subliñados de A NOITE DO CORVO (Abel Tomé, Galaxia)

Porxmeyre

01/11/2018

 

A morte tiña forma de familia aparentemente feliz (9).

………………………………….

Algún día tornaremos á selva, ao noso estado orixinal. Tornaremos ao instinto, ao impulso….(11).

…………………………………

Ser consciente da natureza humana, e todo o que nos agocha o mundo que non sae no televisor (16).

………………………………..

O desexo sexual ás veces é coma un animal salvaxe. Impulso incontrolábel(19).

………………………………..

Terratenentes e caciques, matrimonio incuestionábel: pobreza asegurada (25).

………………………………..

Sempre estiven convencido de que isto do capitalismo comezou hai moitos séculos coa relixión (34).

………………………………..

O monte Anam era o lugar de encontro entre o humano e  o divino. Entre o home e Máthair, a deusa que o creou todo (47).

………………………………..

Tornei nun home egoísta e esquivo. É probábel que sempre fose egoísta e esquivo. Si. Non me gusta a xente. O resto da xente. A sociedade (64).

…………………………………..

A afiliación ao conflito convértese nun xeito de vida. E hai conflito a todas horas, en cada partícula de momento (77-78).

…………………………………

O diñeiro non se toca. O negocio non se toca (86).

…………………………………

Sentinme Deus. Con todas as letras. D-E-U-S. Tiña a vida dun home entre as mans (88).

…………………………………

Todas as mañás penduran dun fío (108).

…………………………………….

Un ecosistema onde todo ten prezo. Onde todo se pode mercar (109).

…………………………………

É un corpo sen alma que leva posta a mesma bata branca todos os días (116).

……………………………………

Danme noxo eses día en que tes a sensación de que o tempo escorre. Días que non serviron de nada (118).

……………………………………….

Sempre foi así. A precariedade nun lado da balanza e o luxo na outra punta (119).

……………………………………

Os dramor aseguraban que a illa era en realidade unha tartaruga xigante que espertara dun longo sono, por iso se somerxeu na auga e se desprazou ata outro punto do océnao para boatarlle, de novo, unha soneca de milleiros de anos (129).

…………………………………..

O que fai a maioría da xente cando está compañando a soidade. Si. Pensar e iso. Dubidar (136).

………………………………….

A soidade remara sendo unha persoa silenciosa e transparente que te acompaña a todas partes (138).

………………………………….

En Beth non hai esperanza para ninguén. En Beth a esperanza mércase. A ditadura do diñeiro (142).

……………………………………..

Era un día de tregua. Deses días que parecen atoparse no centro dunha paréntese (145).

…………………………………….

Dunha forma ou doutra, os malos sempre gañan en Gothard (159).

…………………………………

Os días duros moldean a personalidade dun (169).

…………………………………….

Ás veces penso que a morte é a liberdade. Libérame deste mundo. Libérame da violencia, do odio, do cinismo…(177)

…………………………………

Erguinme cunha orquestra de percusión dentro da cabeza (199).

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido