O vello xastre mirábame en fite. Era unha ollada profunda, escrutadora pero sen pretensión de intimidar (9).
……………………………………………
Desta maneira, pechados hermeticamente e sen poder case respirar, comezou a nosa viaxe (13).
……………………………………………..
Eu, en cambio, estou máis de acordo coa opinión do escritor romanés Eliezer Wiesel: <Nos campos de exterminio nazis morreu o home e a idea de home> (17).
……………………………………………..
Uns meses antes de acabar a carreira, un amigo de Héctor ofreceulle a posibilidade de dirixir un xornal: o amigo poría os cartos e Héctor o talento (28).
……………………………………………….
(…) se barrásemos ben forte que non somos nin putas nin submisas, as mulleres de hoxe fariamos ver a nosa dignidade e gañariamos o respecto da nosa sociedade (34).
……………………………………………….
Fomos cara á Ponte do Diaño: deixamos atrás o centro antigo da vila por uns momentos. Cando chegamos á ponte, o vello xastre colleume do brazo e pediume axuda (45).
………………………………………………
Non lle caiba dúbida: hai que ensinar e aprender a saber distanciarse, a saber obxectivar, a saber aceptar (47).
………………………………………………
(…) a un país sen miras correspóndenllle políticos sen miras (50).
……………………………………………….
Pasamos case seis horas na Gran Cabilia. Entraramos ás dúas e marchamos de alí ás oito menos cuarto (60).
……………………………………………….
Cataluña, calquera país do mundo, é a suma das súas circunstancias históricas (68).
……………………………………………….
Podemos concluír, logo, que sempre perden os mesmos, isto é, unha muller ou un home calquera, un cidadán corrente (82).
………………………………………………..
Antonio e Carmen estiveron agardando con impaciencia as noticias das 23:00 horas da BBC (88).
……………………………………………….
O que son as cousas: a familia de Manuel puido saír de Bata grazas a un membro do partido de Macías (94).
………………………………………………
–(…) Todos achegamos xenes prehistóricos a este mundo posmoderno (…) (101, salientado orixinal).