crítica de DUAS VEZES O SOL e MECÂNICA DE NUVENS APLICADA

Porxmeyre

09/08/2020

CRÍTICA DE DUAS VEZES O SOL E MECÁNICA DE NUVENS APLICADA

Títulos. Duas vezes o sol & Mecânica de nuvens aplicada

Autora: Laura Assis

Editorial: Aquela Editora & Capiranhas do Paraybuna

Habitualmente, en domingo, desde estas páxinas facemos divulgación de poetas brasileiras. Neste caso, imos reincidir na poeta da semana pasada, Laura Assis, unha das voces poéticas máis interesantes da actualidade, e ocuparnos dos seus últimos poemarios.

                     O que primeiro sorprende en Duas vezes o sol é que, de início, a voz poética crea ambiente, un ambiente familiar, un clima familiar desde cal nos fará as súas confidencias. Certamente, a (re)cereación de ambientes, de climas, é máis propio da narrativa ou do teatro, porén tamén acontece na poesía cando a voz poética logra unha uniformidade expresiva e temática desde a cal manifestarse. No caso concreto de Duas vezes o sol, ese ambiente e e ese clima, rematan xerando un horizonte de expectaivas moi particular. O ton confidencial é tamén resultado das imaxes narrativas, dicimos imaxes porque as descricións son algo máis que descricións, tamén son imaxes desde as cales compoñer a mensaxe final. Unha tarde, visionando un filme, desde aí surte o que é unha interpretación da vida, unha interpretación da vida que se materializa na serenidade diante das dificultades, non hai exaltación, nin positivista nin negativista, nin por suposto se pode acusar de ser unha visión nihilista, todo o contrario é desde esa serenidade que se convida a quen le para unha interpretación tamén serena, afastada dos extremismos e por tal máis críbel. No segundo poema continúa ese clima aínda que a voz poética se sitúe moitos anos despois, e constitúe un convite a apreciar as cousas, o mundo, non só desde as imaxes ou miraxes que nos proporcionan os ollos. Clima que continuará no seguinte, un día de tantos, cunha anovación, a constatación de que xente quere ser feliz malia que nesa tentativa non pase de pequenos desastres. Pequenos desastres. Relativización, o peor que podemos facer é tomar moi a peito os fracasos, porque os fracasos existen e case sempre son inveitábeis, mais iso non debe condicionarnos en exceso: simplemente temos que ser conscientes da nosa relativa cativeza, pequenez, na inmensidade do mundo. E o poemario, é unha plaquette, remata con “Hotel Madrid”, que confirma un ti acompañante mais insuficiente para ocultar a soidade, a soidade e unha certa saudade ou melancolía de futuro a partir dun presente que é, como se viu, relativo, sereno, nada exaltado.

                     Trátase de poesía lírica, e polo tanto introspectiva, mais que se manifesta desde a contemplación do entorno (ás veces simplemente suxestionado ou evocado). Poesía contemplativa (satisfainos ben  a definición) que parece esfiañada desde un teatro no cal a voz poética se autontempla desde posición cenital (ben, ela autocontémplase como tamén visona o mundo), de xeito que o sol non é só o astro rei que coa súa luz nos ilumina….senón tamén a voz poética que logra interpretar o que ve, descansando finalmente nun canto  á vida do día a día, do cotián.

                     Non son poemas breves. E neles Laura Assis demostra unha pericia técnica, unha pericia poética absolutamente salientábel. Non só por crear e manter un clima de serenidade (non confundir con resignación) desde o cal expresarse en tan breve espazo, con tan poucas palabras. Tamén porque nese clima sabe rematar climaticamente os poemas, cun clímax, momento álxido, que non desfai senón que confirma a serenidade de que falamos. E dentro desa pericia cómpre incluír un uso do ritmo moi atinado, un ritmo acompasado, ás veces algo máis rápido pero nunca precipitado, como esixe a temática. Finalmente, debemos sinalar que este clima de que falamos, esta actitude contemplativa, está en consonancia co que se vén dando tanto ultimamente. A min gústame chamarlle poesía realista. Con todas as precaucións, porque a introversión, por moi obxectiva que se queira, sempre ten o seu visión individual, particular, singular. Si, mais o culificativo realista resulta bastante útil para sinalar un deterninado horizonde de expectativas lonxe de extremnismos.

                     Pola súa parte Mecànica de nuvens aplicada sitúase tamén baixo parámetros homologábeis á anterior. Agora, aquel clima “familiar” deixa lugar a un ti, unha segunda persoa que ben pode ser quen le, que seguramente é quen le, a quen se dirixe directamente, a quen confidencia directamente e que debe sentirse interpelad@ no resto do poemario. Un poemario que formalmente é diferente ao anterior, xógase moito máis co ritmo, que pode ir desde o verso remansado de tal xeito que mesmo parece prosa no medio do poema…até os versos de unha sílaba que pechan ese segundo poema ( en realidade a segunda parte do primeiro). Aquí relatvízase a “importancia” do ser humano nesta vida, na cal parece que non ten escolla, que é un nada, mais que o remate nos devolve un chisco de esperanza porque despois do mergullo pódese emerxer e escoller “que / ha”, deixándonos no misterio se relamente hai algo que escoller ou realmente o nada é o único “ que / ha”. Esa sensación que de aí se extrae volve ser a soidade do terceiro poema, onde a voz poética atopa dificultades para encontrar o seu lugar, procura compañía e remata devolvendo un chisco de esperanza cando o ti a que se refire é quen de conseguir “alguma coisa”. Hai aquí unha visión do ser humano nesta vida que fica entre o medievalismo do Deus facedor de todo e o ser humano como rei da natureza, do mundo. Non se asegura directamente que o camiño dos humanos  nesta vida estea marcado (lembremos as refertencias ao ceo dos títulos anteriores) mais tamén non se cre que sexa rei e director da súa propia vida. O seguinte poema, intitúlase co nome do astrónomo e primeiro profesor de física palicada alemán, Lichtenberg, e hai nel unha expresa necesidade de orientación (e volvemos ao ceo, e ao que xa temos dito diso) que nin as historias son quen de remediar. Non vou comentar nada da prosa poética a seguir, é outro xénero, mais si se pode dicir que a desorientación se traduce formalmente na ausencia de regras ortográficas, e na creación, pois logo, da súa propia realidade expresiva. En “Space song” transmítesenos unha certa esperanza, reparece o ti que nunca desparecera, un ti que é feminino, xa non hai soidade, mesmo hai unha afectividade correspondida e se cheaga a enxergar a posibilidade de “ser livres”, porén o poema remata apelando ao perigo da confusión das personalidades (enmarcado na confusión dos corpos). E regresa o sentimento de perda no seguinte poema, mais non é unha perda da personalidade individual, é unha preocupación polo ti e tamén un retorno do futuro que non souberon “adivinhar”.

                     E no derradeiro poema, un poema moi especial, segue sen atopársellle sentido á vida, mesmo transmite unha certa desilusión porque nin os libros parecen ser certamente útiles. Porén, se dixemos que este é un poema moi especial, é polo remate:

até que ponto

duvidar da linguagem

é escrever poesia

                     Onde se retoma ese tema tan prsente na poesía actual como é a descrenza na palabra, a queixa de que a palabra é insuficiente para significar o que a voz poética quere trasladar ao lector. Non se chega a tanto, fica nun “duvidar da linguagem”, mais evoca a mesma finalidade a través do raciocinio da mente lectora.

                     Velaquí dous poemarios diferentes, breves os dous, que deixan a imaxe dunha poeta con moito oficio, dominadora de diferentes técnicas poéticas e, concretamente, que manexa moi ben o ritmo. Tecnicamente impecábel e tematicamente moi interesante esa proposta do ser humano nin medieval nin moderno, desprotexido. Cando quixemos describir a súa poesía pelamos á serenidade, e debe ficar ben claro que non é nada sinxelo escribir poesía lírica nos parámetros que emprega Laura Assis. Corazón, sensibilidade, técnica. A poesía na túa procura E a proba de fogo. Cando remata a lectura de calquera dos poemarios, un queda coa sensación de que quería ler máis.

                     ASDO.: Xosé M. Eyré

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido