O que vale nun poema constrúese a expensas do que non vale no poema (10).
………………………………………….
Nin sequera as metáforas doadas poden borrar todo o impulso que as alenta. É o mesmo impulso que rompe a escrita aínda que fracasemos, como ante as cousas que son realmente grandes debemos aprender a fracasar (10).
…………………………………………..
Hai tantos dedos como planetas. Tantas mortes como planetas (12).
…………………………………………..
Vivimos entre os outros como se iso fose un froito da vontade e non do azar (13).
…………………………………………..
Tes razón: o poema é unha linguaxe secreta na que ciframos todo o que non podemos dicir doutro xeito (14).
……………………………………………
<Quero escribir para que algo me importe> (17, salientado orixinal).
…………………………………………….
Se ti me preguntases porque escribo diríache ; < escribo porque non podo identificarme con nada>. Ningunha posición, poucas persoas, algunha idea, ningún fogar. (18, salientado orixinal).
……………………………………………
< O que pensan os mortos sobre os vivos ocupa máis espazo que o que pensan os vivos sobre os mortos> (20, salientado orixinal).
……………………………………………..
Unha paixón?
Quizais, pero desprovista da busca da beleza, sen a ximnasia da literatura, o anticipo do orgasmo (21).
………………………………………………
Na métrica procuras o que eu procuro no que non ten medida. Un corazón feminino, sen compás.
A túa idea de métrica vén cadrar, paso a paso, coa miña propia idea de infinito.
(…)
O poema non é un avión nin un barco. O poema protesta para que a carne deixe de ser carne. É unha protesta inútil (22).
……………………………………………….
Hai nomes que queiman os dedos cando escribo, aínda que me deteña na inicial (27).
……………………………………………….
O tempo cura porque mata (27).
………………………………………………..
Dixen que a paz era unha figura da morte e respondiches: procuramos a paz, pero para escribir necesitamos volver ao tempo das feridas.
<Regresa>, contestei, <ao tempo das feridas>. Escribe como cando non sabías escribir e os teus dedos chocaban co ventre da túa nai (30).
……………………………………………….
O corpo está cheo de camiños falsos (44).
……………………………………………….
< O poema é a vida do poeta> (46, salientado orixinal).
………………………………………………..
(Escribo rápido porque vivo rápido (…)) (46).
………………………………………………..
Este desexo é unha enfermidade. Cando o usamos, extínguese. Hai cousas que se non as gastamos non se poden aforrar (47)).
………………………………………………….
Ti, coma o montañeiro: dous poetas sen obra (48).
…………………………………………………..
É só que coido que hai certa conexión entre a música que nos gusta e a música da nosa propia escrita (49).
……………………………………………………
(…) entón a aquilo como que lle dei a volta e fixen que fosen as cousas as que sentían e nós os que nos mudabamos (…) (50).
……………………………………………………
A túa imaxinación, tan exaltada que ningunha caligrafía a poderá atrapar (52).
……………………………………………………
< Hai conversas que duran toda a vida e hai encontros que fan que a vida se deteña > (56, salientado orixinal).
…………………………………………………….
A vocación do lume é confundir a forma e a materia (57).
…………………………………………………….
A dor non é ningunha experiencia nin un castigo. A dor é simplemente algo que sucede (59).
……………………………………………………
Ningún amor morre de todo mentres sigamos vendo pasar as súas imaxes (62).