O poemario ten catro partes, seleccionamos un de cadansúa parte. Velaquí llelos deixo. Disfrútenos:
“AUGA”
VIII
Lixar un chisco a superficie azul
chamando ao monstro das profundidades,
ese que agroma por veces a faciana
entre a turbulencia do lodo
pescudando o encantamento dos espectadores
para logo volver cara ao fondo abisal
onde ancoran os soños sulagados
onde moran os barcos afundidos
os segredos nunca revelados (23)
…………………………………………………………..
“AIRE”
II
AIRE
arcano profeta na súa terra
cábalas de ermitán na crica do cume
virxe escabarnada de guedellas encanadas
arrastando as varredallas da gubia
da rebolos de cando os segredos
polas congostras abaixo
as verdades que só ti cres saber (30)
……………………………………………………………..
“TERRA”
I
Os eucaliptos son pantasmas na noite
mirándote de esguello
peteirando de resío a TERRA dos teus ollos gastados
murchos de tanto mirar e non ver
……………………………………………………………………….
“LUME”
V
Cando nesta nova longa noite de pedra
quixemos albiscar trala físgoa
unha alborada de LUME
primeiro desconfiamos dos ollos