CARLOS NEGRO, ENTRE O MISTERIO E O TERROR
Título: Non cantan paxaros neste bosque
Autor: Carlos Negro
Editorial: Xerais
Pois xa temos a Carlos Negro tamén como ficcionador porsístico. En realidade, a súa estrea narrativa non é esta. Polo menos xa lle coñeciamos “O paxaro na gaiola”, porque formaba parte de Contos de medo no museo. Relatos do Museo provincial de Lugo (Deputación de Lugo, 2017), e aí tamén xa estaba a faciana prosística entre o misterio e o medo, que unha cousa leva con moita frecuencia a outra, e sabiamos que cando cultiva a prosa faino cunha solvencia equiparábel á poesía. Certamente, Carlos Negro en prosa non resulta tan novidoso como en poesía, máxime cando escribe abeirado a un xénero, como neste caso é, maioritariamente, o do terror…porén iso non quere dicir que na narratia non resulte tamén un autor que se expresa con pericia. Pois o conto de terror, cando se escrebe ben, cando está ben escrito, produce o efecto desexado, e cando non está ben logrado pode levar mesmo ao sorriso… E non é este o caso. Aquí, todas as historias que conta (nove en total, contando a xa mentada) van preñes de misterio e, dependendo da sensibilidade e capacidade de asombo de quen le, tamén de terror ou medo, sempre de desasosego. Un desasosego que xa transmite moi ben o mesmo título: “Non cantan paxaros neste bosque”, que leva a pensar nun estado de cousas non natural, porque o natural é que nun bosque haxa paxaros e que estes canten. Porén, as atmosferas de misterio, medo ou terror, por moito que poidan parecer normais, pouco a pouco imos accedendo, segundo lemos, a unha perspectiva que xa nolas fai ver como desacougantes, un descougo que pode rematar na sesación de medo ou terror. Un bo exemplo pode ser precisamente “O paxaro na gaiola”, que en principio é o relato dunha visita ao Museo provincial de Lugo, un relato que tamén leva aparellada a denuncia do acoso sexual a unha estudante, mais cuxa lectura desasosega in crecendo e remata nunha atmosfera de terror…seguindo o esquema clásico do conto: deixa ler unha historia cando en realidade estás contando outra coa que soprenderás no remate.
Estas historias de terror están publicada en colección para adolescentes (“Fóra de xogo”), mais, como sempre acontece con Carlos Negro, @s adult@s desaproveitarán unha excelente ocasión para gozar da lectura se pensan que “non vai con elas/eles”. Igual que @s adolescentes perderán unha moi ocasión lectora se teñen o conto como lectura menor, pois adoitan preferir distancias máis longas na escrita aínda que difruten moito co conto oral. Porén, o prestixio de Carlos Negro como comunicador para estas idades, pouc@s coma el, debe evitar isto e conducir a un horizonte de expectativas contrario, ao estimular a curiosidade.
De entre a variedade de historias que se contan neste volume, estando presentes os comportamentos pouco éticos de alum@s, queremos salientar “Área de servizo” aínda que aquí o protagismo non sexa adolescente, neste caso o narrador xoga coas expectaivas lectoras, que pouco a pouco se van facendo máis patentes e que, confirmándose no remate, non deixan de sorpender e desasosegar. Aínda que, salientar un non deixa de ser un “pecado”, pois no seguinte (moi abeirado ao conto de terror gótico) non está escrito con menos pericia. Nin a menso disatncia de “Translúcido”, resulta impedimento ningún.
O que si resulta absolutamente sorpresivo é “A despedida”, un precioso microconto de terror. Pois no espazo dunha páxina, mesmo algo menos, conta unha historia de terror digna de figurar en calquera antoloxía das nosas hiperbrevidades ficcionais.
Máis volvamos, aínda que nunca a deixamos, á variedade de historias contadas. Agora para situarnos con “Selenochlambys Estadea” ao abeiro entre o terror “científico” e o que proporciona a propia natureza. Contos de “aparecidos” tamén hai, por exemplo no remate. Porén, se fica algo por salientar é precisamente o protagonismo, na maioría dos casos, dunha adolescencia conflitiva e moi realista, na idealizada. As relacións que se establecen entre @s adolescentes adoitan ser conflitivas porque sempre hai quen pretende ter unha posición de dominio sobre @s demais, adoitan ser relacións en desequilibrio porque sempre hai quen pretende gobernar o grupo ou simplemente impoñer a súa persoa por riba da da parella. Mais estudarmos as relacións entre adolescentes non é obxectivo desta crónica libresca, que só debe deixar constancia de que esta estrea de Carlos Negro nas desacougantes atmosferas do deasosego,do misterio e do terror, resulta dunha moi agradábel lectura e demostra unha pericia narrativa moi notábel., como xa dixemos.
ASDO.: Xosé M Eyré
[…] Outra máis […]