crítica de O INCENCIO, de Sara Vila Alonso

DENTRO E FÓRA

Título: O incendio

Autora: Sara Vila Alonso

Editorial: Xerais

Imos hoxe escribir sobre o Premio Blanco Amor 2024, que, co suxerente título de O incendio, gañou a autora Sara Vila Alonso, que anteriormente se fixera co Illa Nova coa súa primeira novela édita Oito días sen Eva Cortés, de 2021. Trátase, pois, dunha escritora nova (naceu en 1989) en clara proxección, un aliciente máis á hora de poñernos á ler.

O enredo preséntanos a unha voz protagonista que non ten moita gana de lembrar o a súa vida en Neboeiro (un lugar próximo á fronteira lusa), non lle resulta nada agradábel. En Neboeiro pasou parte da súa infancia e tamén o tempo do Instituto, quedando ao coidado da súa avoa mentres os pais non chegaban recollela despois de saíren dos seus respectivos traballos. Neboeiro non é un lugar grande, son unhas cantas casas na beira dunha estrada. Esta situación, dunha filla(o) ao coidado da avoa(o) (ós) non é nova, acontece con bastante frecuencia, e máis que debería suceder para non perdermos a cadea de transmisión (tanto lingüística como antropolóxica) que as gardarías se ocupan de truncar.

Estamos diante dunha novela de formación que culmina cunha novela que podemos chamar de “destrución”, cando a aldea arde. Nesta novela de formación, contada na voz da protagonista principal, decorre á súa vez outra na cal a avoa vai perdendo facultades físicas e mentais, entrando nun declive que só pode ter un final. Formalmente salientamos o achado de que cada capítulo conteña en si xa naquilo que derivará no seguinte. Este efecto de títulos en contigüidade Na primeira e segunda parte das tres que ten), anima moito a lectura, imprímelle axilidade. Por outro lado tamén diremos que se asemella moito a unha novela breve, as personaxes principais son poucas, pois outras ( como sos pais e algúns veciños) non pasan de ter unha presenza testemuñal.

No que é a novela de formación imos asistindo aos progresos da protagonista, de quen se rin no colexio por ser tatexa, fisicamente nada agraciada, e aínda sen depilación ningunha. Eses son os motivos polos cales é aldraxada, sobre todo por Brais que a compara con Aznar a causa do bigote. Pouco a pouco irá desfacéndose da peluxe que lle cobre o corpo e os pais non lle deixaban quitar. Ä vez tamén iremos asistindo ao seu espertar sexual. Desde que descobre o sexo, o desexo pasa a dominala por completo, ese incendio interior. E é aquí onde temos que mencionar á Perdida, unha cadela que lles aparece na casa en bastantes malas condicións. Á cal acollerán e coidarán. Ë moi doado advertir aquí un simbolismo inverso, comparando a situación da cadela e da protagonista. Mentres a Perdida conta co agarimo da protagonista e, pouco  a pouco, da avoa, a protagonista non ten tanta sorte e a única  que a coida é a avoa, muller anciá que se vale como pode.

Aínda sendo escenario dos seus progresos, á protagonista non lle gusta lembrar o tempo de Neboeiro. Nin lle dá moita mágoa o incendio que a destruíu o lugar, nin os motivos polos que ardeu

Mais non podemos continuar sen mencionar a lingua, e para ben, que non acontece moitas veces.

ASDO.: Xosé M. Eyré

(Membro da Asociación Galega da Crítica)

 

 

 

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content