Iso supuxo un problema para o vello Olavi. Non pasara nin un mes da morte de Emma e xa gañara a pulso a reputación de ser o home máis bebedor da aldea (10).
………………………………………
-Que xa imos? -preguntoulle a señorita Ylva coa man aínda apoiada no marco da porta – Onde temos que ir?
-Ai, muller. Anda, parva, eh? E logo, non quedamos en ir axudar as rapazas da Asociación na comida benéfica de hoxe ? Ademais, é a final do noso campionato de tute. Npn podo crer que esqueceras a nosa final, en serio (26-27).
…………………………………………
Dende moi pequeno xa sabía que o seu era repartir a correspondencia (41).
…………………………………………
Non quería lembrar a morte de Emma porque facía máis presente, máis probábel, a súa propia (50).
…………………………………………..
Coma se pertencesen a unha casta de privilexiados, coma se fosen mellores ca ninguén (60).
……………………………………………
Un porco. Ou un pervertido. Seguramente as dúas cousas, pensaba a moza mentres turraba da faldra para tapar as pernas (81).
……………………………………………
-E pode receitar ese tipo de medicamentos no centro de saúde ? -Tomas era moi cauto no relativo a temas de médicos e hospitais. Probabelmente pola fobia que lles tiña a uns e a outros (96).
…………………………………………….
Cepillou os dentes, desenredou a melena e, sen perder máis tempo, apagou o televisor e meteuse na cama, a caza comezaba e os seus sentidos tiñan que estar alerta (111).
……………………………………………..
-Si…Mais unha cousa non quita a outra, non ? O cotián taménn pode ser misterioso (121).
……………………………………………..
-Si, si. Abur! -Xabier non podía aumentar nin un minuto máis. Fechou dun golpe a tapa do portátil w saíu ás carreiras cara ao cuarto de baño antes de que as tripas conseguisen expulsar e seu contido fóra do corpo (139).
………………………………………………
A presidenta situouse detrás da moza e abafouna na caluga. O poder que desprendía aquela muller tíñaa engaiolada (152).
…………………………………………..
Xabier pedira na barra un café só con gotas e, sen dar demasiadas explicacións, subira ao seu cuarto (162)
…………………………………………..
E estudaran, vaia se estudaran. Contáralle toda verdade da súa viaxe en convoi. Recoñeceu que non había tales xornalistas e que, a única que vira, era unha antiga compañeira da facultade (171).
…………………………………………..
A señorita Ylva chegou sufocada ao pequeno reservado que había detrás sa cociña (179).
…………………………………………..
-Non deixedes que os vosos temores humanos vos ceguen -arrimouse á porta corredía que se acababa de fechar e as demais mulleres da directiva imitárona- Contemplade a grandeza destes seres que chegaron coa aurora boreal, mergulládevos na súa luz. A próxima vez que os vexades, será o día en que iniciaremos a nosa viaxe (193).
……………………………………………..
Iago miraba o teclado sen enfocar a vista naquelas letras brancas sobre fondo negro (206).
………………………………………………
Se pensamos en nós mesmos coma un cúmulo de lembranzas, calquera das nosas vidas podería ser a mellor historia xamais contada (225)