subliñados de LAPIS NA NOITE (Ramón Nicolás, Xerais)

Porxmeyre

28/06/2018

 

A chegada a Ezeiza non me impresionou tanto coma a experiencia que supuxera desembarcar no aeroporto venezolano de Maiquetía había dous anos (22).

……………………………….

Eu seguía desasosegada e sentía a boca seca (32).

………………………………

Adoptara unha actitude mediante a que acreditaba que, se non recordaba algo, é que non existíu (37).

………………………………

As raíces non son fáciles de arrincar, nunca (38).

…………………………………

Por que aquel silencio ferreño sobre Ramiro? Que leva un rapaz a romper coa súa vida e fuxir sen deixar rastro? (50).

………………………………

Na carta que xa debiches ler quixen desvelar algúns dos motivos que encontrei para escribir estas crónicas ou memorias (57).

……………………………….

(…) que viñan por min e que sería cousa de días (58).

……………………………………

Un espazo onde a frontera das idades se diluía, onde non era unha quimera sentirse adultos, máis ben unha realidade tanxible, sobre todo cando o que se quería era cambiar o mundo (61).

……………………………………

Escoitáranse uns a otros, olláranse e sentíranse preto eunidos por ese fío invisible que tece ilusións compartidas (63).

………………………………..

Moitos mesmo sen adscrición partidaria ningunha, pero unidos nunha fe colectiva e solidaria da que non abdicarían nunca (64).

…………………………………..

Estaba feliz porque eses ingresos me permitían sobrevivir, que daquela era, sen dúbida, o máis importante (68).

……………………………………

Non arriscar en van o futuro das persoas que me rodeaban. Esa era a idea que perseguía (77).

……………………………………

A persecución do estudantado <desafecto e comunista> foi un dos obxectivos máis cobizados e prioritario, tamén relativamente fácil de dominar (97, salientado orixinal).

…………………………………..

Vénme á cabeza agora a declaración de Bruera, ministro de Educación Nacional, que se encargaba de insistir, coma unha ladaíña, na necesidade de < restaurar a orden a educación >, isto é: contra o caos, disciplina (98).

…………………………………..

( … )a comprensión do <fenómeno subversivo que vive a Arxentina destes días, especialmente no ámbito educativo> ( 100, salientado orixinal).

……………………………………

(…) aludindo á enfermidade moral da educación e do país (101)

…………………………………

En pouco tempo foi asasinado e o seu corpo, ademais, foi exposto no patio central da ESMA ante os seus compañeiros secuestrados, como exemplo do que nunca se debería facer (112).

…………………………………

Facían un pouco de trampa, pero gañaban confianza para a vida (128).

……………………………………..

Pasara só un mes desde que Videla accedera ao poder e todo mudara radicalmente (132).

……………………………………..

Como imaxinas, esas dez persoas, máis ben os seus secuestros, pasaron á historia negra da Arxentina baixo o nome de Noite dos lapis (136, salientado orixinal).

………………………………….

É posible curar as feridas coa palabra? Tampouco o sei (137).

…………………………………

A barbarie xonocida desembarcou en todos os ámbitos (143)

……………………………………

Unha verdadeira caza de bruxas que xeraría despedimentos e inhabilitacións (146)

…………………………………

Eran tempos en que ter un libro era perigoso, moi perigoso (146-147)

…………………………………..

Ese era o deseño do país en que querían que vivísemos, coa cabeza Baixa, os ollos pechados, as orellas tapadas (147).

……………………………………

Unha nube negra veu e quedou para sempre pairando riba das nosas cabezas (150).

………………………………

Non facían falta palabras naquel momento, tampouco se podían pronunciar (153).

…………………………………

O silencio chantóuseme na alma aquela noite (153).

………………………………

Aquela noite foi para nós interminable, interminablemente longa (157)

……………………………….

Batiamos contra un muro de indiferenza, de desprezo e silencio unha e outra vez ( 158).

…………………………………..

Se cadra xa non a fe no amor, porque o noso á forza se transformara noutra cousa; se cadra resistencia, ou resiliencia (159).

………………………………..

(…) pois non se trata de reconciliar: o verbo é reparar (183).

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content