bocadiños de EVANXEOS APÓCRIFOS (Rafa Lobelle, Do peirao)

Porxmeyre

04/10/2018

 

Dese mesmo asunto, do que precisamente agora todos din saber anacos e moreas, eu non lles sei nada a pé fixo (13).

……………………………………

O caso é falar de algo para ter a cabeza enredada cando a crueza do clima non permite falar ás mans nos eidos. En algo hai que pasar o tempo,non é?(16).

……………………………………

A envexa, si, ese é o problema deste mundo, diso sabémoslles moito por aquí, saben? (18).

……………………………………

(…) aquí a xente sábelles máis polo que garda que polo que solta(19).

……………………………………….

Hoxe xa ninguén vai á misa por rezar, senón polo conto e por falar mal do veciño(19).

……………………………………

A condenada ánima enloitada vainos levando todos metidos debaixo do seu refaixo (20).

…………………………………….

Miren. Aquí non lles somos tan revirados como nos fan. Traballar, traballar e traballar. Iso é o mellor que sabemos facer (26).

……………………………………..

Téñolles a conciencia tranquila e un bo lombo que as atura todas (31).

…………………………………………

Traballar arreo todos os días e esbardallar con mala fe, diso é do único que saben dabondo (34).

………………………………………….

Só que entre esta xente se vale máis polo que se cala que polo que se di (36).

………………………………………

Ese non quere rozamento cos vecinos. Élles un deses teso coma un carabullo (41).

…………………………………………..

Se incluso o vento anda atrapallado. Igual cá xente, xa non hai palabra (43).

……………………………………….

Pero claro, sempre hai un parvo que traballe para un listo (45).

……………………………………………

A Luísa non merece ese destino, tocoulle o home que lle tocou pero a vida foi moi inxusta con ela (50).

…………………………………….

A peor vergoña do emigrado é volver máis arruinado do que foi (67).

…………………………………

<Hai que gardar das risas para as choras> (68, salientado orixinal).

………………………………….

(…) para criar ben os fillos, estes débense comezar a educar polo menos trinta anos antes de nacer (75).

…………………………………..

Eu leva xa ben vivido ás miñas costas e téñolles cada día menos certezas (76)

……………………………………

A paciencia é a mellor arma do porvir (80).

……………………………………

<Eu só quero que me deixes tranquila, Ramiro. É tan difícl iso> (96, salientado orixinal).

……………………………………

<Déixao, por favor. Nunca entendiches nada> (96, salientado orixinal).

……………………………………

Durmir era o único consolo que dun tempo a esta parte parecía servirlle (99).

……………………………………

Tendemos a facer de cada persoa a imaxe que realmente nos convén a nós (104).

……………………………………

Ten unha pena tan fonda e verdadeiramente enraizada no corazón coma un silveiro que a consome e que non dá arredado de si (108).

…………………………………..

Que é a verdade? (118)

……………………………………

Cada un ten a súa. O seu Evanxeo particular (118).

……………………………………….

Hai xente e xente, pero eu e a Luísa sómoslle dunha mesma raza, temos esa costela de debilidade…(122).

……………………………………

Ao igual que en todas estas aldeas dos arredores a vida vai esmorecendo aos poucos, vaise apagando lentamente a candea co sopro frío do tempo (126).

…………………………………….

Xa pararán, o que teña apuro que vaia andando (138).

……………………………………..

O que pasa é que unha mosca soa non fai verán e así nos vai (141).

………………………………………

Levantoume os nervios do corpo e logo xa foi todo en cadea (150).

………………………………………

Non lle teño máis que pedir á vida, nin tampoco lle gardo débeda ao demo (171).

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido