crítica de A PÓLA BRANCA, de Xavier Seoane, en Xerais.

Porxmeyre

03/04/2020

XAVIER SEOANE E OS SEUS HAIKUS

Título: A póla branca

Autor: Xavier Seoane

Editorial: Xerais

Que a brevidade é característica nas expresións literarias do século XXI non parece ter dúbida. E isto atinxe ás expresións literarias en xeral, cada vez a máis, mesmo teatro ou o ensaio contan con expresións propias da brevidade. Velaí os microensaios, onde podemos lembrar a recente Brevedume de Borrazás. Ou o microteatro, onde as obras saídas do premio convocado polo extinto Diario Cultural (vergoñentamente, pola propia Radio Galega, que o fragmentou para que así tivera menor impacto) son un acaído exemplo seguramente ben coñecido por tod@s. E o do mesmo Xavier Seoane é un dos nomes que máis salientan na adopción e difuión das formas breves, abonde lembrar Os aforismos do riso futurista, por iso da proximidade temporal porque xa incursionara nesta fórmula da brevidade en Arca cotidiana/Irispaxaros ou A rocha imantada. Isto por dar algúns exemplos do seu compriso coa brevidade. Polo demais, a quen queira máis información sobre como o concepto de brevidade atravesa os xéneros tradicionais para configurar unha práctica escritural nova, remitímol@ ao limiar do noso Nin che conto, porque agora é momento para falar do novo título de Xavier Seoane, onde nos deixa unha achega moi especial porque bota man dunha fórmula da brevidade poética que tivo/ten moito éxito mais que na literatura galega non acadou grande fortuna aínda: o haihu.

                     A póla branca, alén dos haikus de que é autor Seoane (un dos poetas imprescindíbeis sa nosa litertura, nin hai que dicilo) conta cunha introdución do propio autor ao mundo do haiku. Unha introdución moi pertinente e necesaria porque aínda é moito o descoñecemento sobre el, aínda son moitas as sombras que impiden unha percepción clara da expresión poética (xaponesa) que creou e popularizou Matsuo Basho (1644-1694) aló polo século XVII. Por exemplo, resulta bastante decoñecido ou pouco recoñecido o feito de que exista unha importante tradición de autoría feminina de haikus; comenta moi oportunamente aspectos relvantes sobre a “técnica, tradición e innovación” (onde a fórmula de tres versos de medida de 757 sílabas e, se tal, rima asoante, mais non esixida, resulta equívoca e é a fórmula agardada maís comunmente, porén o propio creador do haiku xa utilizou outras disposición versais e tamén métricas, sen deixar a brevidade, claro está); ou tamén é bastante común a crenza de que a temática do haiku esixe referencia á natureza obrigada, como mínimo, cando o haiku xa ten explorado outras temáticas, incluída a política, que Seoane ilustra cun belo e impactate haiku do poeta (maior!) brasileiro Paulo Leminski; tamén lembra como o mesmo Uxío Novoneyra deixou poemas susceptíbeis de ser computados como haikus sen dúbida ningunha; ou, por ir rematando con esta parte teórica, tamén nos achega exemplos dalgúns autores imprescindíbeis no mundo do haiku.

                     Esa é a primeira parte do libro, a metade. Despois veñen os haikus autoría do propio Seoane e que conforman o poemario titulado A póla branca. En si, este tíulo será moi ben recibido polo lectorado amante da brevidade, que cada día é máis grande. E constitúe, dicímolo xa, un título impreasscindíbel no mundo das Hiperbrevidades galegas, no cosmos da Literatura Mínima das nosas letras, como achega fundamental no eido da poesía. Tematicamente falando é máis variado do que en principio poida agradar quen non coñeza ben o mundo dos haikus, nós non imos adiantar máis nada, a non ser que os hai máis clásicos e outros máis ousados sen saírse, a noso xuízo, do que a tradición vén marcando. E formalmente, o mesmo, tamén é variado o poemario, e por iso moi rico. Só se nos ocorre que a disposición do poemario (tres haikus por páxina) nos parece excesiva toda vez que favorece a mecanización da lectura, efecto que vai contra a esixencia de concentración e calma necesarias para unha lectura reflexiva, pois o mundo das brevidades sempre esixe reflexión cando se le… e con esta disposición a tentación de pasar a ler o seguinte sen antes espremer o anteior…é moi forte, e absolutamente rexeitábel. Absolutamente. Tamén se perde o efecto sorpresa que no mundo das Hiperbrevidades é tan importante. Que se absteña de lelo quen teña tan macanizada a lectura que non contemple a necesidade de cavilar (mesmo varias veces) despois da lectura de cada texto. Non, porque sería ler por ler; e ficar sen aproveitamento da lectura; e ficar sen un correcto coñecemento deste tipo tan especial de lectura que son os haikus, práctica escritural que sen dúbida ha ir a máis nas nosas letras. Tanto para lectores e lectoras como para autores ou autoras este de Xavier Seoane ha ser título de refetrencia.

                     Como mínimo e como exemplo diso, baste comentar que Xesús Rábade Paredes está a agasallar nas redes socias (Facebook), case a diario ou cunha frecuencia bastante elevada, con textos de haikus moi acaídos, tematicamente tamén diversos mais que teñen na crítica social e política a exprsión máis habitual. Igual temos a sorte, en calquera momento, de lelos en papel.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content