Amancio Ortega, o odio e o Día do Libro

Porxmeyre

23/04/2018

Con datos moi preocupantes celebramos hoxe o Día do Libro. Datos moi preocupantes polo que a Galiza se refire, o que contrasta co que está a suceder no resto de liguas do Estado. Menos títulos, menos tiraxe, menos editoriais e menos axudas públicas. O libro galego parece en caída libre. Do que se alegran moito Feixó e os seus secuaces, non en van eles son os culpábeis directos de que isto sexa así. Porque é unha cuestión de odio, de odio político. E isto débeno ter moi en conta os políticos nacionalistas, telo moi en conta e contarllo á xente. Non é que nós sexamos unha cultura que non paga a pena, condenada a morrer. É que hai xente interesada en que morramos: Feixó e os seus secuaces, para algo temos unhas autoridades (Consellería de Cultura, DXPL) que se compracen en non facer nada ou en xogar á contra.

Outra cousa sería se Amancio Ortega e o seu emporio amosasen eses datos preocupantes, porque entón si, entón se acenderían as luces alarmantes nos despachos de San Caetano. E non é que de Amancio Ortega dependan postos de traballo, como se pode pensar. Non, porque da cultura galega tamén dependen moitos postos de traballo. As esperanzas están postas na Lei do Libro, unha Lei do Libro que hai intereses creados en que non funcione. Pero as esperanzas está postas na Lei do Libro porque que as autoridades fagan algo minimamente intelixente en favor do libro parece unha milagre. Non lles convén, politicamente non lles convén e isto redunda nunha diminución do nivel cultural galego, atinxe tamén aos non galegofalantes.

Por iso hoxe non é día de celebracións, non polo menos para min. É un día para a preocupación. Porque me parece inxusto que esas autoridades que debían axudar e xogan á contra saian indemnes. Xogan pola burramia e deben pagalo. Todo aquel que aposte en contra da cultura debe pagalo, porque o peor que se pode ser neste mundo é ser un inculto, un inculto por vontade propia. Que iso é o que son as nosas autoridades. E faránllelo pagar aos nosos fillos, da única menira que saben: con máis burramia. Non en van a imbecilidade, como di no libro que estou a ler, é unha característica definitoria do ser humano.

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content