a propósito de TRANSHUMANISMO. TECNOCIENCIAS E ANTROPOCIENCIAS, de Baris Arribas, en Euseino?

Porxmeyre

25/11/2021

FUTURO QUE XA É PRESENTE

Título: Transhumanismo. Tecnociencias e antropociencias.

Autor: Brais Arribas

Editorial: Euseino?

Existe entre a xente a falsa crenza de que filosofía se ocupa de  cuestións absatractas que pouco teñen que ver coa realidade e moito máis con ver quen ten a razón ou elabora a teoría máis anovadora. Xa digo que é totalmente falsa, a filosofía, desde sempre, ten o obxectivo de estudar o mundo real para axudarnos a comprendelo, e, nese mundo real, ten capital importancia o ser humano, por suposto. Abonda botar un ollo á crónica libresca que antecede esta, A orde dos obxectos (Mario Losada, Euseino?) e desde ela axaminar como se nos foi/está transmitindo a información relativa á covid-19, por sinal.

                     Pola contra, o título que hoxe nos ocupa, o transhumanismo, é dicir, o novo ser humano que os avances científicos fan /farán posíbel, sexa tido, de primeiras, como teorización sobre lago que aínda non é, sobre un posíbel futuro que agarda nas follas de alamaques xa moi próximos. Pois tamén é falso. O aborto, a clonación, as próteses médicas, a nanotecnoloxía aplicada na medicina, a alteración do ADN para evitar enfermidades ( como o caso de He Jiankui que logrou que neonatos foran resitentes ao VIH.pax 58), mesmo a posibilidade de implantar chips coa misión de mellorar e incrementar a percepción humna ( os ciborg) xa está aquí, como os robots que relizan diversas tarefas mecánicas e mesmo no fogar. Dito sexa por sinal, pois este é un universo moi amplo e son moitos o campos e aplicacións posíbeis. Si, os ciborg xa está aquí, parte humanos e parte máquinas. Sigan lendo.

                     Tampouco imos negar que, efectivamente, a maior cantidade de logros ou aplicacións están por chegar e hoxe só son concebíbeis como posibilidades nun futuro máis ou menos próximo. Porén, todo isto ten implicacións   moi trascendentes a cerca da concepción do ser humano como tal. Como advirte Brais Arribas “…no caso de non estarmos suficientemente preparados, é dicir, no caso de non reflexionar e non adoptar as decisións oportunas ao respecto…(ábrese) a posibilidade de que os seus efectos sexan máis negativos que positivos (pax. 54). De aí tamén que títulos como este sexan necesarios, imprescindíbeis e de lectura obrigada, non só porque nos ilustra dos precedentes do transhumanismo (que definimos como movemento cultural, intelectual e científico que procura mellorar a condición humana mediante o desenvolvemento de tecnoloxías que melloren as capacidades humanas), que se poden rastrexar desde mesma Grecia  clásica (Prometeo) ou o “Gilgamesh”, pasando polo humanismo ilustrado e tradición renacentista deica hoxe, aspecto ao que o autor dedica tempo no primeiro capítulo.  Pode haber certa “curiosidade” aí, mais o certo é que tamén é unha útil panorámica das diferentes concepcións do ser humano. O que está claro é que non podemos deixar nas mans d@s polític@s todo o relacionado con posíbeis melloras ou alteracións do corpo humano. Non, hoxe por hoxe é ben difícil crer que a maioría de polític@s non estean ao servizo do capital. Necesitamos unha biopolítica xa, diferente da actual que tampòuco é uniforme, moi influída por concepcións relixiosas e/ou políticas que non atenden ao ser humano como tal senón que procuran a perpetuación de ideais sociopolíticos obedientes a intereses clasistas, racistas, etc…com xa sucedeu cos nazis ou coas actuais tendencias políticas que propugnan a selección natural dependente do poder económico, como a evolución da pandemia covid-19 nos deixa ver.

                     O transhumanismo non deixa de ser a última versión do  humanismo. A última versióm, e en proceso, naturalmente, das pequisas que a ciencia estimula sobre a propia esencia humana.

                     No segundo capítulo fai un repaso das antropociencias (XNR, xenética, nanotecnoloxía e robótica), comezando pola nanotecnoloxía e seguindo coa bioloxía sintética e xenética. Á robótica dedica o capítulo 3 (“Máquinas, O devir cibernético da humanidade): “os implantes mecánicos e automáticos facilitan a expresión e expansión da diversidade humana” (62). Non cabe dúbida de que abren un infinito de posibilidades para unha vida biomellorada, que á veces xa están sendo utilizados con éxito, como  comentamos arriba. Porén cabe a posibilidade de que quen reciba as melloras implantadas non as controle e dependa de terceir@s para iso. Esta é unha advertencia moi seria e é o momento de pensarmos a cuestión xa, tendo como obxectivo tanto a “liberdade do indivíduo para se construír a si mesmo e se modelar segundo as súas preferencias e desexos” (63) como a necesidade que a súa natureza creadora ( do ser humano) non o deshumanice definitivamente. É preciso un proceso de pensamento bioético que impida iso, entre outras cousas porque os propios científicos” están cheos de prexuízos ideolóxicos” (73), pois non se poden illar do contexto sociocultal en que traballan e viven. Xustamente, no eido da filosofía, a bioética é unha achega filosófica decisiva en todo este devir.

                     Antes de continuar é preciso indicar que o transhumanismo non é unha corrente de pensamento unívoca, existen diferente sensibilidades e opinións dentro del. E, por suposto, ten os seus inimigos ou contrarios, identificábeis baixo o rótulo de “bioconservadores”. Nas críticas que se lle fan ao transhumanismo tamén se detén Brais Arribas, fixándose nas máis sobranceiras ou con máis fondura teórica. Unha delas é que resulta máis urxente corrixir as desigualdades económicas, as inxustizas sociais, a escaseza alimentaria, a sanidade, unhas infraestruturas dignas…moito máis tendo  en conta que as “biotecnoloxías non só non axudan á solución dos problemas ecolóxicos senón que os potencian”(80). Esta é a crítica ecosocialista, vencellada co marxismo e que remite a Heidegger e a Escola de Frankfurt. O que os transhumanistas ven como un triunfo, niso os bioconservadores non esquecen a tendencia autoritaria do biopoder e a súa arrogancia e narcisismoxa que sitúan o ser humano por riba dos demais seres vivos. Mentres para os tranhumanistas a propia concepción humana é fluída e cambiante e por tanto susceptíbel de melloras, para os bioconservadores a naturezxa humana debe ser prerservada. E aquí chegamos á cerna, até que punto existe unha noción obxectivábel da natureza humana? Como poden os bioconservadores (que tampouco son corrente unívoca)  opoñerse á mellora artificial ou mecánica do corpo humano mentres defenden a “selección natural”? Onde queda a dignidade humana?. Respecto deste concepto, o da dignidade humana, os transhumanistas defenden  que tamén evoluciona pois é un concepto en progreso e dinámico, e non se lle pode negar dignidade ao ser humano mellorado. A euxenesia é outro punto a tratar, non esquezamos as prácticas nazis nin creamos que so/foron as únicas. Posteriormente volve ocuparse da nanotecnoloxía e robótica.

                     O libro remata cunha fonda reflexión a cerca de que é realmente o que quere o ser humano, entre a ilusión e o delirio. Mais, en lugar de comentarlles as conclusións, mellor que as lean, vounos deixar coa proba de que non estamos falando de ficción científica, de posibilidades futuras. Non. Este é un futuro que xa está estando aquí. Xa vive entre nos primeiro ciborg. Chámase Neil Harbbison un británico que naceu en Mataró, vive e traballa nos USA e ten instalado un “mecanismo ou antena” que lle permite entre outras cousas escoitar as colores. Hoxe, Harbisson non diferencia entre o seu cerebro e os implantes recibidos.

Se unha lectura é imprescindíbel, e urxente  tomala conmoita seriedade, non bisquen máis: é esta.   

ASDO.: Xosé M. Eyré                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido