subliñados de INDEPENDENCIA (Alfonso Rodríguez, M Editora)

Porxmeyre

21/06/2018

 

Estamos abocados ti e máis eu nun canibalismo recíproco (8).

…………………………….

diversión de sometemento (8)

……………………………..

Unha bolboreta é un desexo volátil (13).

…………………………….

Teño unha idea aproximada

do meu camiño (14).

…………………………….

Son mi ambiguo e contraditorio

son case nada, son case todo… (16)

……………………………..

Os froitos das sombras das árbores tamén son escuros (24).

……………………………..

Era estudante de malas artes (26).

……………………………..

Na marxe está o centro da distancia (28).

……………………………..

españa é moi difícil

como as matemáticas (30)

………………………………

(PERPENDICULARES)

Se ti és meu horizonte

eu son o teu abismo (34)

……………………………..

A REALIDADE é unha tumba de soños (38)

……………………………..

A sabana africana

tiña elefantiños bordados (42)

……………………………..

medios de comunicación case fascistas

e case medios de comunicación (44)

……………………………

Teño bastantes distopías nos dous ollos, ás veces preciso de lentes, mais

na fronte a utopía sempre me agarda movéndose impaciente para que a

siga e non me deteña (47).

……………………………

Ollando o reflexo do ceo no abismo…

a vida e a morte comparten superficie (51).

…………………………….

-Como se chama o panadeiro novo?

-Peter pan (54).

……………………………

-Ornean Sancho?

-Non meu señor, toman partido! (56).

……………………………

Río logo flúo (60).

……………………………

O pensamento xenérase na escuridade

Cando se precipita vé a luz (62).

……………………………

A maioría de pensamento que produzo é spam (69)

 

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido