Non sei por onde chegou a min este acto organizado pola UVIGO. E o primeiro que que acode á miña mente é que moitos máis coma el se terían que repetir pola nosa xeografía. É moito o que nos xogamos, coa involución ideolóxica que desde a dereita española se preconiza. E as mulleres son vítimas propicias e primordiais. Por iso hai que visibilizar a súa loita, canto máis mellor. Urxe. Porque urxe que a muller poida ser en por si, libre dunha vez, libre para ser ela.
Dáse a casualidade que, ademais, son tres escritoras as protagonistas do acto. E eu atópome lendo o último libro de Carlos Lema, A monstruosidade moderna, onde, polo que levo lido, se reflexiona moi oportunamente sobre o papel d@ artista na sociedade, sobre o papel do escritor ou escritora como transmisor ou transmisora da realidade e tamén como creador ou creadora. Unha reflexión que, como dixen, é moi oportuna porque, de non facerse agora tería que facerse dentro de 10, 20 ou 30 anos.
Infortunadamente vivimos tempos onde para a sociedade a opinión de escritores e escritoras xa non é o que foi. Mais tamén é certo que os mass media, eses que debrían ser mediadores fidedignos entre a realidade e as persoas, perden a cada día que pasa máis credibilidade. Por iso está na man de intitucións como a Universidade ou colectivos culturais facer todo o posíbel por devolverlles aos escritores e escritoras o sitio que lles corresponde. Repito, xogámonos moito. Non só por recuperar a voz das mulleres. Tamén para rematar coa mosntruosidade da violencia de sexo, coa violencia machista que día tras día nos asalta desde os medios de comunicación. Con tanta frecuencia que asusta, e aínda máis asusta que de tanta presenza como ten cheguemos a admitila como algo habitual contra o que nada se pode facer. Falso. Moi falso.
Non é pouco o que a literatura pode facer á hora de conformar conciencias que axuden nesta loita. Ou que, cando menos, non poñan paus nas rodas. Venme á memoria O inferno de Marta, de Pasqual Alapont. Unha publicación tremendamente útil no ensino; debera ser lectura obrigada ano tras ano. Ou tamén A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre. Mais non se trata agora de ofrecermos unha batería de títulos ao respecto. Non, aínda que as noticias que a un lle van chegando sobre a realidade sociolóxica entre o alumnado reflicten unha clara pegada entre eles da propaganda fascista, da ultradereita. E iso preocupa. Preocupa moito.
En realidade, cando vin o título do acto, veu á miña memoria a novela onde máis cruamente se reflicte a violencia machista, esta é Destrucción, de Xabier López Rodríguez. Xa ten uns anos, 16, que é de 2003; e xa ven que o tema do machismo na narrativa galega non é cousa de agora, nin desta década, e nin sequera tema só tema feminino. Mais, miren vostedes a eficacia a da literatura cando o autor ou autora solventan con éxito o seu papel de comunicadores. Pasaron 16 anos e aínda sigo lembrando a brutal novela de Xavier López.
Quizá a literatura sexa unha das últimas esperanzas ( non quero dicir derradeiras) que nos queden. E tod@s os que a vivamos dalgunha maneira ( desde a autoría, desde a edición, desde a mediación crítica, dese a socialización da lectura desde o ensino…) o mundo da literatura temos aí unha obriga. Non unha oportunidade. Unha obriga.
Supóñolle boa intención á persoa que escribiu o texto pero, posiblemente, sen querer, ou froito da cultura que nos envolve, pretende facer un alegato en favor dos dereitos das mulleres coa seguintes eivas:
1º: Non nomea as escritoras que van participar: ” tres escritoras” anónimas, descoñecidas, sen nome nin apelido
2º. Todalas obras de referencia que aparecen no texto están escritas por homes. ¡ Que casualidade!
Un conselliño, dease una volta pola literatura galega, ou polo ensaio feminista e atopará referentes abundantes con nome e apelidos de muller. Alabo a intención pero ó mellor hai que mirar a través das gafas moradas.
Supóñolle boa intención á persoa que escribiu o texto pero, posiblemente, sen querer, ou froito da cultura que nos envolve, pretende facer un alegato en favor dos dereitos das mulleres coa seguintes eivas:
1º: Non nomea as escritoras que van participar: ” tres escritoras” anónimas, descoñecidas, sen nome nin apelido
2º. Todalas obras de referencia que aparecen no texto están escritas por homes. ¡ Que casualidade!
Un conselliño, dease una volta pola literatura galega, ou polo ensaio feminista e atopará referentes abundantes con nome e apelidos de muller. Alabo a intención pero ó mellor hai que mirar a través das gafas moradas.