EUROPEAN WRITERS CLUB
a noticia continúa: LOS TALENTOS DE LAS SERIES EUROPEAS DE ALTA GAMA DARÁN IMPULSO A LA NARRATIVA EUROPEA
Teñen a noticia aquí: https://www.oficinamediaespana.eu/noticias/item/3305-european-writers-club-los-talentos-de-las-series-europeas-de-alta-gama-daran-impulso-a-la-narrativa-europea?s=08
Antonte, venres, presentaba en Chantada, Poesía é flor de alto calibre, antoloxía da poesía de Xosé Lois García feita polo brasileiro Andityas Soares, da Universidade do Centro-Oeste (Paraná).
Xosé Lois é un escritor sempre combatente, loitador incansábel en prol da nación galega.
O Xosé Lois creou un camiño poético próprio, á marxe das modas imperantes (exceptuando os primeiros títulos relativos á poesia contestataria, poesia contra o franquismo).
Escribiu alguns dos títulos poéticos máis senlleiros da poesia galega posfranquista. Permítanme que só lles mencione un par deles, por sinal: Kalendas e O alefato.
Ben, agora pregunto. Quen na Galiza sabe e recoñece no seu valor a poesia de Xosé Lois García?
(Non desesperen, chegaremos ao rego)
Despois do dito e aínda sendo un poeta senlleiro, o Xosé Lois é quen de dicir os mestres que o impulsaron a escribir, e aí están Manuel María, Celso Emilio Ferreiro ou Uxío Novoneyra.
Ben, agora pregunto, cantas das autorías “de nova xeración” poden sinalar escritores ou escritoras galeg@s como mestras ou mestres impulsores ou impulsoras da súa actividade literaria?
Respondo: pouquísim@s!
Onte viña no Faro de Vigo a noticia de que Domingo Villar dará nome a Biblioteca Estatal viguesa, e, creo, Pedro Feijoo, oficiando: https://www.farodevigo.es/fotos/gran-vigo/2022/07/01/feria-libro-2022-vigo-inmortaliza-67896880.html?fbclid=IwAR3b4qY-2hWU2ttcK_rUWaMaJ0poXn8IMbDo1yYYI_l88Y2RxsB6REaza0c
Non é a primeira vez que denuncio a substitución da “novela negra” galega, incómoda cos poderes fácticos establecidos. No hai máis que ler Á de mosca, de Aníbal Malvar. No seu lugar créase o relato da “novela negra viguesa”, con Feijoo e Villar como estandartes, que é unha novela negra que en nada incomoda os poderes de que falei. Teñen máis información na Inviable, número 28, páxinas 18 e 19: https://www.flipsnack.com/revistainviable/revista-inviable-28.html
(Tamén existe ruptura da cadea xeracional na literatura, non só na lingua)
NON INCOMODAR, esa é a consigna, NON DISENTIR DO CAMIÑO-ESPECTÁCULO QUE MARCAN OS USA, SOBTRE TODO A TRAVÉS DA FICCIÓN MADE IN HOLLYWOOD
Xa ven que, a fin de contas, falando de ficción, para o que nos interesa, tato ten a audiovisual a nivel internacional, como o que sucede na literatura propia.
Teño comentado nas redes sociais que son afervoado seguidor da ficción europea, cando esta é propia e non un mal sucedáneo da Hollywood. Por sinal, na cinematografía rusa, cando menos na que máis transcende internacionalmente, esta resulta unha copia bastante evidente do thriller made in Hollywood, do thriller ou da narrativa de heroes-heroínas. Evidentemente existe outra cinematografía rusa diferente desta, que ben poden representar Sokurov ou Zvyagintsev, por sinal. E iso é o que non interesa.
Onte vin À bras ouvert comedia Phillip de Chauveron sobre o racismo e a integración social. Vina por segunda vez. Sendo comedia non faltan ocasións para rir. E tamén para pensar. Isto é o que non interesa. Ben, véndoa cheguei a pensar que a intelixencia comeza a ser privativa do cinema europeo (non só, tamén no asiático ou no suramericano non seguidistas hai exemplos) que non copia a Hollywood, será cousa de desenvolver con máis tempo.
Resulta curioso, e significativo como Fangar (Prisioneiras), serie islandesa de visión obrigada, foi tratada pola crítica española ( e seguramente non só a española ) con desprezo, entre outras cousas porque na prisión conviven as presas e as gardiás no mesmo espazo, e tamén porque a prisión pouco se diferencia dun chalé ou casa unifamiliar e esta rodeada só por unha cerca de arame duns tres metros de altura, de xeito que as presas poden conversar coa xente de fóra. Esta situación deulle á crítica española para falar de “cárcere de mínima seguranza”. Ben, para que se necesita en Islandia un cárcere á europea, por sinal, rodeada de muros inexpugnábeis? En Islandia, son pouca xente. Resulta moi complicado fuxir e que alguén non te coñeza e, sabendo que estás no cárcere, non te denuncie. Para que se quere máis parafernalia, fuxir dun cárcere coma ese, en Islandia, é misión imposíbel. Mais aquí o que nos interesa é a visón que a crítica española espallou, interesadamente distorsionadora e mnusvalorizante. Porque tamén, tamén fai pensar.
Outro botón. Imos alá. Tamén existe unha ficción alemá, moi dependente ou copiadora dos estándares made in Hollywood. Polo menos no cinema. Mais falamos sobre todo de series televisivas. Aí Babylon Berlín non pode quedar esquecida. Primeiro porque é a meirande produción alemá no que series e cartos se refire, e iso en Hollywood sempre agrada. Mais, agás para tol@s coma min pasou bastante desapercibida para a maioría da xente, aínda contando cun nivel interpretativo excepcional, onde salienta a extraodinaria Liv Lisa Fries. Pasou bastante despercibida porque trata dun tema espiñento: o ascenso no nazismo. Tamén dá para moito pensar, obviamente, e iso non está ben (Por certo tamén ten unha música ben salientábel)
Botar unha ollada aos filmes e series que as operadoras privadas (Filmin, Prime, Netflix…) ofrecen, resulta moi clarificador no sentido do que vimos falando. Puro espectáculo, nula reflexión social, mensaxe (en conxunto e individualmente) absolutamente conservadora.
Pensemos agora na achega española. A casa de papel, por sinal. Ou en Hierro e Rapa, de Carlos Portela. Carlos Portela comezou publicando en Ólisbos, teñolle certo “fraquiño”, porque ademais el creou Matalobos, que segue sendo un referente na Galiza. Porén tanto Hierro como Rapa distínguense por presentar intrigas policiais en escenarios “exóticos”, mais os enredos resultan absolutamante convencionais, espectaculares mais convencionais. Iso é o que se pretende desde Hollywood, desde os USA, desde o (neo?)conservadurismo que nos atenaza. Panem et circensis. Non pensen, gocen do espectáculo. E cando digo Hollywood, USA, poden sospeitar que a CIA, as Axencias de Intelixencia, andan detrás, poden.
Ese é o obxectivo da European writers club, guionistas europeos de alta gama. Que se infravalorice todo o que non sexa puro espectáculo, por non ser de alta gama
Como para preocuparse e consideralo coa seriedade que merece.
Un chanzo máis na bobaxe que queren establecer como modelo privativo na ficción.
Un chanzo, significativo, no control da ficción. Non é o primeiro que Hollywood leva adiante. Disney, o modelo a seguir.
Menos mal que aínda nos queda Sundance, único lugar onde se pode ver algo diferente.
Asdo: Xosé M. Eyré
(Membro da Asociación Galega da Crítica)