A ontoloxía, o que existe, é diferente da epistemoloxía, o que sabemos ou cremos que sabemos (21)
…………………………………………..
Os valores non caen do ceo, emerxen do mundo (25)
…………………………………………..
(…) o posmodernismo é o fillo malcriado do idealismo transcendental (27)
…………………………………………..
A perfección (…) explícase pola dispoñibilidade de tempo e de materia (32)
…………………………………………..
Non existe descontinuidade entre a orixe da vida e a construción da cultura (38)
……………………………………………
O ideal dunha teoría dos todos é a cerna do realismo transcendental e segue a dialéctica inscrición / iteración / alteración (43)
……………………………………………..
O problema non é explicar como a mente se refire ao mundo senón máis ben como a mente emerxe do mundo (44)
………………………………………………
A principal característica do individuos é a de ser externos a outros individuos (51)
………………………………………………
Existir é resistir pero resistir é persistir ( 57, salientado orixinal)
……………………………………………….
Hai dúas hipóteses, a que ofrece o significado pentecostal e a que ofrece o significado emerxente (65)
………………………………………………..
(…) icnoloxía, a doutrina das pegadas que aínda non son psique (68)
………………………………………………..
Defender que a calidade e autenticidade caen do ceo (…) é profesar unha relixión supersticiosa (73)
…………………………………………………
Antes ou despois, a dirección conduce a algures e determina unha iteracción (78)
…………………………………………………
O trazo característico da tecnoloxía é a iteracción (86)
……………………………………………..
Un exemplo de pai non é un pai exemplar, único que o sexa por un casual; e se fose un pai exemplar, en certa medida deixaría de ser un bo exemplo de pai (92)
………………………………………………
A alteración é a xénese do significado consciente e, ao mesmo tempo, da propia consciencia (100)
………………………………………………
A abstracción que implica a escritura constitúe a proba máis evidente do predominio do significado emerxencial sobre o significado pentecostal (102)
……………………………………………….
A documentalidade non só é un acontecemento burocrático; a escritura fai posible a existencia dos obxectos sociais e, despois destes, da ciencia como acontecemento social que se inicia cando se comparten, fixan e transmiten documentos (104)
……………………………………………….
De aí a necesidade de pasar do derridiano “Nada existe fóra do texto” a “Nada social existe fóra do texto” (112, salientados orixinais)
………………………………………………..
(…) a humanización do ser humano pasa por procesos de adestramento, imitación e motivación que teñen un carácter esencialmente documental (117)
…………………………………………………
De feito, a posesión dos medios de inscrición constitúe un poder exactamente igual ao da posesión dos medios de produción (121)
………………………………………………….
Tratar de entender que é o que determina a acción é ocuparse de política (125)
…………………………………………………..
O modelo de servidume voluntaria nace (…) dunha constatación de facto: non é verdade que o home nace libre, e sobre todo, é dubidoso que aspire a chegar a selo, desde o momento en que a nosa principal experiencia histórica demostra que o amor polas cadeas é un dos trazos característicos do ser humano (126-127)
…………………………………………………..
(…) a exemplaridade amosa como o pensamento emerxe da realidade e indica a converxencia entre a mente e o mundo (129)
…………………………………………………..
O realismo e o antirrealismo teñen implicacións políticas e culturais que van moito máis alá da esfera académica (134)
……………………………………………………
(…) o heroe de Dickens sempre é un burgués caritativo (141)
…………………………………………………
O aspecto crucial do culturalismo reside na súa infasificabilidade (146)
…………………………………………………
A Web é unha gran forma de emerxencia (151)
………………………………………………….
A técnica, velaquí a cuestión, non é alienación senón revelación (153)
………………………………………………….
A visión da alienación é un tanto mitolóxica, ademais de falsa (153)
………………………………………………….
O capitalismo como control dos medios de produción debe ser substituído pola tecnoloxía como produción de humanidade (160)
…………………………………………………..
A realidade social non se constrúe precisamente de xeito activo, máis ben padécese de modo pasivo (165)
…………………………………………………….
A inemendabilidade constitúe o principio da emancipación ( 167)
…………………………………………………….
(…) a submisión constitúe o carácter fundamental do ser humano (167)
……………………………………………………..
A desobediencia non chega e a resistencia débese transformar en exemplaridade (172)
………………………………………………………
O exemplo chega antes que a norma e despois constitúea (177)
………………………………………………………
(….) as accións exemplares son reaccións (181)
[…] e o seu libro Emerxencia escribe Eyré dous artigos: “Crítica de Emerxencia” e “Subliñados de Emerxencia”. No primeiro fai unha recensión pormenorizada e rigorosa do ensaio do autor italiano publicado por […]
[…] Ferraris e o seu libro Emerxencia escribe Eyré dous artigos: “Crítica de Emerxencia” e “Subliñados de Emerxencia”. No primeiro fai unha recensión pormenorizada e rigorosa do ensaio do autor italiano publicado por […]