subliñados de LABIRINTO OU MEMORIA (Marta Dacosta, Caldeirón)

Porxmeyre

11/10/2018

 

hai chagas ocultas

feridas que nunca cicatrizan

 

os versos son un eco (9)

………………………………………..

poema testamento

para herdar os mapas dos lugares vividos (10)

……………………………………..

como quen prende un facho

no interior da caverna (11)

…………………………………………

que cabalga na néboa

 

cegada pola luz (12)

………………………………………..

oculta persuasión da dor que nos dobrega

e non hai metáfora, nin ritmo

que poidan soportar o que esbozamos

escuramente entre sílabas e pausas (13)

……………………………………

até afogar a voz e mutilarnos (14)

…………………………………..

ESCRIBIR

esconxurar

a podremia que obstrúe o interior

das vísceras (15)

…………………………………….

para guiarme

neste

labirinto

ou memoria

………………………………………

porque a memoria é como ese pozo gris (20)

………………………………………

desancorada

volvo ao pozo da memoria (21)

………………………………………

e das poldras que non cabalgan (23)

………………………………………

a comprobar que existían lugares

construídos con paz e con afecto

onde podías permanecer (24)

…………………………………………..

o devezo do aroma

que nos travesa na súa brevidade (25)

……………………………………….

fráxil

á máis mínima

brisa (26)

………………………………………..

O CORPO é un mapa de feridas (29)

………………………………………..

CONVIVINDO co monstro (31)

………………………………………..

a que distancia estou

do seu abismo (32)

………………………………………..

estúpida memoria

que reduce o pasado a números

inútiles (34)

………………………………………..

unha soidade feita de ruído

da luz da primavera

de camiños

de tempo que non pasa

e que non chega (36)

…………………………………………

quen sodes vós para xulgarme?, que sabedes de min? (37)

……………………………………………..

indefensa, mais certa xa, e para sempre

de que a casa que erguiches é a túa vitoria (38)

………………………………………….

as uvas tentadoras das lembranzas (39)

…………………………………………

dunha man que se tenda

que comprenda

 

a susencia (42)

…………………………………………

fragmentos de memoria

sen fío a guiar no labirinto (43)

……………………………………………..

titánico como  o esforzó de erguer un corpo que se nega

a enfrontar o paso do reloxo (45)

………………………………………….

non te entenden

 

non queren entenderte (49)

………………………………………….

e un camiño inexplorado ábrese  (51)

………………………………………………

barro co que nos constrímos (52)

………………………………………………

e medraches pensando que eras a a etapa final

o éxito agradado despois do caos (53)

…………………………………………..

ao fin

unha malformación máis

que soubo adaptarse

 

que colonizou o espazo

que loita contra o tempo (54)

…………………………………………….

NADA SABES das cicatrices que oculta (57)

……………………………………………

e as palabras adquiren a densidade exacta

para pesar como áncoras no fondo da memoria (59)

……………………………………………….

NON SEI se é posíbel sobrevir a este cansazo (63)

…………………………………………..

O POEMA é a memoria da nena

enfiando unha agulla, a retorcer a lingua (65)

…………………………………………..

un pozo de silencio, os chanzos contra o avismo

altos muros que tardan en seren derrubados (67)

……………………………………………….

como salvoconduto vexetal

que detén a memoria

nesta sinfonía verde e hímida

que un día ha de salvarnos (68)

………………………………………………

e unha voz inaudíbel

que non quere renderse (70)

……………………………………..

busco cicatrices

achégome canto podo

para inspeccionalas (71)

……………………………………..

estraña

nun corpo que non imaxinei e ao que teño que adaptarme

porque el é

o meu tirano (72)

……………………………………..

coáronse os fantasmas polas ventás da casa

e aniñaron no estómago, unha manda

de buzacos famentos que pretenden

devorarme (74)

……………………………………..

(…)habitante dos soños

pobo que sabe o nome de todos os

exilios (76)

……………………………………….

para saciar a sede de

xustiza (78)

……………………………………….

e sempre

o mesmo pobo dominado (82)

…………………………………………

aprendemos a lingua do colonizador

como se fose a nosa lingua propia

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido