subliñados de MEMORIAS DUNHA VACA MARELA (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

Porxmeyre

18/05/2018

 

Poñerlle  nome a unha becerra, leva tempo. Un nome ten moita importancia (12).

…………………………………………..

Eu devolvinlle o atalingo no medio das cornas e, sen máis, as dúas puxémonos a pacer como se non pasase nada (15).

……………………………………………

Cada eido ten a súa cara, o seu olor, a súa voz que te chama (17).

…………………………………………….

Eu teño a enerxía da terra, da auga e dos pastos. Outras só teñen leite (17).

…………………………………………….

A Morena deu un bracado caspirro, como se ventase que algo malo sucedía (30).

……………………………………………..

Eu sabía que antes de comer, tiña que cheirar as herbas por se son velenosas; antes de beber, mirar a auga por se hai aganos dos que te fan rebentar…(33).

………………………………………………

Fomos rousando, rousando… As rodas deron un zunido que non chegou a chiar, senón que carrandearon na pedra (41).

………………………………………………

Cando comezou a mamar, sentín primeiro unha comechón e, logo, un gran vado (64).

………………………………………………

Bruei, pero tiven que ir detrás do Xosé, que me acarmadara ao xeito (64).

………………………………………………

Estabamos suadas e, sen saber por que, as dúas comezamos a bracuñar aínda que ía calor (85).

……………………………………………….

Os malos obran mal porque poden e porque os deixamos, pensei para min (95).

……………………………………………….

A Morena non andaba con mexericadas. Pero era rabisca. Moito máis rabugana ca todas nós xuntas (105).

……………………………………………….

A vida labrega é unha vida dedicada enteiramente á supervivencia (121).

……………………………………………….

Dáselle a volta ao porco e, agora, a facer o mesmo polo outro lado (141).

……………………………………………….

Aquela frécola nos traballos, aquel apuro en rematar cada faena que comezasen, volveu propiciar unha revolución na casa do Cabanelas e no lugar da Lucenza (146).

………………………………………………..

Si, hai quen pensa que as vacas non temos sentimentos, pero non é certo (162).

…………………………………………………

Notábase que remoía acotío, pero el non remoía herba, senón ideas, pensamentos, que son os que inveteradamente se lles atragoan aos homes (172).

………………………………………………….

Os tempos avanzan! Avanzan cando non recúan! (185).

…………………………………………………..

Eu ser son unha vaca ben vella. Nacín pouco máis ou menos cando o Estado español entra no Mercado Común Europeo (186).

…………………………………………………..

E negando o seu pasado, poñen risco o seu futuro (200).

…………………………………………………..

Eses meses, ademais dun criado, o Pepiño ten un compañeiro. Andan os dous xuntos(201).

…………………………………………………..

E explicoulle que no 1992 había na Galiza 70.132 explotacións e, agora, hai menos de 8.000 (205).

…………………………………………………..

O amiño levaba días cismando coas axudas do PAC, que había dous meses que tiña que cobrar e aínda non chegaran (219).

……………………………………………………

Pasaba polo medio das pintas todas e nin sequera para elas ollaba…Dábanme mágoa (229).

……………………………………………………

Sente vergoña. E mágoa. Mágoa das súas vacas, pero, sobre todo, mágoa de si mesmo. Mágoa do que foi e xa non é. Mágoa do seu futuro. Mágoa de quen non atopa saída. Mágoa…Mágoa de que non veñan os cartos da Xunta e poder arranxar todo (230).

 

 

Porxmeyre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ir o contido