Tres poemas escolleitos de A CAMA DO MEU AVÓ MANUEL SANMARTÍN MÉNDEZ (Celso Fernández Sanamartín, Apiario)

Porxmeyre

06/12/2018

Cando nevaba

Cando quedaba no chau a neve

días

 

As táboas do piso

 

Cando a neve duraba no monte

máis de tres ou pouco menos

Saía cazar cunha sacha

Os coellos saían do toco

buscar comida

 

Pensar en comer é comer sen comer

pola neve malamente saltaban

E as pisadas na neve son unha ladaíña


 

E que fai unha cama parada nunha casa de xente

arrombada contra unha parede do soto

 

A cama dos convidados

está arriba posta e feita

 

Cadaquén é convidado

a súa fonte

 

A cama aí parada e desmontada non porfía

está calada, por veces abre os ollos

 

Está parada como non está parado o sol

e como non está parada a lúa na auga que está parada

 

Un acorda

darlle uso

 

Paréceseme na falta de uso a un pipo seco

pero máis a unha mina de auga tupida


 

Paxariño do oeste

vaite máis para o oeste

coma quen que morriches

E volve polo leste

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido