a falsa bibliofilia

Porxmeyre

02/10/2021

Poñamos que falo de Madrid, Da Feira do Libro de Madrid. Lean e crean, todo o que lles vou contar é verdade, a parte de verdade que podo contar se meterme en sarillos. de difícil solución.

Imos ter como centro a Feira do LIbro de Madrid, que sempre boicotea o libro galego, non por casualidade senón por motivos políticos. Parte do que lles vou contar sóubeno da boca dun dos bibliófilos españois (e diría que europeos) de máis reputación. Vive a uns 200 km tirando para a meseta. E é un mesetario desprezábel. Unha vergoña de persoa, que debaixo da “bibliofilia” agacha un odio inmenso á literatura e cultura galegas. Ten “a súa biblioteca particular” nun castelo, nela vin primeiras edicións de moito libro medieval, agás aínda que fora unha triste edición fotografica pertencente á Lírica Medieval Galega. A razón é política, no Bierzo existe unha correntre de opinión que trata de deslexitimar e ocultar o seu pasado galego. Este bibliófilo lévao ao extremo máis intransixente.e combatente.

O “negocio do libro” non o fan as editoriais, nin moito menos as autorías escritoras. O negocio do libro fano unhas presas de autodenominados bibliófilos, que mellor sería chamarlles contrabandistas. Unhas presas, repartidas entre Europa e América. Pouco importa que na Feira de Madrid se vendan máis ou menos libros. Esa é unha colateralidade prescindíbel. O negocio non está en vendar máis ou menos, iso é un escaparate d eonde se poden sacar uns euriños extra. O negocio faise por detrás. A través da intermediación entre ese bibliófilos que, en relaidade, aaoitan ser auténticos predadores. Que é o que procuran estes bibliófilos? Moita cousa. Libros raros (pola temática, polo tipo de edición ou porque existen poucos exemplares). LIbros asniandos polo autor ou con dedicatorias “especiais” -pola persoa a que van dedicados ou polo texto da dedicatoria. “Galeradas” con correcciós editoriais -estas son, polo que eu sei, das máis cobizadas. Libros prohibidos pola Inquisición, pola Igrexa, polo poder político, mais non desexados como metodo para denunciar atrocidades senón como moeda de cambio, como negocio. Aí entran tamén libros “salvados” de queimas represoras etc, aínda que non estean completos ou foran deteriorados no acto. Tïtulos descatalogados ou dos que só circulan un número reducido de exemplares precisamente entre estes “biliófilos”. Exemplares de edicións “fantasma”, feitas sen consentimento autorial, dos herdeiros e/ou á marxe do mercado editorial…Cousas así, hai moitas máis, non quero tampouco abusar, o obxectivo destas liñas é outro.

Como se fan ese negocios do libro? Mediante a intermediación. “Alguén” pon en contacto a este bibliófilo que posúe determinado exemplar que procura aqueloutro bibliófilo. Unha intermediación moi ben retribuída, polas dúas partes. As Feiras do Libro (Bologna, Frankfurt, Madrid etc…) son o lugar que as fai posíbeis. Alguén chega demandando tal produto, se é factíbel no momento, ponse en contacto alguén que o posúa. Se o negocio se chega facer,a recompensa é inmediata. Mais tamén pode habela, caso de non ser posíbel o negocio, se o intermediador por o pon en contacto conalguén que “convenza” ao vendedor. As relacións entre estes bibliófilos son tensas, todos teñen ciúmes de todos. Por iso son necesarios moitas veces nomes non sospeitosos de “bibliofilia”, para efectuar a venda sen que oproduto vaia parar a mans dun competidor. Evidentmente, toso isto faise “por detrás”, en B, son operación mercantís non declaradas. E moven unha chea de cartos. Por iso digo que as vendas ao público nas feiras do libro non son o principal negocio.

Teñen na casa “cromos” da marca Panini? Pois ese tal Panini é un dos principais bibliófilos occidentais. O dos “cromos” é pura fachada empresarial, ou se cadra é o que financia a “fachada”

O curioso xa non é que as autoridades ou xustiza dean cabo deste contrabando biliófilo. O realmente asustador é que esas mesmas autoridades subsidien esas adquisicións “contrabandistas”, a cambio de que despois lles sexan cedidos exemplares para determinada exposición ou se comprometan a ter os exemplares en exposicón pública. Exposición pública, si. Outro negocio. Quen paga o acondicionamento do local e método de exposición, son os cartos públicos, mais os libros son seus, son particulares.

Lonxe quedan os tempos nos que os libreiros, certos libreiros, fornecían de libros prohibidos, por exemplo na ditadura franquista.

Que vaia pola Feira do Libro de Madrid, que está aberta todo o ano aínda que non todos os “postos”, entre a praza de Atocha e o Retiro, comprobará que os libros que se venden ao publico son moi-moi-moi poucos. Como se pode manter a actividade durante tanto tempo con tan poucos ingresos? A resposta xa a saben. Se é necesario, para cadrar contas de cara a Facenda, véndense lotes de libros “a terceiros”, libros a que ás veces nin existen, só son un número (ISBN, antes Depósito Legal) e ninguén vai comprobar, aínda que sexa doado, se ese número en concreto tiña tantos exemplares de tiraxe como se venden, entre outras cousas porque as mesmas editoras hai veces que declaran impresos un determinado número de exemplares….e en realidade venden outro. Non é o máis habitual, mais segue pasando, que eu saiba.

As Feiras do Libro Antigo e de Ocasión? Non son, como poderiamos sospeitar, o seu lugar de “negocio”, prefiren “negociar” desde lugares menso previsíbeis, as grandes Feiras do LIbro, e sempre por persoas interpostas, nunca aparecen eles en por si. Se acaso, unha chamadiña telefónica.

Tdo o que contei seino porque coñezo un deles, e apréndese moito escoitando.

Isto merece unha investigación xornalística seria. E independente. E valente. O negocio move moitos cartos, sempre será perigoso sacalo á luz do día…

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content