padeceu e aínda non está erradicada. Non. Porque o Brasil é o único lugar que eu coñezo onde o feminismo tamén ten que enfrontar organizacións antifeministas, nada menos!

Ben, é o momento de comentar algo sobre Carolina María de Jesus, a muller que centra o noso artigo de hoxe.

Carolina nace en Sacramento, en 1914; more en São Paulo, en 1977. Filla ilexítima dun home casado, parece que foi maltratada na súa infancia e, que me conste, non chegou a estudar máis que dous anos, dous cursos e non enteiros, mais o suficiente como para aprender a ler e escribir e desenvolver o gusto pola lectura. Os seus pais eran analfabetos, por certo. É o que pasa ao ser pobre. Cando lle morre a nai pasa a vivir na favela Canindé, aló por 1947, cando xurdían as primeiras favelas. Chegou a traballar na casa do eminente cardiógolo Euryclides de Jesus Zerbini, que seica tiña unha boa biblioteca que ela consultaba nos tempos de folganza ou lecer. Este dato é moi importante para entender como será a súa poesía, igual que a súa precaria formación escolar.

Porén nunca deixou de ser “catadora” de papel, nunca deixará de xuntar papel para vender, até que puido pasar a vivir nun barrio de clase media (Santana) e despois a Parelheiros, xa na zona sur de São Paulo.

Igual que é importante saber como foi a súa infancia para entender que terá tres fillos, cada un de pai diferente, que non a trataron precisamente ben…e que xamais quixo saber nada de asuntos matrimoniais. Por ir resumindo.

Cómpre tamén saber que, malia o grande éxito e fortuna de Quarto de despejo. Diário de uma favelada, de 1960, tanto no Brasil como tamén nas moitas traducións que del se fixeron, Carolina nunca deu tirado beneficio económico saientábel de aí. Nin de aí nin das múltiples adaptacións a que deu lugar o seu libro. Deu saído da favela, mais morreu no esquezo.

Ese primeiro e fundamental libro na historia da literatura brasileira, non vería a luz de non mediar Audálio Dantas, xornalista  que a coñece e que será decisivo á hora da publicación do seu primeiro libro, despois de divulgar parte dos 35 diarios, cadernos en forma de diário de onde sairá ese primeiro libro. Primeiro e sorpresivo. Que impacta fortemente tanto no ambiente literario brasileiro (non se esquenza que é unha autora negra, e estamos en 1960) como na sociedade. Diriamos que pola súa “fescura”, é dicir por amosar unha forma poética novidosa en canto a que non contemplaba os formalismos típicos da poesía brasileira do momento. Na nosa opinión. O cal vén reafirmar o feito de que ningún dos títulos que despois escribirá acadará a repercusión do primeiro precisamente porque a poeta, sen esquencer a denuncia, se foi facendo máis formalista, e, polo tanto, menos novidosa. Mesmo chegou a escribir un romance ou novela.

Tamén é a ter en conta que no momento en que se publica Quarto de despejo, o Brasil vive un momento de apertura ideolóxica, é o que ten a República Nova (1945-1964). As organizacións feministas fanse eco das novidades que chegan da Europa, dereitos civís, pílula anticonceptiva, as iedeas de Simone de Beauvoir… Sen dúbida é un coadxuvante moi forte. Porén chegará a ditadura militar, e as cousas serán ben distintas, totalmente distintas.

A seguir disporei exemplos da súa poesía. Os primeiros do seu libro Antologia pessoal, aos que hai que sumar dous de Meu estranho diário, para rematar co poema máis emblemático da autora de Quartto de despejo.

Mais non rematarei sen antes recomendar, a quen quixer afondar na vida e obra desta autora brasileira imprescindíbel, a leitura do traballo que no inicio citei.

A Rosa
Eu sou a flor mais formosa
Disse a rosa
Vaidosa!
Sou a musa do poeta.

Por todos su contemplada
E adorada.

A rainha predileta.
Minhas pétalas aveludadas
São perfumadas
E acariciadas.

Que aroma rescendente:
Para que me serve esta essência,
Se a existência
Não me é concernente…

Quando surgem as rajadas
Sou desfolhada
Espalhada
Minha vida é um segundo.
Transitivo é meu viver
De ser…
A flor rainha do mundo.

………………………………………………..

Dá-me as rosas
No campo em que eu repousar
Solitária e tenebrosa
Eu vos peço para adornar
O meu jazigo com as rosas

As flores são formosas
Aos olhos de um poeta
Dentre todas são as rosas
A minha flor predileta

Se a afeiçoares aos versos inocentes
Que deixo escritos aqui
E quiseres ofertar-me um presente
Dá-me as rosas que pedi.

Agradeço-lhe com fervor
Desde já o meu obrigado
Se me levares esta flor
No dia dos finados.

………………………………………………………

Humanidade
Depôis de conhecer a humanidade
suas perversidades
suas ambições
Eu fui envelhecendo
E perdendo
as ilusões
o que predomina é a
maldade
porque a bondade:
Ninguem pratica
Humanidade ambiciosa
E gananciosa
Que quer ficar rica!
Quando eu morrer…
Não quero renascer
é horrivel, suportar a humanidade
Que tem aparência nobre
Que encobre
As pesimas qualidades

Notei que o ente humano
É perverso, é tirano
Egoista interesseiros
Mas trata com cortêzia
Mas tudo é ipocresia
São rudes, e trapaçêiros

(Meu estranho diário)

………………………………………………………

Quando infiltrei na literatura
Sonhava so com a ventura
Minhalma estava chêia de hianto
Eu nao previa o pranto. Ao publicar o Quarto de Despejo
Concretisava assim o meu desejo.
Que vida. Que alegria.
E agora… Casa de alvenaria.
Outro livro que vae circular
As tristêsas vão duplicar.
Os que pedem para eu auxiliar
A concretisar os teus desejos
Penso: eu devia publicar…
– o ‘Quarto de Despejo’.

No início vêio adimiração
O meu nome circulou a Nação.
Surgiu uma escritora favelada.
Chama: Carolina Maria de Jesus.
E as obras que ela produz

Deixou a humanidade habismada
No início eu fiquei confusa.
Parece que estava oclusa
Num estôjo de marfim.
Eu era solicitada
Era bajulada.
Como um querubim.

Depôis começaram a me invejar.
Dizia: você, deve dar
Os teus bens, para um assilo
Os que assim me falava
Não pensava.
Nos meus filhos.

As damas da alta sociedade.
Dizia: praticae a caridade.
Doando aos pobres agasalhos.
Mas o dinheiro da alta sociedade
Não é destinado a caridade
É para os prados, e os baralhos

E assim, eu fui desiludindo
O meu ideal regridindo
Igual um côrpo envelhecendo.
Fui enrrugando, enrrugando…
Petalas de rosa, murchando, murchando
E… estou morrendo!

Na campa silente e fria
Hei de repousar um dia…
Não levo nenhuma ilusão
Porque a escritora favelada
Foi rosa despetalada.
Quantos espinhos em meu coração.
Dizem que sou ambiciosa
Que não sou caridosa.
Incluiram-me entre os usurários
Porque não critica os industriaes
Que tratam como animaes.
– Os operários…

(Meu estranho diário, 1996)

…………………………………………………………….

Muitas fugiam ao me ver… 
Muitas fugiam ao me ver
Pensando que eu não percebia
Outras pediam pra ler
Os versos que eu escrevia

Era papel que eu catava
Para custear o meu viver
E no lixo eu encontrava livros para ler
Quantas coisas eu quiz fazer
Fui tolhida pelo preconceito
Se eu extinguir quero renascer
Num país que predomina o preto

Adeus! Adeus, eu vou morrer!
E deixo esses versos ao meu país
Se é que temos o direito de renascer
Quero um lugar, onde o preto é feliz.

…………………………………………………………………..

Sonhei
Sonhei que estava morta
Vi um corpo no caixão
Em vez de flores eram Iivros
Que estavam nas minhas mãos
Sonhei que estava estendida
No cimo de uma mesa
Vi o meu corpo sem vida
Entre quatro velas acesas

Ao lado o padre rezava
Comoveu-me a sua oração
Ao bom Deus ele implorava
Para dar-me a salvação
Suplicava ao Pai Eterno
Para amenizar o meu sofrimento
Não me enviar para o inferno
Que deve ser um tormento

Ele deu-me a extrema-unção
Quanta ternura notei
Quando foi fechar o caixão
Eu sorri… e despertei.

………………………………………….

…………………………………………..

“Não digam que fui rebotalho,
que vivi à margem da vida.
Digam que eu procurava trabalho,
mas fui sempre preterida.
Digam ao povo brasileiro
que meu sonho era ser escritora,
mas eu não tinha dinheiro
para pagar uma editora.”


Quarto de despejo, 1960

……………………………………………………………………………………………….

Este artigo vai dedicado a LUZ , nunca me gustou chamarlle Lulú. Outra das mulleres fundamentais na miña vida. Sentoume moi mal a nosa ruptura, outra vez ficaba sen quen máis quería, e fixen algunhas estupideces para obrigarme a odiala. E foi entón cano me decatei da miña reducida capacidade para odiar. Non podía odiar a alguén con quen compartira momentos extraordinariamente fermosos, como as nosas viaxes a A Coruña, ou as noites no Heráldica…

Porxmeyre

4 comentarios en “Carolina Maria de Jesus, a poeta dos que non teñen a palabra…”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content