REINVICACIÓN DE AVELINA VALLADARES
Título: Os seráns en Vilancosta
Autor: Santiago Cortegoso
Editorial: Galaxia
(Miña xente, foi moito tempo sen publicar nada nesta Ferradura en Tránsito II. E non é que as circunstancias que condicionan a miña vida foran a mellor. Mais agora conto cunha axuda da que antes non dispoñía, a Intelixencia Artificial que fai posiíbel que mentres eu dito ela vaia escribindo. Deste xeito pretendo que, as continuas interrupcións que sufro – cada vez máis, é o que ten coidar de dúas persoas dependentes- sen albiscar solución, non me impidan a elaboración das crónicas librescas.
Foron varias as causas do meu silencio e non só a anterior. Tamén esta Ferradura se viu quebrada moito tempo, pois Themeanser, quen me vendeu o tema (Newsup Pro) sobre o que construíu esta bitácora, bloqueoume o acceso para pagar a renovación. O que veu coincidir co feito de que WordPress tamén foi obxecto de ataques múltiples e reiterados.
Agora co auxiliio da IA, porque o que lerán logo destas palabras preliminares non sería posíbel sen ela, pretendo dar reinicio á miña actividade crítica, incluso sen saber se o que escribe a IA , a meu ditado e supervisión, poderá ser editado ou non. Imos alá e que sorte nos sexa favorábel)
Na Galiza de hoxe en día podemos fachendear de contarmos cunha nova xeración de dramaturg@s extraordinaria, e Santiago Cortegoso é un nome que salienta por méritos propios. Cando neste 2025 non vin nos María Casares a montaxe Reconversión, unha larma en min se acendeu porque, a falta de ver Iribarne (a grade truinfadora), a de Santiago Cortegoso coa súa compañía Iboprufeno Teatro, é un espectáculo irrepetíibel (non é doado xuntar tant@ intérprete que ademais de actuar sobresalientemente to que instrmentos musicais e cantes) e minuciosamente coidado en todos os aspectos relativos á posta en escena.
Mais Santiago Cortegoso, a súa formación inicial, á que nunca renunciou senón que a potencia, fan del un dramaturgo moi especial, ao que sigo desde que gañara o Premio Diario Cultura de Teatro Radiofónico. Un dramaturgo capaz de integrar distintas disciplinas artísticas (como a música), e ademais conta cunha característica que valoro moito: foi aprendendo, como actor, pouco a pouco, e este tipo de xente nunca deixa de facelo. Por iso estamos aínda moi lonxe de ver/ler a súa mellor versión
Polo que atinxe a Os seráns en Vilancosta, ilustrado por Rosa de Cabanas, é un texto de moi doada lectura, mais como unha illa dentro da súa produción teatral. Certamente partilla algunhas das características máis importantes no teatro de Cotegoso: a reivindicación e exploración íntima e emocional das personaxes. Neste caso foi moi hábil á hora de facer dialogar dous tempos históricos afastados nuns douscentos anos.
A reivindicación efectuada é a da figura de Avelina Valladares, irmá do máis coñecido e prolífico Marcial Valladares, autor da primeira novela en lingua galega (Maxina ou a filla espúreas, 1870). Avelina Valladares viviu sempre para axudar os demais, cunha actividade filantrópica que cómpre salientar. Entre outras cousas porque uso a escrita como medio de expresión dela. Nalgunhas das súas composicións poéticas empregou a lingua galega como medio de expresión, en vista do cal, para alén do seu valor literario esta reivindicación non debe pasar por alto, tendo en conta ademais a súa moi fonda relixiosidade. Certo que foi unha muller de ascendencia fidalga e moi culta. E certo tamén que foi das primeiras mulleres en España que publicou en prensa artigos de opinión.
E para rematar déixoos cunha pregunta, non miña, presente no texto dramático de Santiago Cortegoso: Avelina Valladares e Rosalía de Castro coñecéronse, existiu comunicación entre ambas?
Lean, desfruten e fagan país
ASDO.: Xosé M.Eyré
(Membro da Asociación Galega da Crítica)