A memoria dos seres humanos
non dura (16).
……………………………………………
Non me afago a que Lugo sexa
unha estación de paso (19).
…………………………………………….
(…) aterrada polos corpos deitados no monte,
fervente crente da nova vella relixión (29).
……………………………………………..
no fondo do val (31)
……………………………………………..
Os recordos,
como as estradas,
viran tamén por camiños estreitos (32).
……………………………………………….
En carne viva
por dentro
sal
o único que fuches (39).
………………………………………………….
Os máis tortuosos son sempre
os camiños que menos se ven (41).
………………………………………………….
Co bus chego ata os lugares
onde as estradas se fan palabras (44)
…………………………………………………..
Se as palabras non fosen perigosas
non habería indignación
non tentarían abolir a nosa fala
nin botar as mulleres do discurso (44)
………………………………………………..
As palabras son perigosas (44)
………………………………………………..
Porque son o único
e definitivo
medio de transporte (44).
……………………………………………….
Aquí non podemos
fiarnos do tempo
nin vestirnos polo calendario (53)
…………………………………………………
Só nos queda a subversión
dos nomes propios (58).
…………………………………………………
(…) porque as descubertas,
para quen as padece,
son sempre un motivo
para o medo (65)
………………………………………………..
Dándolle coa abaloira ao dicionario
por ver se caen algo máis
ca castañas (77).
……………………………………………….
Pola forza de Galicia
reinventándonos a nós mesmas (80).
…………………………………………………
Na néboa
avancemos (81).
………………………………………………….
Á fin da terra
tamén chega o bus (89).
………………………………………………
Norte de palabras
lingua
identidade (93).
………………………………………………
Xeografías interiores.
Sistema público de transporte (95).
……………………………………………….
O que nos une
a continuidade da terra.
O que nos desune
a descontinuidade das estradas (99).
…………………………………………………
Transformarei en poesía
o meu destino (107).