Beatriz Nascimento, a poeta asasinada pola violencia de xénero.

Porxmeyre

29/03/2020

Falar de feminismo no Brasil non é sinxelo, nada sinxelo aínda que se trate de mulleres branca, pois o patriarcado aferróllaas completamente, sendo a submisión e a obediencia aos esquemas sociais masculinos premiada, premiada de acordo con eses mesmos esquemas. Xa dixemos, nun artigo anterior que no Brasil hai como mínimo dúas asociacións antifeministas mesmo, lembramos. Mais falar de feminismo negro é moito máis valente, urxente e necesario. Porque entón hai tamén que falar de racismo, si, racismo en pleno século XXI. E non só racismo, tamén pobreza ademais da marxinación. Aínda por riba, alén da exclusión social que significa o racismo, e da pobeza inherente, a alfabetización do colectivo negro segue sendo deficitaria.

Neste contexto, tal e como se ergueu a voz de Alzira Rufino, da que xa escribimos un artigo, tamén se alza a de Betriz Nascimento. En realidade son case coetáneas. Se Alzira nacera no 1949, Beatriz Nascimento nace no 1942. No século XX ambas son dúas das voces que máis reivindicaron o colectivo negro brasileiro, que máis estudaron a descendencia étnica africana, e que mellor representan o feminismo negro no Brasil.

Para esbozar a traxectoria vital de Beatriz Nascimento, seguiremos a Álex Ratts, seguramente a persoa que mellor coñece o traballo e a vida de Beatriz ( sen esquecer a reivindicación da súa figura por parte de Jarid Arraes – de quen xa escribimos tamén), tan necesaria), que nace en Sergipe, no seo dunha familia que tivo dez fillos e na que non había antecedentes intelectuais.

A actvidade investigadora e activista de Beatriz comeza xa cando estuda Historia, unha vez emigrada a súa familia a Río de Janeiro. Logo será profesora de Historia na rede estadual de ensino do Río de Janeiro. En 1974 publica “ Por uma história do homem negro” ( Revista de Cultura Vozes) onde denuncia a absoluta despreocupación da Academia Brasileira respecto ás cuestións referidas á historia do colectivo negro. Posteriormente, noutro artigo criticará que as achegas co colectivo negro fiquen en simples “contributos”. Nese período participa nun grupo de activismo negro ( Grupo de Trabalho André Rebouças : GTAR) na Universidade Federal Fuminense.

Na Quinzena do Negro de 1977 aparece xa como conferenciante especializada na cuestións étnico-raciais. E posteriormente especialízase en Historia an Universidade Fluminense. O Quilombo (e a súa relación coas favelas) vai ser o principal albo das súas pequisas.

Dous conceptos: teritorialidade e corporeidade, serán operativos na inquedanza por estudar o clectvo negro e a súa ascendencia africana (para o que mesmo viaxou a Angola). Alén do concepto de trasantlantidade, que se estende entre Europa, África e América, co Atlántico polo medio. E tamén, tamén se fixará na dupla discriminación da muller negra no Brasil. Discriminación por raza, e por sexo. Em 1987 será distinguida como Mulher do Ano.

Beatriz Nascimento foi asasinada (1995) no que hoxe chamariamos como un asasinato por cuestións de xénero, aquí. Non é que ela padecera abusos machistas e eses abusos acabaran coa súa vida. Non. No seu caso foi por auxiliar unha amiga que si os padecía. Entón, o marido desa amiga rematou coa súa vida por “meterse polo medio” defendendo a amiga.

Porén, malia o activismo negro e feminista, malia a súa actividade intelectual como investigadora nun tema tan revindicativo como o racial negro e defensa da muller negra, a súa figura aínda está necsitada dun recoñecemento axeitado á valía da súa contribución como muller, como muller negra. A súa prematura morte, asasinada (lembremos) pode ter que ver nisto, unha razón máis para este artigo noso.

E, alén de historiadora, tamén foi poeta.

Non é sinxelo atopar poesía súa na rede. Nós só atopamos estes dous exemplos.

SONHO

Seu nome era dor

Seu sorriso

dilaceração

Seus braços e pernas, asas

Seu sexo seu escudo

Sua mente libertação

Nada satisfaz seu impulso

De mergulhar em prazer

Contra todas as correntes

Em uma só correnteza

Quem faz rolar quem tu és?

Mulher!…

Solitária e sólida

Envolvente e desafiante

Quem te impede de gritar

Do fundo de sua garganta

Único brado que alcança

Que te delimita

Mulher!

Marca de mito embotável

Mistério que a tudo anuncia

E que se expõe dia-a-dia

Quando deverias estar resguardada

Seu ritus de alegria

Seus véus entrecruzados de velharias

Da inóspita tradição irradias

Mulher!

Há corte e cortes profundos

Em sua pele em seu pelo

Há sulcos em sua face

Que são caminhos do mundo

São mapas indecifráveis

Em cartografia antiga

Precisas de um pirata

De boa pirataria

Que te arranques da selvageria

E te coloque, mais uma vez,

Diante do mundo

Mulher.

Fonte do poema: Nascimento, Beatriz. Todas (as) distâncias: poemas, aforismos e ensaios de Beatriz Nascimento

……………………………………………

O Quilombo é memória, que
não acontece só pros negros,
acontece pra nação. Ele
aparece, ele surge, nos 
momentos de crise da 
nacionalidade!

A nós não cabe valorizar 
a História. A nós nos cabe ver
o continuum dessa História…

Porque Zumbi queria fazer
a nação brasileira, já com 
índios e negros integrados 
dentro dela. Ele quer 
empreender um projeto
nacional, de uma forma 
traumática, mas não tão 
traumática quanto os
ocidentais fizeram, destruindo
culturas, destruindo a 
História dos povos dominados. 

Fonte: Jornal do MNU, n. 17, set-nov. de 1989, p. 12.

…………………………………………………………..

Porén non imos deixarvos coa sede na boca. Se non atopamos máis poemas “escritos”, si podemos deixarvos este filme onde escoitaredes a súa voz, e nada mellor que a súa voz para encarnar os seus propios textos. Trátase de Ori , dirixido por Raquel Gerber, vén subtitulado en francés pero a vós non vos ha cumprir tal cousa. Que vos preste!

…………………………………………………………………………….

Como todos os demais, este artigo vai dedicado a unha das mulleres da miña vida. Hoxe é Inés. Pouco tempo estivemos xuntos, vivindo na súa casa. A súa casa era grande, triste, fría e fea. Pero cando estabamos os dous xuntos todo era distinto. Lémbroa moito, malia o pouco tempo, ten un lugar precioso no meu corazón. Gustábame moito falar con ela, e as comidas xuntos, e ir de compras…

Un día desapareceu. Da miña vida. Da casa. E do traballo ( traballabamos no mesmo edificio). Entón non souben a razón, hoxe si. É tan dura que non quero ennegrecer esta lembranza emocionada con cousas tristes.

Onde esteas, Inés, oxalá sexas moi feliz. Sempre que vou a Ourense teño a esperanza de atoparte, reatoparte, volver falar contigo…




Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content