a propósito de A CONSTRUCIÓN MEDIÁTICA DO CONFLITO. O CASO RESITENCIA GALEGA,

Porxmeyre

06/01/2021

A MANIPULACIÓN INFORMATIVA SOBRE O INDEPENDENTISMO GALEGO

Título: A construción mediática do conflito. O caso Resistencia Galega

Autora: Helena Domínguez García

Editorial: Axóuxere

Vivir é un compromiso, téñoo dito moitas veces, un compromiso cos demais (non serlles un estorbo, axudar no posíbel) e cun mesmo (que a historia non pase por riba de ti, ser consciente en todo momento do teu rol nela, aceptalo e procurar facelo o mellor posíbel) que ten tanto unha dimensión sincrónica (no momento que vives) como diacrónica (saberte herdeiro dunha sociedade construída ao longo do tempo). Esta característica última é máis politicamente comprometida, a meu ver, pois require un posicionamento fronte á Historia que nos chega como relato imposto a mellor “comenecia” duns poderes (económico,militar…) que non dubidaron en falsear datos con tal de “crear” ese relato que os favorece e perpetúa a través do tempo. Como galegos conscientes do relato que nos impoñen á vez que negan e combaten o que nos é propio, distintivo e identitario fronte a eles…temos unha responsabilidade, non afrontala é de covares ou seres alienados ( é dicir, espectadores dunha Historia na que só participan como iso, espectadores irreflexivos que se poden manexar a antollo).

                     Na creación e perpetuación dese relato imperialista que nega e combate as realidades históricas á vez que trata de sometelas e integralas ( despois de desartellalas), ten unha especial importancia a visión que dese conflito trasladan e impoñen os medios de comunicación, na súa condición de testemuñas históricas e tamén de creadores da realidade desde o momento en que só existe o que eles contan e como eles o contan. Como galegos conscientes estamos abondo afeitos a que se combata a nosa lingua (escuso poñer exemplos), que se minimice e afogue no silencio a nosa cultura, que os nosos recursos naturais sexan explotados por empresas estranxeiras (mermenado e impedindo o beneficio propio), que sexamos tratad@s como man de obra exportábel e utilizábel vantaxosamente…que lles vou contar que non saiban xa!

                     Unha das últimas tentativas de demonización do nacionalismo galego consistiu no argallamento dun grupo armado independentista galego, de nome Resistencia Galega, que mantivera vivo o perigo terrorista en Hespaña unha vez que ETA deixara as armas. Non é, na miña opinión, casualidade que o Aparello do Estado escollera Galiza en lugar de, por sinal, Catalunya, non, non é casualidade porque aquí, na Galiza, contaban/contan cun medio de comunicación escrita hexemónico (La Voz de Galicia) entusiastamente favorábel ás súas teses e non só iso senón que tamén contaban/contan con que os medios de comunicación alternativos teñen unha escasa difusión fronte a LVG (e outra cabeceiras locais que tampouco dubidarían), un partido político (PP) tamén hexemónico, que tamén se aliñaría nas súas teses, e todas as instancias que controlaban politicamente (Delegación do Goberno, Xunta da Galiza, aparello xudicial…). Ao que hai que sumar as achegas mediáticas desde a propia capital do Reino dos Borbóns, neste caso Helena Dominguez céntrase no diario ABC por ter corresponsalía na Galiza.

                     @s que lean sito seguramente xa terán poucas dúbidas de como o caso Resistecia Galega foi instrumentalizado polo Estado e/ou polos intereses máis resesos do nacionalismo español (tamén foi utilizada Rsistencia Galega para atacar o goberno do PSOE) coa finalidade crear un clima de terror desde o cal impoñer un relato criminalizador de toda inicitiva nacionalista, non só no ámbito político (con BNG e AGE como albo principal) senón tamén no social e cultura (velaí as accións exercidas en contra de A Gentala do Pichel ou mesmo contra a Rede NASA) nunha expresión de violencia que só os medios alternativos se atreven a criticar abertamente. Neste sentido, traballos como o de Helena Domínguez constitúen literatura “académica” desde a cal se demostra canto vimos dicindo, ao demostrar primeiro como se crea, como se constrúe un conflito desde a prensa ou os media, como isto aconteceu/acontece na Galiza e finalmente, como o caso Resistencia Galega serve para  ilustrar o tecido teórico anterior.

                     “O tratamento do fenómeno Resistencia Galega amosounos, á fin, o normalizadas que están as prácticas de manipulación nos medios de comunicación galegos. E se a existencia de institución mediáticas plurais e independentes se adoita tomar como un indicador das sociedades maduras e avanzadas, non nos queda máis remedio que admitir que na Galiza padecemos certo déficit democrátco. E os medios de comunicación que temos son, ao mesmo tempo, causa e consecuencia desta situación” (238).

                     Como este son moitos os salientados que fun facendo na miña lectura. Mais, para rematar sen desvelar máis do devido  contido do libro, quero recordar que esta manipulación informativa é expresión dunha violencia contra a cal @s xentes de a pé estamos absolutamente indefensos, pois por ter ou transportar unha bombona de gas xa te poden considerar terrorista. O papel da Audiencia Nacional nisto tamén se pode comprobar na lectura do libro.

                     Quédame por dicir que o prólogo vén asinado polo prestixioso e recoñecido Carlos Taibo, un d@ss pouc@s poitólog@s que non teñen cancelas ideolóxicas balizadoras do seu discurso.

ASDO.: Xosé M. Eyré.

Porxmeyre

3 comentarios en “a propósito de A CONSTRUCIÓN MEDIÁTICA DO CONFLITO. O CASO RESITENCIA GALEGA,”
  1. Eyré existen medios de comunicación que non manipulen? (!) Onde! Os medios de información morreron na segunda metade do século pasado. Hoxe só hai medios de opinión. Con escoitalos ou lelos cinco minutos xa sabes se coxean da dereita ou da esquerda e a versión dos feitos que che van endosar.

    1. Non cho vou negar, sabémolo todos, por iso creo importante esta literatura “académica” que o denuncia “cientificamente”. Meditei moito titular “violencia” en lugar de “manipulación”, porque, finalmente é unha violencia que denota falta de democracia e liberdade o que sufrimos, mais o libro está orientado cara á “manipulación”, e que todos saibamos dela non implica que achegue datos interesantes por sabermos até que punto esta violenta manipulación (dirixida desde poderes políticos; PP!, en consonacia coa Audiencia Nacional, na miña opinión) chegou a retratarse, por sinal, confundindo o que era unha persoa con tres distintas…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Skip to content